"As letras fuxen, esquécense, pero hoxe conseguín pór parte de min nesta proclama."

Mostrar mensagens com a etiqueta Música. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Música. Mostrar todas as mensagens

no hay mayor pecado que el de no seguir al abanderado

| sexta-feira, outubro 12, 2007
(...)
Cuando la fiesta nacional
yo me quedo en la cama igual,
que la música militar
nunca me supo levantar.

En el mundo, pues,
no hay mayor pecado
que el de no seguir al abanderado.

No, a la gente no gusta que uno tenga su propia fe.
(...)


Concierto Arctic Monkeys en Vigo

| sábado, julho 21, 2007
Tremenda. Así foi a noite do 19 de xullo no Parque de Castrelos. A crónica desa noite sería algo semellante a isto:

Chegamos á grada despois de pasar polo Eroski (debeu de tirar proveito da súa situación ese día). Atopamos bo sitio, eu diría que collonudo. Ó pouco de sentar tiro unha foto para ver o estado da grada.

Finalmente acabaría enchéndose, tanto na grada como a pé de pista.

Ás 22:50 aprox. comezou o grupo catalán Mendetz. Comezou dicindo que había que beber, que nesta vida hai que beber. Con iso xa se gañou a algúns. Unha especie de rock electrónico é o que eles tocan. Para os que non os escoitaran eles mesmos convidáronnos a baixarnos o disco da súa páxina web. O guitarra, con camiseta do Celta, dixo algo sobre Hristo que os que tiñamos ó noso carón entenderon como Cristo. Despois o cantante nos dixo que eramos moi grandes porque tiñamos conseguido facer falar ó guitarrista (Pablo creo) en castelán, xa que el adoitaba falar catalán. Aí berrei eu "fala en catalán!" pero creo que non me escoitaron, ¡he, he!.


Despois de pasado o seu tempo, louváronnos un pouco como público, dixeron que isto se lles viña un pouco grande e desexaron ter o mesmo apoio na súa casa... ah!, e sacaron fotos ó público. Despois os atoparíamos no Monstruo de un solo ojo.

Tras 15 minutos de descanso, ás 0:00 aprox. comezaban os Arctic Monkeys. Sen saudar sequeira comezaron directamente co The view from the afternoon, persoalmente o tema que máis me entusiasma. Foi unha hora e media intensa, cun rock potente (oh, como soaba esa batería, que directo tan bo o destes rapaces) que provocou que saltara e bailara a todo o tempo, a pesares de que coñecía tan só un par de temas.

A lista de cancións que tocaron é a que segue:
  • The View From The Afternoon
  • Brianstorm
  • Still Take You Home
  • Dancing Shoes
  • From The Ritz To The Rubble
  • Teddy Picker
  • D Is For Dangerous
  • This House Is A Circus
  • Fake Tales of San Francisco
  • Balaclava
  • Old Yellow Bricks
  • You Probably Couldn't See for the Lights...
  • I Bet You Look Good on the Dancefloor
  • If You Were There, Beware
  • Fluorescent Adolescent
  • Mardy Bum
  • Do Me A Favour
  • Leave Before The Lights Come On
  • When The Sun Goes Down
  • A Certain Romance

Tocáronas case sen parar, xa que fan honor ó seu nome e son un pouco árticos (ou xélidos). Pero dá igual, a min me deixaron unha grande axitación e unha fame negra que tiven que aliviar nunha bocataría. Cundiu.

------------------
PS: Durante as cancións fíxome graza a cantidade de pantalliñas de móbil e cámaras de fotos que se vían entre os que pagaron.

PS1: Os rapaces que se ven na 1ª foto non son coñecidos meus. Eran uns pigholis.

Clásicos do Heavy Metal (e V)

| sábado, novembro 25, 2006
Esta vai ser a derradeira edición dos clásicos do Heavy Metal. Así que voume poñer mans á obra. Imos alá.

Abre a lista a primeira de Manowar: Warriors of the World United.


Imos poñer dúas dun grupo que me gusta moito.
In Flames - Ordinary Story



In Flames - Embody the Invisible


Judas Priest - You've Got Another Thing Coming


Pois estos foron os últimos elixidos do que foi un (penso que bo) resumo dos clásicos do Heavy Metal. Que o Heavy vos acompañe.

Anteriores
Clásicos Heavy Metal (I)
Clásicos Heavy Metal (II)
Clásicos Heavy Metal (III)
Clásicos Heavy Metal (IV)

Clásicos do Heavy Metal (IV)

| sábado, outubro 28, 2006
Por fin a cuarta edición dos clásicos do Heavy Metal. Veña, empezamos:

A terceira de AC/DC na lista.


A primeira entrada de Anthrax na lista coa canción Bring the noise, xunto a Public Enemy.


Un directo de Scorpions - Rock You Like a Hurricane en Moscova.


A segunda de Metallica. Desta vez o directo de Enter Sandman.

Galicia será Nación (Galicia will be a Nation)

| segunda-feira, junho 19, 2006

Xa non quedan trobadores coma este tal Edilberto Alonso (trobador pelota). Parabéns a xuvecurtis polo videoclip, aínda que se pasaron un pouco dándolle voltas ás imaxes. Se non o víchedes aínda, todavía estades a tempo. Emisión en MTV xa!

Discografismo

| quinta-feira, abril 27, 2006
Eu era un máis dos moitos que ouvían a mesma música até que ós 12 anos caiu nas miñas mans un disco que trocaría a miña traxectoria como ouvinte musical. Ese disco foi Conspiracy of one de The Offspring.
A partires dese intre, aficioneime ó Rock duro e ó Nu Metal, e entre os grupos gostaba de Linkin Park (Meteora) e Limp Bizkit (Chocolate Starfish and the Hot Dog Flavored Water). Pero daquela somentes asomara o pé no grande mundo do Heavy Metal. Por aquel entón foi cando escoitei o que, para min, é o mellor disco editado até agora: Toxicity de System of a Down. A virtude deste grupo é que canto máis escoitas as súas cancións, máis gostas delas. Este grupo de orixe armenia pasou a ser o meu grupo preferido até o día de hoxe. Amais do descubrimento deste grupo (o mellor), tamén me aficionei ó mítico grupo Metallica, do cal destaco os discos M&S, Reload e o Black Album. Outro grupo moito máis duro, pero que me encanta, é InFlames, e sobor de todo o seu disco Colony, que está na miña listaxe de preferidos. Tamén me acheguei ó Power Metal coa miña recente descoberta do grupo finlandés Sonata Arctica, que ten un gran traballo chamado Ecliptica.
Vou adicarlle tamén unhas liñas á música en castelán. Xa dende neno gostaba de Mago de Oz (Finisterre) e xa despois aficioneime a Saratoga (Agotaras) e a Hamlet (El Infierno). Cabe destacar tamén o híbrido entre rock e rap: Def Con Dos.
Das bandas galegas somentes me cabe destacar ós separados Heredeiros da Crus e á recentemente formada Banda de Poi (Mór), que vin en concerto no Metropol, en Tui. Seguro que hai moitas máis, pero non as coñezo porque teñen moi pouca proxección.
Outras das bandas que escoito asiduamente son: o grupo catalán Inadaptats (Motí, Avalot...), Iron Maiden e o seu grande número de discos, P.O.D. (Satellite) e a súa canción Sleeping Awake da BSO de Matrix, Rammstein, Slipknot e War Cry, entre outros.

Videoclip da mellor canción do mundo.