"As letras fuxen, esquécense, pero hoxe conseguín pór parte de min nesta proclama."

Estatut de Catalunya

| terça-feira, fevereiro 06, 2007
Onte chegoume o Estatut de Catalunya en galego que pedira na páxina da Generalitat. Chega xusto cando o PP anda a remexer para que a democracia que aprobou o estatuto sexa invalidada. Aprobado no Parlament, recortado e aprobado no Senado e no Congreso, e finalmente votado en referendo pola cidadanía catalá; agora esa forza política mínima en Cataluña quere afectar a todos os cataláns coa supresión da súa norma básica xa en vigor. Que doado é que esto non volva a pasar!

1 comentário:

Anónimo disse...

Para min segue a ser un misterio (e unha conmoción) o que se pretende moitas veces dende as filas populares ... parece que practican política masoquista