"As letras fuxen, esquécense, pero hoxe conseguín pór parte de min nesta proclama."

O alcalde do meu pobo

| sábado, março 31, 2007
Espectacular! Éste é o alcalde do meu pobo (e éste).

Fíxome especial graza o de "El viernes de la semana pasada, el alcalde José María Fernández Rodríguez Chicho, fue visto por la noche, solo, arrancando carteles electorales del BNG. En las anteriores campañas lo hizo a primeras horas de la mañana y acompañado de su mujer."

Eu sabía que algúns adicábanse a quitar das caixas do correo o Bloque informativo (panfleto do BNG en Salceda que un par de veces ten chegado até a miña casa), pero de aí a ir pola noite a arrincar carteis vai un cacho. Manda carallo na Habana, que cousas ten o alcalde. Que aproveite, que xa lle queda pouco de chupar do teto.

Os alcaldes de Galiza son unha especie aparte: o que lle fai misas a Franco (Beade, Senén Pousa, PP), o que di que Aznar é un criminal de guerra (Muras, Isaam Alnagm Azaam, PP), a que deseña persoalmente os xardíns (Vigo, Corina Porro, PP), o que destitúe a todos os concelleiros, incluíndo ó seu irmán xemelgo, e asume todas as consellerías (Ares, José Manuel Cendán, PP), o que vai de festa a Ibiza cun séquito de gaiteiros e atópase con Pocholo e saca billete de 500 euros para invitar a to quisqui (Ortigueira, Antonio Campos, PP), os promotores inmobiliarios (unha chea deles), etc.

Que fauna, miña nai querida!

2 comentários:

Anónimo disse...

Pero alguén dúbida que Galiza é un sitio distinto? .As cousiñas dos alcaldes daba para unha tele-serie de humor na galega.

Alberte disse...

Tes razón, daba para unha destas teleseries con risas enlatadas.