O tema do que escribo hoxe vén incitado por una noticia que hoxe aparece no telexornal da galega: Un home apalea ós seus dous cans en Ribeira. O caso é que un veciño grabouno en vídeo no ano 2004. O maltratador dos cans (dos que un morreu ó mes seguinte a causa da malleira) fíxolle a vida imposible ó que grabou as agresións, chegándolle a envelenar un can seu. Tras este incidente o veciño decidiu amosar o video, chegando ás nosas pantallas hoxe. O desquiciado mental que lle deu a malleira ós animais ten sorte de vivir en Ribeira, porque creo que se vivira noutro sitio quen tiña unha malleira enriba era el. O caso é que non é un suceso aillado o maltrato ós animais en Galicia, e menos aínda o abandono deles.
Como todos sabemos os cans non son os únicos afectados do lado maquiavélico da mente humana. E para amosalo porei dous exemplos de sona mundial.

Para ampliar información do tema mirade a opinión de Greenpeace, a noticia que se repite cada ano ou unha galería de fotos dende a chegada dos cazadores ata que marchan.

Para esto lle serve a algún ser un animal racional.
Actualización: Respecto ó maltratador dos cans de Ribeira, hoxe miro na galega que un numeroso grupo de persoas acudiron a apoiar ó maltratador e a insultar e ameazar ó denunciante. Neste tema dicir que o denunciante ten, no que escribe este blog, un apoio incondicional. E merda para os que apoian ós maltratadores.
Outro blog comenta tamén esta noticia.
4 comentários:
O filosofo enganase. Ser humano non implica necesariamente ser racional.
Todos os filósofos engánanse. Se houbera algún que non, xa non habería outros filósofos que discutiran as teses do enganado.
creo que non é só unha cuestión de cabeza (racional/non racional), senón máis ben de corazón: piedade, ternura, fidelidade... non son palavras para aplicar a ese indivíduo. un saúdo
De tódolos xeitos este se ten dereito a un xuízo xusto e por suposto a unha condena similar a que lle aplicou o seu can.
Enviar um comentário