"As letras fuxen, esquécense, pero hoxe conseguín pór parte de min nesta proclama."

Mostrar mensagens com a etiqueta Cinema. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Cinema. Mostrar todas as mensagens

Derogator

| sábado, fevereiro 20, 2010
Alguén aínda se preguntará que facía Núñez Feijóo na gala de entrega dos premios Goya. Estaba en calidade de mellor actor protagonista polo filme Derogator. A enquisa final. Aquí está o cartaz promocional do filme.

Screamers, documental sobre os xenocidios

| sexta-feira, novembro 10, 2006
Screamers é un documental que investiga as raíces dos xenocidios, dende o xenocidio armenio, alá polo 1915, a cargo do Imperio Otomán, pasando polo Holocausto xudeu, até o de Darfun, na África, que está a ocorrer nestes intres.

A banda de metal alternativo System of a Down será a encargada de mostrarnos estes feitos mentres realizan un tour musical. A elección deste grupo vén dada pola súa orixe armenia e porque levan moito loitado para que os turcos recoñezan o xenocidio do pobo armenio.

Xa estou agardando á estrea en Galiza.



Vía Extracine.

Moreas de filmes gratis

| quinta-feira, setembro 07, 2006
Vía Blog de cine e Tv en Red, atopo unha páxina de onde descargar legalmente (aínda que eso non é o importante) centos de filmes, documentais, debuxos animados, concertos e incluso filmes educativos. Eu xa descarguei o concerto de System of a Down e teño en proceso o de Dream Theater o de Iron Maiden e os filmes do Acorazado Potemkin e Un chien andalou. E máis que descargarei. Que vos aproveite a ligazón.

Se non tedes o reprodutor de Google Video descargádeo aquí.

Crítica cinematográfica

| domingo, abril 09, 2006

Vou criticar aquí os últimos filmes que vin no cine. Aproveito para dicir o caras que van as entradas en Vigo, xa que 6,10€ é un auténtico atraco. Están máis caras que en Madrid.

- O 7 de xaneiro fun ver King Kong. Sabendo que era de Peter Jackson estaba claro que ía ser longa. Algúns amigos dixéronme que é longa de mais e que para durmir está ben, mais eu non o atopo así. Pareceme un filme con moi boa fotografía e efectos dixitais, e ó mellor ten a pexa de ter unha introdución excesiva, mais para ser unha superprodución de Hollywood está moi ben. Se houbera que darlle nota daríalle un 7/10.

- O 28 de xaneiro vin Munich. Esta si que é unha obra mestra. Das de Spielberg tan só queda por detrás de La Lista de Schindler. Era, pois, unha merecida candidata ó Oscar. As personaxes , todas elas diferentes, teñen unha evolución distinta e críbel. Ó final daste conta de que, tras tanto esforzo, no que deixaron ata a vida, só eran catro gatos embuídos nunha operación moito máis ampla. Reflexa moi ben a realidade algo descoñecida do contra-terrorismo israelí en resposta ó suceso de Múnic 72. Polo tanto afástase do sionismo demostrado en La lista de Schindler, o que probabelmente faríalle levar moitas críticas por parte do lobby xudeu, moi importante en EUA, e polo tanto lastrar as súas posibilidades a gañar o Oscar. Obrigatorio vela. 9,5/10.

- Levei grata sorpresa co seguinte filme: V de Vendetta. É o filme máis anarquista que vin na miña vida. Ten un contido político notábel. Faise argumentación do terrorismo contra o poder para conseguir a liberdade e a igualdade de tódolos individuos. Con estas argumentacións pódese pensar que é unha cousa parecida a ETA, aínda que a min non mo parece. Fala tamén do perigo que a situación actual conleva, xa que pode rematar en que a xente teña medo do diferente e vaia cara un réxime fascista e ditatorial que os protexa dese "perigo". Como xa dixen, foi unha boa sorpresa a que levei con este filme, xa que o que actualmente se estaba a facer por parte dos estudios de cine cas bandas deseñadas non me estaba a gustar, agás Sin City.Un 8/10.

Sin City

| quarta-feira, agosto 17, 2005
O pasado sábado fun ver Sin City e podería decir que vin unha banda deseñada en movemento. A verdade é que nunca lin ningunha das bandas deseñadas debuxadas por Frank Miller, pero o filme, no tocante ós efectos visuais é deslumbrante. Ademais serven para disfrazar as imaxes máis salvaxes, que son moitas. Realmente o filme é moi bo, a min gustoume e creo que paga a pena pagar a entrada (están polas nubes) para ver esta obra de arte cun reparto impresionante e unha fotografía excelente.