"As letras fuxen, esquécense, pero hoxe conseguín pór parte de min nesta proclama."

Moreas de filmes gratis

| quinta-feira, setembro 07, 2006
Vía Blog de cine e Tv en Red, atopo unha páxina de onde descargar legalmente (aínda que eso non é o importante) centos de filmes, documentais, debuxos animados, concertos e incluso filmes educativos. Eu xa descarguei o concerto de System of a Down e teño en proceso o de Dream Theater o de Iron Maiden e os filmes do Acorazado Potemkin e Un chien andalou. E máis que descargarei. Que vos aproveite a ligazón.

Se non tedes o reprodutor de Google Video descargádeo aquí.

3 comentários:

Xosé Manuel Carreira disse...

O Potemkin é a caña. A escea co carriño do meniño a andar escadas abaixo é brutal e antolóxica.

Anónimo disse...

Graciñas pola información.

Alberte disse...

É incrible como o filme do Acorazado Potemkin chegou ós nosos días. É moi raro e dificilísimo que un filme tan antigo (1925) chegue en plena vixencia ós nosos días. Sen dúbida unha das xoias do cinema universal.

De nada.