"As letras fuxen, esquécense, pero hoxe conseguín pór parte de min nesta proclama."

Mostrar mensagens com a etiqueta Internet. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Internet. Mostrar todas as mensagens

20.000 artigos, o seu traballo deron

| sábado, dezembro 09, 2006
O pasado 6 de decembro, de madrugada, a Galipedia acadaba a notable cifra de 20.000 artigos. O artigo que levou a honra de ser o número vinte mil foi o dun tal Shotta (meu irmán, que sabe de rap, saberá quen é). Eu tamén debo andar preto de chegar a facer 200 artigos.

En resumo: noraboa a tódolos colaboradores da Galipedia, dentro de pouco xa estamos en (100.000/4) = 25.000 artigos.

Dejaboo

| sexta-feira, setembro 29, 2006
Hoxe atopei unha páxina moi interesante: Dejaboo.net. Nesta páxina o que se trata é de opinar sobre filmes, libros, música, teatro, ópera, programas de televisión, etcétera. Eu xa me rexistrei e, aínda que todavía está en beta, xa conta con case 2000 reseñas, que poden conter, á súa vez, opinións doutros usuarios expresando a súa conformidade ou disconformidade coa reseña.

Escribo esto agora xa que non sei se terei o ordenata escarallado. Se é así seguramente me quedarei, polo menos, un mes sen el. Os ordenadores non fan máis que darme desgustos.

Moreas de filmes gratis

| quinta-feira, setembro 07, 2006
Vía Blog de cine e Tv en Red, atopo unha páxina de onde descargar legalmente (aínda que eso non é o importante) centos de filmes, documentais, debuxos animados, concertos e incluso filmes educativos. Eu xa descarguei o concerto de System of a Down e teño en proceso o de Dream Theater o de Iron Maiden e os filmes do Acorazado Potemkin e Un chien andalou. E máis que descargarei. Que vos aproveite a ligazón.

Se non tedes o reprodutor de Google Video descargádeo aquí.

Trócoche un clip vermello por unha casa

| terça-feira, setembro 05, 2006
É incrible as posibilidades que che ofrece a rede, senón que llo pregunten a Kyle MacDonald que no seu blog explica como trocou un clip vermello por unha casa. Pero non os vaiades pensar, o cambio non foi así directamente, senón que foi unha sucesión de tratos e intercambios de cousas que desencadenou neste asombroso beneficio. Semella que este fito será levado ó cine. O dito, impresionante.

Cultura galega TV

| segunda-feira, julho 10, 2006
A páxina web culturagalega.org saca a súa televisión. Si si, e baixo licenza creative commons, é dicir, que se pode distribuir libremente. Polo momento hai dous vídeos de xeografía galega do que semella vai a ser unha serie de 9 capítulos. Adxúntovos os dous vídeos, que tamén podedes ver na propia páxina. Parabéns a culturagalega.org, iniciativa a iniciativa e de vagariño imos construíndo un país na rede.
As Terras do Ulla


O Arco Ártabro

Galicia será Nación (Galicia will be a Nation)

| segunda-feira, junho 19, 2006

Xa non quedan trobadores coma este tal Edilberto Alonso (trobador pelota). Parabéns a xuvecurtis polo videoclip, aínda que se pasaron un pouco dándolle voltas ás imaxes. Se non o víchedes aínda, todavía estades a tempo. Emisión en MTV xa!

Libros en galego, e gratis!

| sábado, junho 17, 2006
Alédome de que na Galiza comecen a existir iniciativas tan interesantes no panorama editorial como a de Rinoceronte Editora e Ediciós da Rotonda. Achegar a cultura en galego e gratis pola rede é un bo sinal, e dende logo, unha satisfacción para os amantes da lectura.

Rinoceronte Editora pon ó servizo do internauta para que descargue de balde o fermoso libro O condutor de autobús que quería ser Deus, de Etgar Keret. Para ir ó libro preme aquí.

Ediciós da Rotonda achéganos a novela O home inédito, de Carlos G. Meixide. A novela vai xa pola súa 2ª edición. Para ir ó libro preme aquí.

Que vos aproveite a lectura e que se repita esta culturizante iniciativa.

Actualización: Pois repetiuse outra vez da man de Rinoceronte Editora, quen deixa á nosa disposición a descarga de Anxos do Universo, de Einar Már Gudmundsson. Para ir ó libro preme aquí.
| quarta-feira, maio 31, 2006
A Galipedia (wikipedia en galego) está que ferve, e vai medrando día a día grazas ás desinteresadas personas que redactan, corrixen e melloran os artigos, en prol da difusión do coñecemento ceibe e en galego.
Creo que todos deberiamos colaborar, aínda que só sexa no campo no que cadaquén se controle mellor. Éste é un gran proxecto e todos debemos formar parte.

Para ver a miña páxina na Galipedia e ver cantos artigos comecei preme aquí.
Para ires á Galipedia e ver o que ti queiras preme aquí, ou na dereita da pantalla tamén teño unha ligazón.