"As letras fuxen, esquécense, pero hoxe conseguín pór parte de min nesta proclama."

Mostrar mensagens com a etiqueta Manifestación. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Manifestación. Mostrar todas as mensagens

Por unha vivenda digna!

| sábado, março 24, 2007
Ufff, estou derreado... Catro horas e pico de manifestación, con cargas policiais e algunha carreira. Unha manifa movidiña, iso seguro.

Dende o comezo notábase moita animación na xente, seriamos unhas 20.000 persoas. A manifestación sucedeuse sen incidentes con berros de:
  • ¿Que pasa? ¿Que pasa? Que no tenemos casa.
  • Espe, Espe, Especulación.
  • O-cu-pa-ción, ocupación...
  • Vosotros también estáis hipotecados (en referencia á xente que non estaba na manifestación)
  • No nos mires, únete (ídem)
  • Queremos un pisito, como el del principito
  • Outros
Cara ás sete da tarde coido que xa estabamos empezando a invadir rúas que non estaban previstas no percorrido. A policía estaba a nos pastorear como ás cabras levándonos por onde querían. Xa de noite, en Atocha, decidimos plantarnos. Eramos xa tan só uns 3.000. Fixemos unha sentada e coreáronse distintos berros coa policía endiante:
  • Lo llaman democracia y no lo es...
  • Sin cocaína no sois nada (referencia á policía)
  • Estas son nuestras armas (erguendo as mans cando a policía fixo o amague de sacar as porras)
  • Outros
Seguimos invadindo rúas até que nun sitio (non sei onde) estabamos a cortar o tráfico e seguindo a un compañeiro a policía colleu a un e o detivo diante miña. Eu escapei pero dende entón non volvín ver ós meus compañeiros. Jaco, se estás a ler esto dá sinais de vida.

Logo seguín camiñando rúas arriba tentando buscar os compañeiros, mentres os manifestantes tiraban contedores á rúa para impedir unha posterior carga dos coches da policía. Cando chegamos arriba da rúa conseguín situarme (Metro La Latina) e alí foi onde houberon os maiores incidentes. Ó non dar atopado ós meus compañeiros e debido a hora que era (as 21:20, comezara ás 17:00) decidín coller camiño da casa.


Bandeiras


Pancartas
Sentada en Atocha
Sentada diante da policía

Outra II

| sábado, março 10, 2007
Voltei a infiltrarme nunha manifestación das tensas. Miles, decenas de miles de bandeiras españolas rodeáronme durante 3 horas. Madrid, que era onte España hoxe era "Ejjjpaña coooño". Non puiden calcular o número de persoas que acudiron á chamada de Rajoy, precisamente polo seu elevado número. Mais decateime que desta vez había moitas máis persoas novas, ou sería que estaba en zona de Nuevas Generaciones.

A min paréceme ben que se manifesten, porque están a cavar a súa propia tumba. As persoas que había hoxe en Colón votan PP agora, e votaron PP antes. Creo que a xente "sensata" está alonxándose dese extremismo oportunista. As urnas dirán.

Bandeiras españolas por doquier, mais tamén moitas de Asturias e Comunidade Valenciana. Tamén vin tres galegas e unha co "polo esmagao" como adoito chamarlle. Nunca comprendín que carallo pintan as bandeiras galegas entre tanto Viva Ejjjjpaña.

En canto ós cánticos escotei pouca variedade:
  • Zapatero dimisión (a que máis escoitei).
  • A por ETA oé, a por ETA oé (entre algunhas persoas acabou dexenerando en: A por Blanco oé, a por Blanco oé).
  • Viva Ejjpaña... ¡Viva!
  • Ejjjpaña, Ejjjpaña...
  • España merece otro presidente.
  • Cando Rajoy dispoñíase a falar berros de Presidente, Presidente...
  • Cando Rajoy berrou Viva Ejjjpaña e acto seguido comezou o himno aquilo foi o apoteose.
Xa teño pensado asistir a outra manifa dentro de pouco, aínda que desta vez por simpatía: por unha vivenda digna, o día 24.

Bandeiras



¡¡¡Yo no pegué a Bono!!!
(Suponse que os que non levan ese cartel si que lle pegaron)



Onde está Wally?
(Wally=Bandeira galega)



Conclusión: "Encargue su pancarta"

Outra

| sábado, fevereiro 03, 2007
Ídesme perdoar, pero hoxe xa non tiven estómago para ir á manifestación "contra" ETA que convocou o Foro de Ermua. Todo fai apuntar a que foi aínda máis extremista se cadra que a anterior á que fun. Celebráronse manifestacións simultáneas en Barcelona, A Coruña, Pontevedra, Vigo, Las Palmas de Gran Canaria e Ibiza.

Cando o temporal político amainaba, veñen estes a meter bronca. Co pouco que lle gustaban as manifestacións, e agora non paran. Se pensan que así van a gañar algo, penso que se trabucan.

(Nas fotos: a xuventude manifestándose. Sacadas de El mundo).


Manifestación pola paz, contra a violencia

| domingo, janeiro 14, 2007
DSCN0009
Non podía pasar sen asistir á manifestación contra a violencia de ETA, que estaba apoiada por todas as forzas democráticas.

Sorprendeume bastante o baixo número de manifestantes que publicaron os xornais (sobre 200.000), xa que o número de manifestantes era seis ou sete veces maior que na da AVT. O numerosísimo xentío noteino dende o principio, no Metro, onde nunca tal vira. Nada máis chegar á Praza de Colón (sobre as 17:55) tirei unha fotografía na que se aprecia una rúa chea de xente e, aínda que non se mire, a da esquerda tamén o estaba. A pesares do curto traxecto da manifestación, tardamos en rematala máis de dúas horas e media, tendo que parar en numerosas ocasións pola gran cantidade de xente. Todas estas razóns fixeron que durante a manifestación pensara que había máis de un millón de persoas.

Pese a que non as houbera (sigo pensando que si as había) o ambiente era excelente. Entre as consignas lanzadas destacan:
  • Zapatero, estamos contigo.
  • ETA no.
  • ¿Dónde está? No está aquí, el alcalde de Madrid.
  • ¿Dónde están, no se ven, los obispos del PP?
  • ETA, escucha, así es como se lucha.
  • Telemadrid manipulación (cada vez que pasabamos por unha cámara deste medio).
  • España y Ecuador contra el terror.
Ó pasar pola zona comunista tamén puiden escoitar numerosas cancións e consignas, entre as que se atopan:
  • Que valientes, que valientes, que valientes los etarras, matan a dos trabajadores y aquí no ha pasado nada.
  • No pasarán, no pasarán...
En definitiva: unha manifestación na que estiveron todos os demócratas, se non de corpo si de mente.

DSCN0032

DSCN0014

DSCN0034

DSCN0047

Vítimas e verdugos

| sábado, novembro 25, 2006
Todo sexa polo blog. Decidínme a informarvos da manifestación da AVT dende dentro, con dous collóns.

O primeiro de todo dicir que a manifestación a convocaba a Asociación de Víctimas del Terrorismo, unha agrupación fascista disfrazada de asociación para recibir fondos do Estado.
Na manifestación diría eu que habería trescentas mil persoas, aínda que pasei ó lado dun destes que van controlando á xente e dicía que había máis de 2 millóns de persoas (?). A maioría dos manifestantes eran vellos nostálxicos, pero tamén vin pighos e falanxistas. Está claro que nunca na vida estiven rodeado de tal marea reaccionaria. Non creo que Galiza sexa así, a pesares de que tivéramos 16 anos a Fraga.

As bandeiras eran maioritariamente monárquicas, pero tamén se deixaron ver as bandeiras co polo, ante a pasividade das "vítimas". Algunha que outra bandeira asturiana e catalana. Ningunha galega (yuhuuu).

Na manifestación intentei poñer a orella todo o que puiden. Déixovos algunhas xoias do que ouvín (facendo memoria):

Consignas lanzadas:
- Rubalcaba muérete.
- Zapatero vete con tu abuelo. Zapatero traidor. Zapatero embustero. Zapatero dimisión.
- ¡Viva España!... ¡Viva!
- España, España...
- Kale borroka, patada en la boca.
- Otegi, cabrón, la bomba en tu salón.
- Euskal presoak, cámara de gas.
- ¿Donde están no se ven, los golpistas de la Ser?
- O himno español con letra.
- España 1 y no 51.
- España unida jamás será vencida.
- Queremos saber.

En conversacións:
- El abuelo de Zapatero era un masón y lo mataron los republicanos por traidor.
- Si no es por César Vidal y por Federico no nos enteramos de la mitad de lo que hacen.
- Sois unos mal pensados, los de TVE vinieron, pero se quedaron atascados en una zanja de Gallardón (en tono de coña).
- Al final se acabará sabiendo quién hizo el encargo del 11-M.


Actualización:
-Hai outro que como eu infiltrouse para tomar a temperatura da manifestación. A súa crónica é máis en clave de humor. E fotografiou ó mesmo rapaz que eu! Que casualidade habendo alí 1.300.000 persoas (jeje).
-Para ver máis fotos, aquí (non son miñas).
-Se non vos credes as consignas lanzadas que expoño máis arriba podedes miralas en vídeo.