(IIºMANIFESTO)
(Hoxe refundamos o NOOREVOLUTIOSFERISMO)
Por: [Óscar Lomba Álvarez] *
--------------------------------------------------------------------------------
Ansiamos entoar a balada do odio ao opresor, a experiencia de desaprender, o costume de sublevarnos a diario. O quefacer do atrevemento cotián e o arroxo reincidente.
A resolución para atravesar o muro de cristal blindado, a coraxe e a rebeldía serán mecanismos cardinais da nosa lírica.
A linguaxe literaria entronizou ata hoxe a inactividade da reflexión, a elevación e a sedución, nós ambicionamos enxalzar a axitación camorrista, o alleamento e o delirio, a vixilia atormentada, a persecución abouxada e tarabela, a acrobacia deleteria, a frecha na diana e o dardo no albo.
Afirmamos que non é no espazo virtual onde ocorren todos os fenómenos do pensamento e a intelixencia. A grandiosidade do universo enalteceuse cunha ousadía e gallardía nova: a fascinación da insurrección. Unha multitude de homes e mulleres ataviados con roupaxes multicolores e portando bandeiras coas cores do arco da vella, efervescencia, ebulición da espuma de champaña, lume de labras fumarentas, explosión de fogosidade xuvenil... unha barricada de ferros retortos e colectores incendiados onde se parapetan os obreiros do Naval que chuspe unha metralla intermitente de parafusos e cócteles molotov é máis persuasivo que a “A Liberdade guiando ao pobo” de Eugène Delacroix.
Procuramos empoleirar aos humanos de mono azul que portan as rosadas bandeiras. Os obreiros cuxos fantásticos tirabolas lanzan poderosos parafusos de aceiro refulxente que franquean a pantalla global, porcas metálicas atravesando a bóveda celestial, roscas e arandelas impactando sobre o alienante cristal iluminado que salta en anacos. O resplandecente visor convertido en miles de cegadores vidros esparexidos.
Concibimos ao trobador vehemente, infortunado e austero, rebelde e decidido a estender o alporizamento, o arrebato e o ardor. Un xograr con fervor proletario, un rapsodo con ollada cómplice, unha copla subversiva ou só un berro insurxente.
Non hai perfección senón na disputa. Ningunha novela, poema, canción, pintura ou película, ou calquera outra creación artística sen espírito axitador pode ser considerada unha obra verdadeiramente artística. A poesía ten que ser ideada como unha incitación á liorta contra as forzas represivas, os versos deben sacudirnos as entrañas e encirrarnos a alma, abelloarnos o espírito.
Habitamos unha choupana nun elevado penisco, un cantil ao bordo do cavorco, ao pé do precipicio, desexamos arroxarnos desde o alto dun farallón, desde o arrecife máis elevado do planeta!
Queremos modificar o espazo urbano. Gustaríanos recuperar a urbe para a cidadanía. Aí fóra, nas rúas, avenidas, prazas, nos xardíns e parques, nas fábricas, vivendas habitadas, nos obradoiros abandonados, na cidade, na urbe, metrópole ou vila o que atopamos é unha vida colectiva que só pode ser observada no instante preciso en que emerxe, posto que está destinada a disolverse de contado. Nos exteriores urbanos non hai obxectos -como diría Manuel Delgado, profesor de antropoloxía social na Universitat de Barcelona- senón relacións diagramáticas entre obxectos, bucles, nexos sometidos á excitación permanente. Non é un esquema de puntos, nin un marco baleiro, nin un envoltorio, nin tampouco unha forma que se lle impón aos feitos, como pretenderían os urbanistas. Sería máis ben unha mera actividade, unha acción interminable cuxos protagonistas son eses transeúntes que reinterpretan a forma urbana a partir dos estilos con que se apropian dela? Estamos convencidos de que o contexto e o suxeito son elementos discursivos, de modo que acaban converténdose en marcos interpretativos o un do outro. Cremos que cada espazo organízase cunhas regras concretas, cun «argumento» e cun protagonista co que, suponse, debemos identificarnos.
É no exterior urbano, imaxinémolo como un claustro materno, onde os cidadáns-fetos procuran e, ás veces, atopan lugares, espazos provisionais que chegan a considerar propios en tanto que apropiados? Ese espazo mutable está dividido en tantos espazos como individuos ou grupos de individuos? Son os espazos urbanos, entón, patrimonio non de quen os posúen, senón de quen os ocupa para usalos e só en tanto os usa? É a propiedade dos elementos e espazos urbanos -ou debería selo- inconcibible e só se dá como unha dinámica infinita de colonizacións transitorias?
A única resposta posible é a que daría unha artista como Carme Nogueira: “A ocupación efémera do espazo ou a súa colonización temporal é a que dá sentido aos lugares”.
Por que temos que emigrar ou asilarnos se o único importante é demoler as abafantes e enlouquecederas fiestras que nos manteñen enclaustrados nesta urbe infernal?
Unha Época, un Mercado e un Territorio que sucumbirán ao amencer. Coexistimos co despótico baleiro, porén xa podemos concibir a imperecedoira acción histórica que dinamiza a revolución permanente.
Nos hipnotiza ese desequilibrio confuso, enredado, caótico, pero prodixioso, entre o ecosistema urbano e rural. Exaltamos unha nova forma de urbanismo: o “modelo rururbano vigués”. Un desequilibrio -dotado de fermosura e graza- entre o campo e a cidade.
A nosa visión artística forxouse coas nosas vivencias cotiás nos arrabais e suburbios, pero tamén no propio centro do casco vello. Curtímonos en numerosas manifestacións, tumultos, alborotos, barafundas e algaradas rueiras.
Cobizamos enaltecer o motín sedicioso, a insurxencia implacable, a insurrección popular, a conspiración universal, a rebelión das masas -única vía para sanear o noso consumista modo de vida-, a sublevación revolucionaria, o impudor afastado da frivolidade burguesa, o espavento demoledor que derrube pertinaz as estúpidas modas pos-modernas, os fascinantes arquetipos anti-capitalistas para os cales estamos dispostos a dar o mellor da nosa vida e a levantar a repulsa colectiva fronte a toda clase de viláns, miserables, explotadores, corruptos e machistas maltratadores.
Queremos destruír as catedrais do consumo, os supermercados, as tendas de moda, os locais de música alienante e combater a trivialidade, a trapallada, a chilindrada e toda clase de bobadas pequeno burguesas. Detestamos o pragmatismo e as comenencias oportunistas.
Corearemos A Internacional con melodía rapera e clamaremos con megáfonos convocando á revolta. Aboliremos as sirenas en toda clase de fábricas, cárceres, psiquiátricos e universidades. Fornicaremos todo o día e nos aparearemos en público polo pracer de exhibirnos. Estenderemos a desorde e encheremos as paredes con rechamantes pintadas de sprays multicolores entrementres ateigamos a cidade de panfletos provocadores.
Manifestarémonos polas rúas e prazas da vella Europa, seremos unha marea humana policromada e vociferante. Entoaremos cánticos obscenos mentres o turbado público observa a intensidade das nosas buliciosas charangas noctámbulas. Moitos uniranse á nosa protesta e as nosas lambereteiras bocas voraces tragaranse sabres, píntegas, sapos e cobras. Nos concertos ao aire libre a multitude vibrará ao ritmo da música de Joy Division e se cambaleará do ceo pendurada das luces, das faíscas luminosas dos reflectores e escintilantes raios láser que colgan das nubes polos fíos dos seus luminosos escintileos de cores; a xente danzará, tamén, nas bateas mexilloeiras semellantes a xigantescos cachos de pan aboiando sobre a azulada sopa mariña; bailarán nos barquiños de pesca que penetran tímidos na ría Viguesa uliscando os aromas tentadores da cidade olívica, mexerase nos guindastres de metal que son en realidade titánicas canas de pescar que se pasan o día movéndose dun lado cara outro coas súas enormes sedelas férreas e os seus aceirados anzois; tremerán no interior dos autobuses articulados que se desprazan lixeiros arrastrándose a rentes do chan porque son potentes eirugas, lombrigas e miñocas cinéticas cadradas con rodas que pisan impávidas as calzadas urbanas porque son, tamén, enormes porcos metálicos con fiestras encaixadas nos seus costados e que no canto de gruñir lanza asubíos de bucina.
É desde Galicia desde onde proxectamos ao planeta este manifesto e así chuspimos o noso ímpeto revolucionario, arrebatador e incendiario. Co noso explosivo texto refundamos hoxe o "NOOREVOLUTIOSFERISMO", porque queremos liberar esta Nación (e ao conxunto da civilización) da nauseabunda ideoloxía neo-liberal. Estamos fartos de tanta bagatela pequeno-burguesa, aspiramos a reducir á afonía para sempre a ese efluvio retrógrado que impregna coa súa perniciosa seudo-erudición malsán ao conxunto do corpo social desde conferenciantes necios, catedráticos parvos e babecos, profesores babiolos, intelectuais infames e artistas badulaques ata unha fauna variada de articulistas con mentes podrecidas.
Non refugamos da nosa cultura clásica mais defendemos a combinación entre dinamismo estático e estatismo dinámico. Para nós a arte debe procurar unha permanente e profunda renovación nos contidos, nas maneiras, formas e canles de expresión. A nosa arte non é so unha arte de vangarda senón que tamén é unha arte de masas e de retagarda. Achamos imprescindible a creación de novas organizacións e agrupacións artísticas que favoreza a creación de xigantescas obras colectivas e a difusión de novas creacións que axuden a renovación da nosa arte. É urxente unha explosión de exposicións, eventos, publicacións, follas voantes, panfletos e novos manifestos que dinamicen novas tendencias que combatan o neoacademicismo, ao novos estereotipos e clixés imperantes e sirvan de revulsivo para determinados circuítos artísticos. Xa está ben de tanta imitación. Estamos cansos de esquemas, perspectivas excesivamente enfocadas e obxectos demasiado definidos. Procuramos outras formas mais difusas que favorezan unha interacción mais horizontal entre o artista e o espectador partindo dunha arte fragmentaria, indefinida, inestable, plural, aberta, inacabada, subxectiva. Gústanos o aforismo, a poesía colage e palimpséstica. A arte é a estética e tamén a ética. Procuramos cambiar a arte pero tamén o mundo. Somos a terceira xeración ou a cuarta. O noso tamén é un rupturismo co fauvismo, expresionismo, cubismo, futurismo, dadaísmo, surrealismo, neoplasticismo, raionismo, suprematismo, constructivismo e outras desfasadas tendencias como o expresionismo abstracto, pop art, minimal art, arte de acción, arte conceptual…Moitos dos que foron os nosos referentes desde Os novos ata as tendencias de hoxe seguen a iluminar o noso camiño mais é necesario seguir a pescudar novas formas expresivas que axuden a mudar a arte galega e universal. Bebemos de xente como Maruja Mallo, Eugenio Granell, Antón Patiño, Menchu Lamas, Xabier C. Corredoira e Antón Lamazares mais tamén nos embriagamos con Arturo Fuentes, Amalia González Reyes, Antón Cabaleiro, Antía Moure, Álvaro Negro, Carme Nogueira…
Xa durante demasiado tempo Galicia foi sempre considerada a terra das vacas, meigas, santas compañas ou "o cabaré sobre o paraíso perdido", como diría Manuel Lourenzo. Nós aspiramos a transformala noutra Galicia, unha Nova Galiza renovada (diferente á soñada pola revista dirixida por Rafael Dieste e distinta, tamén, á pensada pola revista editada polo Foro Cívico Galego de Barcelona), porén loitaremos decididamente para construír un País Revitalizado. Non imos fuxir da nosa Galicia dos innumerables mitos e pantasmas que a percorren converténdoa nun universo de camposantos incontables. Mais achamos que moitas ideas trasnoitadas deben ser superadas (conservando só o que nos fai máis humanos), porén o ulterior deberá ser hixienizado por unha renovada reflexión agrupada que nos libre definitivamente desa caduca e desfasada ideoloxía que arrasa, deturpa, empobrece e aliena a mente colectiva.
VIGO, 28/09/2010
*Óscar Lomba foi o redactor do Iº MANIFESTO NOOREVOLUTIOSFERISTA que foi publicado no Xornal galego A Peneira e en outros medios escritos de Galicia.
A Galipedia e o vandalismo (V)
Familas coutadas polo fascismo
Miña avoa sentou ó meu lado, e falando un chisco sobre o acontecido en Galiza e o acontecido hoxe mesmo coa suspensión do xuíz Baltasar Garzón, contoume cousas das acontecidas á miña familia, e iso dispóñome a escribilo aquí.
O meu tataravó, o avó da miña avoa, traballaba nunha fábrica, posiblemente de peixe ou de conservas en Vigo. Era unha persoa enferma xa que semella que estivo 3 anos nun sanatorio por algunha enfermidade que miña avoa non soubo precisar. O caso é que morreu, antes da guerra, e foi soterrado coa bandeira vermella-amarela-morada cubrindo o ataúde. Comezada a guerra, fóronno buscar para matar e a miña tataravoa explicou que xa morrera. Os falanxistas non a creron e rapáronlle o pelo e déronlle de beber algún produto para escarnio dela. A miña tataravoa tamén traballaba nunha fábrica de peixe -era onde había traballo, segundo a miña avoa-, mais o caso é que se viu forzada a emigrar a Cuba, onde traballou como cociñeira da embaixada española.
O meu bisavó, o pai da miña avoa, José Álvarez Pérez, tamén sufriu as consecuencias. Lembro que no salón da casa onde vivia miña avoa no Calvario vigués había un cadro cun retrato del. Era unha pintura que amosaba a unha persoa moi nova (non máis de 30 anos), coa raia cara a un lado formando no pelo de cor castaña unha pequena onda na fronte, e tamén con bigote. A súa profesión era barbeiro. Cando comezou o terror no país seica lle mandaron vixiar a tres republicanos. O caso é que el era republicano e ademais eses republicanos eran amigos seus. Así que deixounos escapar, e para que non pensaran que os deixara fuxir voluntariamente disparouse nunha man, simulando unha fuxida pola forza. Non o creron e fixéronlle un xuízo. Non sei cal foi o resultado, mais o tema é que o meu bisavó fuxiu ó monte. De cando en vez agochábase nun cortello con outros compañeiros, entre a palla, onda a casa da súa muller. Unha vez foron pescudalos alí, e os falanxistas moveron a palla con baionetas, mentres miña avoa morría do medo. O meu bisavó e os outros fuxiran a tempo, ó escoitar ós fascistas. Mais pouco durou o meu bisavó, que contraxo tuberculose e morreu en marzo de 1940, 2 meses despois de nace-la súa filla, miña avoa.
Por último contoume a historia do padriño do seu irmán. Recén nacido o irmán da miña avoa decidiron escoller de padriño a un rapaz xoven, de 23 ou 24 anos.
Ese rapaz foi torturado en Vigo por un método que non tiña nin idea do seu emprego. A miña bisavoa tentou ir velo, no soto dun castelo (se foi en Vigo supoño que sería o castelo de San Sebatián... ó dicir este nome miña avoa díxome que pode ser, que lle soaba o nome). Non lle deixaron ver ó rapaz, pero a través dunhas fiestras conseguiu ver que o rapaz xacía morto, cos brazos en cruz, como crucificado, e unha pinga de auga baténdolle na cabeza. A pinga malaia.
Non puido se-lo padriño do irmán da miña avoa, e no seu lugar tivo que ir outra persoa, mais baixo o nome do asasinado, cousa que se podía facer daquela según dixo miña avoa.
En fin, esta historia, sobre todo a do meu bisavó, xa a coñecía antes de xeito algo incompleto. O terror fascista seguiu tocando de preto á miña familia, tanto é así que un dos últimos fusilados en Europa, Xosé Humberto Baena, era amigo dalgún familiar, e na miña casa témo-lo orixinal dunha carta súa que escribiu cando lle obrigaron a face-la mili. Eu fixera hai anos unha copia desa carta, algún día heina buscar e ensinárvola.
Meses culturais (novembro, decembro, xaneiro, febreiro)
Libros:
- Las venas abiertas de América Latina. Eduardo Galeano. A obra quizais máis coñecida dun dos autores que máis admiro. Fai un percorrido pola Historia da aldraxe cara a América do Sur, dende a súa descuberta até as ditaduras do século XX apoiadas polo goberno estadounidense. Porén eu sempre preferirei as súas historias pequenas, as dos "nadies" do mundo. Neste vídeo que poño teño eu unha aparición estelar no minuto 2:25 :)
Eduardo Galeano en el Ateneo Cultural 1º Mayo CCOO Madrid from Alberto Leal on Vimeo.
- Antón e os inocentes. Xosé Luís Méndez Ferrín. Dous fíos narrativos, un en Vigo e outro na batalla de Dien Bien Phu, que converxen con violencia.
- Relato dun estalido xordo. Pablo García Martínez. Interesante obra dun autor noviño, centrada nun grupo de mozos, e cun final sorprendente.
- Desobediencia civil y otros escritos. Henry David Thoureau. Nótase que Thoureau era un outsider da época. Obra influínte, de trazos anarquistas, dun librepensador.
- The Reader. 8.
- Bloody Sunday. 9. Conseguiu poñerme o corazón nun puño.
- Real Women Have Curves. 7.
- Entre les murs. 7.
- Duel. 8.
- Die Welle. 6. Non me convenceu demasiado, parécenme precipitados os acontecementos.
- The Horribly Slow Murderer with the Extremely Inefficient Weapon. 8. Unha curtametraxe ben feita e moi divertida.
- 12 Angry Men. 9,5. Unha absoluta obra mestra, intensa, mantente pegado á pantalla, unha marabillosa creación das personaxes e un guión sen tacha. Impresionante Lumet.
- 12. 6. Versión rusa do ano 2007, que toca os sentimentos enfrontados respecto a Kosovo. Non se achega á orixinal, mais é un bo exercicio de reinterpretación dun clásico.
- El secreto de sus ojos. 9. Este filme arxentino conta cun aroma a clásico que arrecende dende lonxe. A escena do campo de fútbol, é espectacular.
- Oldboy. 6. Unha trama orixinal e desconcertante, trenzada de violencia, pero que non conqueriu a miña total atención.
- Cashback. 8,5. Grande exercico de estilo coa curiosa historia dun rapaz que sofre de insomnio e pode para-lo tempo.
- Tetro. 7. Fotograficamente impecable, conta cun final fermoso. Coppola sempre será Coppola.
- The Apartment. 9.
- Avatar. 8. Non vou dicir nada, porque deste filme xa se dixo moito.
- Der letzte Zug. 6. Consegue traslada-la anguria e a tolemia que acontecían nas viaxes nos trens que levaban a Auschwitz. Mais en ocasións o filme pérdese e non atopa o seu ton.
- Lars and the Real Girl. 8.
- 24 Hour Party People. 6.
- Porky's II: The Next Day. 4.
- Gwoemul. 4.
- Moon. 9. Impresionante. Unha trama moi ben levada, desconcertante ó comezo pero que recobra sentido e consegue facerte reflexionar. Do mellor do ano.
- Flight of the Phoenix (2004). 4.
- Old Fangs. 8. Curtametraxe cunha animación marabillosa.
- Collateral. 7.
- Das weisse Band. 9. Unha obra fría coma o gume dun coitelo, que disecciona a vida dun pequeno pobo tradicional. Arrepiante.
- The Glass House. 3.
- Dogville. 8,5. A primeira de Lars von Trier que vexo, e gustoume.
- Adoration. 7.
- Alien. 6.
- 8½. 8. Filme onírico de Fellini, sobre a realización dunha obra du director en horas baixas.
- The Life of David Gale. 6.
- Nuit et brouillard. 9. Non é un documental, senón un ensaio sobre a responsabilidade. Estarrecedora.
- The Sixth Sense. 6.
- Hunger. 8. Duro filme que se divide en dúas partes, partidas entre o diálogo de Bobby Sands co sacerdote.
- (500) Days of Summer. 7.
- La question humaine. 6. Algo complicada de seguir.
- War Photographer. 9. Incrible documental sobre o traballo dun dos principais reporteiros de guerra.
Derogator
Queremos galego!
Manifestación "Queremos Galego" 21-01-2010 from SonCine on Vimeo.
A Galipedia e o vandalismo (IV)
o acivro é unha merda ke se distrue entre dous e muliplícase en mileiros situase nas fragasEn Galicia dáse, fundamentalmente, na serra de San Mamede (concellos de Maceda, Montederramo, Vilar de Barrio e Laza), na serra dos Ancares, en O Incio, no val do Lóuzara, no monte Oribio (Concello de Samos), no Courel (especialmente na Devesa da Rogueira, e preto da costa) como na fraga de Caaveiro ou no concello de Gondomar, na parroquia de Morgadáns
Creación de "Xogos Olímpicos de 2016"
galiza porque non se presentara para obter unha candidatura de xogos olimpicos, galiza pode con todo o que lle poñen en riba galiza ceibe
Emilio alvarez blazquez hermano de xosé maria alvarez blazquez famoso escritor gallego por sus poesías incluyó a su hermano emilio en un poema precioso recomendado los dos formaron una gran patria y dirigieron a galicia a lo mas alto de la poesia llegando a que mucha gente de fuera de galicia recomendase y leyera libros a mucha gente de otros países la verdad es que emilio no llegó a tener tanta fama nunca como su hermano xosé maría pero aún así él se esforzó para que la gente se interesase por sus poemas que según emilio y su hermano xosé maría refejaban la verdad de muchas cosas que ocurrían por el mundo y centralmente en galicia porque emilio queria que la gente se diera cuenta de lo que estaba pasando que no era una broma que las guerras tenían que acabar ya no se podia esperar mas estaba muriendo mucha gente y esto lo reflejó en bastantes poemas como: sangue (sangre en castellano),guerras, muerte... escritor a mi opinión memorable que debería estar en nuestras maentes para siempre como recuerdo de un escritor que nunca murió garcias a sus poemas en nuestras mentes que habra que recordar en un futuro para que la gente vea lo que en realidad estaba pasando en aquellos tiempos y que claramente emilio reflectaba que no queria que ocurriesen las mismas cosas en el futuro que el mundo se estaba quedando sin juventud mandando a niños pequeños a guerras el pedia en cada poema mandenme a mi no aniños con toda la vida por delante nunca consiguió que parasen pero lo intentó y eso nunca deberíamos borrar para mi estos hechos deberian ser memorables en todo tipo de persona incluso en lamas despreciable para que se de cuenta de lo que se esta perdiendieno tirado por la calle.
GRACIAS POR LEER ESTE TEXTO
FMDO:
SU AMIGO PARA SIEMPRE
en mi opinión, es el libro más penoso que se puede escribir. este hombre va de guay y no llega a chachi. te crees una eminencia literaria gallega y no sabes ablar gallego! se dice impecable, no impecabel, aprende a hablar, y no difundas una lengua propia de los neandertales. a mi amiga le caes bien. a mi ni me viene ni me va, pero te respeto, a pesar, en mi opinión, de que HABLAS MAL
Aínda teño material de abondo para facer sucesivas continuacións. Pero todo hai que dicilo, o vandalismo nos últimos tempos reduciuse moito, o que é unha boa nova para os que estamos alí fuchicando.
Meses culturais (setembro, outubro)
- Retorno a Tagen Ata. Xosé Luís Méndez Ferrín.
- Laio polo irmán ausente. Castelao no epistolario de Otero Pedrayo e outras voces. Ed. Xesús Alonso Montero. Impresionante calidade das cartas escolmadas. Realmente póñenche un nó no corazón e decátaste da inmensa figura que foi Castelao.
- Ensaio sobre a lucidez. José Saramago. Lino en portugués. Nunca lera nada de Saramago e gustoume, a verdade.
- As moscas. Jean-Paul Sartre (tradución de Xosé Manuel Beiras). Sorprendeume esta peza teatral, verdadeiramente pecha en pouco espazo unha calidade sen límites. A culpa, a vinganza, o deber, todo nunha peza curtiña.
- O crepúsculo e as formigas. Xosé Luís Méndez Ferrín. Son un namorado do conto Unha chinche durme no teito.
- Futurama: Into the Wild Green Yonder. 7.
- Gran Torino. 9,2.
- Changeling. 8.
- The Notebook. 7.
- Watchmen. 6,5.
- Pi. 5,5. Sorprendente, aínda que ás veces algo exasperante (precisamente iso busca o filme). Vese xa o estilo de Aronofsky.
- Wo de fu qin mu qin. 6.
- Factotum. 7.
- District 9. 6. Contén moitos detalles interesantes, penso que é un bo intento de filme, con moita intención.
- Land and Freedom. 6. Un pouco trosco-anarca para min, pero é un bo filme. Mágoa que na escena do debate sobre a colectivización apareza de cando vez o micro pola zona de arriba.
- Children of Men. 9. Moi, moi, moi sorprendente. Cun estilo que lle acae moi ben, e escenas de moito poder.
Rammstein - Mein Herz Brennt
18-O
Todos a Compostela, todos co galego, témo-los mesmo dereitos.
Verán cultural (xuño, xullo e agosto)
- El Capital, versión resumida de Gabriel Deville. Karl Marx. Pouco hai que engadir xa a todo o dito sobre este ensaio.
- A conxura dos necios. John Kennedy Toole. Impresionante libro, que conta cun particular humor moi logrado.
- Leatherheads. 4.
- Terminator Salvation. 6.
- O carro e o home. 8.
- Das Leben der Anderen. 7.
- Les quatre cents coups. 8,5. Xa levaba tempo querendo botar unha ollada a esta obra de Truffaut.
- Llach: La revolta permanent. 8.
- Le scaphandre et le papillon. 9.
- Annie Hall. 7.
- Nuovo cinema Paradiso. 9. Homenaxe ó cine e ó amor, e mailo amor ó cine. Impagable final, cunha banda sonora excelente. Desexoso estou de ve-lo novo de Tornatore que se estreou en Venecia.
- Idi i smotri. 8,5. Filme soviético frío e cruel (é dicir, realista para os feitos que describe). Despois de ver este filme decátaste de que o cine americano está máis preocupado por deixar como heroes ós seus que en ofrecer tramas complexas emocionalmente (falo en xeral, claro).
- Big. 5.
- Red Eye. 3.
- 8MM. 5.
- Temporada 92-93. 7.
- Låt den rätte komma in. 9. Impresionante a escena da piscina, unha marabilla de planteamento e rodaxe.
- Ong bak 2. 3.
- Il divo. 7. Quizais non puiden disfrutar do filme todo o que podería por non ter unha base máis ampla de coñecemento sobre a historia de Italia, e sndo así acabas perdéndote un pouco nos nomes. Aínda así recomendadísimo o seu visionado.
- Life as a House. 5.
- Apocalypto. 7.
Adelleda - Alexisonfire
Suicide and Redemption - Metallica
Querer, non poder
Cada xeración, sen dúbida, crese condenada a reface-lo mundo. A miña sabe, no entanto, que non o reformará. Mais a súa tarefa pode que sexa aínda maior. Ela consiste en evitar que o mundo se desfaga. - Albert Camus, 1957.
Aí falaches meu, pero pode que, á fin, a miña xeración non crea de todo na imposibilidade de reforma-lo mundo. O querer e non poder ten que ir camiño do desterro. Niso estamos.
Nota: este texto saíu espontáneo cando quería escibir, realmente, sobre a miña pouca ou nula calidade literaria, daí o de "querer e non poder". A miña intención quedou, como se ve, na primeira frase.