"As letras fuxen, esquécense, pero hoxe conseguín pór parte de min nesta proclama."

Mostrar mensagens com a etiqueta Mes cultural. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Mes cultural. Mostrar todas as mensagens

Meses culturais (novembro, decembro, xaneiro, febreiro)

| sexta-feira, março 19, 2010
A miña preguiza provoca que o material vaia amoreándose, así que velaquí vai unha actualización.

Libros:
  1. Las venas abiertas de América Latina. Eduardo Galeano. A obra quizais máis coñecida dun dos autores que máis admiro. Fai un percorrido pola Historia da aldraxe cara a América do Sur, dende a súa descuberta até as ditaduras do século XX apoiadas polo goberno estadounidense. Porén eu sempre preferirei as súas historias pequenas, as dos "nadies" do mundo. Neste vídeo que poño teño eu unha aparición estelar no minuto 2:25 :)


Eduardo Galeano en el Ateneo Cultural 1º Mayo CCOO Madrid from Alberto Leal on Vimeo.



  1. Antón e os inocentes. Xosé Luís Méndez Ferrín. Dous fíos narrativos, un en Vigo e outro na batalla de Dien Bien Phu, que converxen con violencia.
  2. Relato dun estalido xordo. Pablo García Martínez. Interesante obra dun autor noviño, centrada nun grupo de mozos, e cun final sorprendente.
  3. Desobediencia civil y otros escritos. Henry David Thoureau. Nótase que Thoureau era un outsider da época. Obra influínte, de trazos anarquistas, dun librepensador.
Filmes:
  1. The Reader. 8.
  2. Bloody Sunday. 9. Conseguiu poñerme o corazón nun puño.
  3. Real Women Have Curves. 7.
  4. Entre les murs. 7.
  5. Duel. 8.
  6. Die Welle. 6. Non me convenceu demasiado, parécenme precipitados os acontecementos.
  7. The Horribly Slow Murderer with the Extremely Inefficient Weapon. 8. Unha curtametraxe ben feita e moi divertida.
  8. 12 Angry Men. 9,5. Unha absoluta obra mestra, intensa, mantente pegado á pantalla, unha marabillosa creación das personaxes e un guión sen tacha. Impresionante Lumet.
  9. 12. 6. Versión rusa do ano 2007, que toca os sentimentos enfrontados respecto a Kosovo. Non se achega á orixinal, mais é un bo exercicio de reinterpretación dun clásico.
  10. El secreto de sus ojos. 9. Este filme arxentino conta cun aroma a clásico que arrecende dende lonxe. A escena do campo de fútbol, é espectacular.
  11. Oldboy. 6. Unha trama orixinal e desconcertante, trenzada de violencia, pero que non conqueriu a miña total atención.
  12. Cashback. 8,5. Grande exercico de estilo coa curiosa historia dun rapaz que sofre de insomnio e pode para-lo tempo.
  13. Tetro. 7. Fotograficamente impecable, conta cun final fermoso. Coppola sempre será Coppola.
  14. The Apartment. 9.
  15. Avatar. 8. Non vou dicir nada, porque deste filme xa se dixo moito.
  16. Der letzte Zug. 6. Consegue traslada-la anguria e a tolemia que acontecían nas viaxes nos trens que levaban a Auschwitz. Mais en ocasións o filme pérdese e non atopa o seu ton.
  17. Lars and the Real Girl. 8.
  18. 24 Hour Party People. 6.
  19. Porky's II: The Next Day. 4.
  20. Gwoemul. 4.
  21. Moon. 9. Impresionante. Unha trama moi ben levada, desconcertante ó comezo pero que recobra sentido e consegue facerte reflexionar. Do mellor do ano.
  22. Flight of the Phoenix (2004). 4.
  23. Old Fangs. 8. Curtametraxe cunha animación marabillosa.
  24. Collateral. 7.
  25. Das weisse Band. 9. Unha obra fría coma o gume dun coitelo, que disecciona a vida dun pequeno pobo tradicional. Arrepiante.
  26. The Glass House. 3.
  27. Dogville. 8,5. A primeira de Lars von Trier que vexo, e gustoume.
  28. Adoration. 7.
  29. Alien. 6.
  30. 8½. 8. Filme onírico de Fellini, sobre a realización dunha obra du director en horas baixas.
  31. The Life of David Gale. 6.
  32. Nuit et brouillard. 9. Non é un documental, senón un ensaio sobre a responsabilidade. Estarrecedora.
  33. The Sixth Sense. 6.
  34. Hunger. 8. Duro filme que se divide en dúas partes, partidas entre o diálogo de Bobby Sands co sacerdote.
  35. (500) Days of Summer. 7.
  36. La question humaine. 6. Algo complicada de seguir.
  37. War Photographer. 9. Incrible documental sobre o traballo dun dos principais reporteiros de guerra.
Música: En todo este tempo tiven moitas cancións dando voltas pola cachola. Aí van unhas poucas.
Porcupine Tree - Trains


Fair To Midland - April Fools and Eggmen


Rollins Band - Liar


Them Crooked Vultures - Dead End Friends


The Melvins - Lizzy

Meses culturais (setembro, outubro)

| sexta-feira, novembro 06, 2009
Libros:
  1. Retorno a Tagen Ata. Xosé Luís Méndez Ferrín.
  2. Laio polo irmán ausente. Castelao no epistolario de Otero Pedrayo e outras voces. Ed. Xesús Alonso Montero. Impresionante calidade das cartas escolmadas. Realmente póñenche un nó no corazón e decátaste da inmensa figura que foi Castelao.
  3. Ensaio sobre a lucidez. José Saramago. Lino en portugués. Nunca lera nada de Saramago e gustoume, a verdade.
  4. As moscas. Jean-Paul Sartre (tradución de Xosé Manuel Beiras). Sorprendeume esta peza teatral, verdadeiramente pecha en pouco espazo unha calidade sen límites. A culpa, a vinganza, o deber, todo nunha peza curtiña.
  5. O crepúsculo e as formigas. Xosé Luís Méndez Ferrín. Son un namorado do conto Unha chinche durme no teito.
Filmes:
  1. Futurama: Into the Wild Green Yonder. 7.
  2. Gran Torino. 9,2.
  3. Changeling. 8.
  4. The Notebook. 7.
  5. Watchmen. 6,5.
  6. Pi. 5,5. Sorprendente, aínda que ás veces algo exasperante (precisamente iso busca o filme). Vese xa o estilo de Aronofsky.
  7. Wo de fu qin mu qin. 6.
  8. Factotum. 7.
  9. District 9. 6. Contén moitos detalles interesantes, penso que é un bo intento de filme, con moita intención.
  10. Land and Freedom. 6. Un pouco trosco-anarca para min, pero é un bo filme. Mágoa que na escena do debate sobre a colectivización apareza de cando vez o micro pola zona de arriba.
  11. Children of Men. 9. Moi, moi, moi sorprendente. Cun estilo que lle acae moi ben, e escenas de moito poder.
Música: déixovos coa música dos grupos que vou ver en concerto este mes de novembro.

Rise Against - Savior


Rammstein - Mein Herz Brennt

Verán cultural (xuño, xullo e agosto)

| sábado, setembro 05, 2009
Libros:
  1. El Capital, versión resumida de Gabriel Deville. Karl Marx. Pouco hai que engadir xa a todo o dito sobre este ensaio.
  2. A conxura dos necios. John Kennedy Toole. Impresionante libro, que conta cun particular humor moi logrado.
Filmes:
  1. Leatherheads. 4.
  2. Terminator Salvation. 6.
  3. O carro e o home. 8.
  4. Das Leben der Anderen. 7.
  5. Les quatre cents coups. 8,5. Xa levaba tempo querendo botar unha ollada a esta obra de Truffaut.
  6. Llach: La revolta permanent. 8.
  7. Le scaphandre et le papillon. 9.
  8. Annie Hall. 7.
  9. Nuovo cinema Paradiso. 9. Homenaxe ó cine e ó amor, e mailo amor ó cine. Impagable final, cunha banda sonora excelente. Desexoso estou de ve-lo novo de Tornatore que se estreou en Venecia.
  10. Idi i smotri. 8,5. Filme soviético frío e cruel (é dicir, realista para os feitos que describe). Despois de ver este filme decátaste de que o cine americano está máis preocupado por deixar como heroes ós seus que en ofrecer tramas complexas emocionalmente (falo en xeral, claro).
  11. Big. 5.
  12. Red Eye. 3.
  13. 8MM. 5.
  14. Temporada 92-93. 7.
  15. Låt den rätte komma in. 9. Impresionante a escena da piscina, unha marabilla de planteamento e rodaxe.
  16. Ong bak 2. 3.
  17. Il divo. 7. Quizais non puiden disfrutar do filme todo o que podería por non ter unha base máis ampla de coñecemento sobre a historia de Italia, e sndo así acabas perdéndote un pouco nos nomes. Aínda así recomendadísimo o seu visionado.
  18. Life as a House. 5.
  19. Apocalypto. 7.
Música: hoxe vai variadiño.

Road I Must Travel - The Nightwatchman


Adelleda - Alexisonfire


Suicide and Redemption - Metallica

Meses culturais (decembro, xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio)

| terça-feira, maio 26, 2009
Bueno, depois de moito tempo (de preguiza) vou actualiza-las pelis e os libros que vou lendo, para que non se me amontonen demasiado.

Libros:
  1. El Eternauta. H.G. Oesterheld. Espectacular banda deseñada, do melloriño que levo lido. Xunto a Maus, o meu preferido, e creo que gaña este.
  2. Harry Potter y las reliquias de la muerte. J.K. Rowling. Non tiña pensado lelo, pero un amigo convenceume e prestoumo. Creoq ue xa estou maior para Harry Potter, pero xa que lin os outros 6... Non me pareceu gran cousa o derradeiro libro da saga.
  3. Memoria de mis putas tristes. Gabriel García Márquez. Unha historia curta, ben contada e interesante.
  4. Dr. Jekill e Mr. Hyde. Robert Louis Stevenson. Encantoume esta mítica historia que aínda non lera.
  5. Traballo de campo. Seamus Heaney. Interesante obra da que non gocei na súa totalidade por ser quizais demasiado hermética para min (evidentemente ese problema é meu, non do libro).
  6. Robinson Crusoe. Daniel Defoe. Outro que me gustou moito. É xenial o xeito que ten o autor de non embarullarse a conta-la historia de Crusoe na illa, e ligar todo perfectamente.
  7. Diario. Anne Frank. Este diario magoa o corazón, por coñecérmo-lo destino dos seus protagonistas. Anne debulla o seu día a día, os seus conflitos e, sobre todo, o pensamento dunha moza da súa idade: a reclusión sobre si mesma e afastamento dos pais, o namoramento...
  8. Bailarei sobre a túa tumba. Berta Dávila. Pois en parte síntome identificado con esta novela. Coa protagonista, quero dicir, xa que eu tamén deixei Galiza e os amigos por ir a Madrid, e non é cousa doada o facelo. Ah, e tamén saio por Malasaña.
  9. El médico. Noah Gordon. Prestáronme este libro, e non me convenceu. Aínda así ten algún detalle de interese.
  10. Fin de século en Palestina. Miguel Anxo Murado. Impresionante! Só podo dicir iso. Palestina país de pedra.
  11. Berlín. Ciudad de piedras. Jason Lutes. Quedeime un pouco a medias con este cómic, quizais porque é a primeira parte dunha triloxía. Quedan moitos cabos abertos, así que haberá que le-los seguintes.
  12. 16 poemas galegos para Ernesto Che Guevara contra a súa morte. VV.AA. Moi interesante escolma de poemas encol do Che.
  13. Xornal de prisión. Ho Chi Minh. Este xornal de prisión son unha serie de poemas escritos polo Tio Ho nas prisións chinesas. Neles canta a todo, dende paisaxes, enfermidades e as condicións carcelarias ata á liberdade e compañeirismo.
  14. Blue Moon. Xosé Carlos Caneiro. É unha boa historia, mais é, para o meu gusto, demasiado preciosista, mesmo pedante. En ocasións isto desmerece a grande historia que conta.
  15. Crónicas de la Guerra Civil. Un poeta en el frente. Miguel Hernández. Unha faceta que descoñecía ata o de agora de Hernández. E gustoume moito.

Filmes:
  1. O Ciclo A Lingua animada: vinme tódolas curtas e destaco Os defuntos falaban Castelao e A escola das areas (que semella que aconteceu onte mesmo).
  2. Be Kind Rewind. 7,5.
  3. Superbad. 8. Que queredes... fíxome graza, non é a típica peli adolescente, ou si pero facendo graza.
  4. Iron Man. 5.
  5. The Faculty. 6. Esta foi en realidade a terceira vez que a vin. Bótana moito en Antena 3.
  6. Monty Python and the Holy Grail, 7.
  7. Wanted. 3.
  8. The Last Legion. 2.
  9. Get Smart. 4.
  10. Next. 3.
  11. Borat. 5.
  12. There Will Be Blood. 9. Fantástica, impresionante comezo. Impresionante escea cando o neno queda xordo.
  13. Zivot je cudo. 8. Non sei cal é o nome que empregaron en castelán porque vin o filme na tele e collino xa empezado. Un absoluto desparate, gustoume.
  14. Juno. 7.
  15. Bikur Ha-Tizmoret. 8.
  16. The Coversation. 8.
  17. Funny Games (1997). 8,5.
  18. Death of a President. 6,5.
  19. W. 6.
  20. Vera Drake. 7.
  21. Free Zone. 5.
  22. In the name of the Father. 9.
  23. My Beautiful Laundrette. 5.
  24. Before the Devil Knows You're Dead. 9.
  25. 4 luni, 3 saptamâni si 2 zile. 5.
  26. To Kill a Mockingbird. 8.
  27. The Diary of Anne Frank. 4.
  28. Porky's. 5.
  29. Man on Wire. 8,5.
  30. The Mist. 8.
  31. Vals Im Bashir. 9.
  32. Léolo. 6.
  33. Gomorra. 7.
  34. Slumdog Millionaire. 8. Inmerecido Oscar.
  35. The Curious Case of Benjamin Button. 7.
  36. The Wrestler. 9.
  37. Los cronocrímenes. 8.
  38. The Piano. 7.
  39. Swimming Pool. 6.
  40. The Assassination of Richard Nixon. 6.
  41. Monsieur Ibrahim et les fleurs du Coran. 7.
  42. Bedazzled. 5.
  43. Knowing. 5.
  44. Dragonball Evolution. 2.
  45. Futurama: Bender's Game. 8.

Música:
Biffy Clyro - Glitter and trauma


Biffy Clyro - Mountains


Biffy Clyro - Get Fucked Stud

Meses culturais (xuño, xullo, agosto, setembro, outubro e novembro)

| sábado, dezembro 06, 2008
Con súper-retraso aquí van os libriños (poucos) e filmes (máis) que fun vendo durante estes últimos meses. A verdade é que estou nunha época vaga, en xeral sempre o fun, mais agora acentuouse, o cal unido ó  endurecemento da carreira e o tempo que me absorbe fixo que practicamente a vida do blog sexa nula, en estado de coma, vamos.

Unha vez dadas cumpridas explicacións aquí vai unha listiña:

Libros:

1. Maus. Art Spiegelman: merquei a edición en galego, e quedei satisfeito. O libro é unha alfaia, sen dúbida moi recomendable. Cada día son máis comiqueiro, comecei tarde, mais máis vale tarde ca nunca.

2. Heroes. Primera Temporada: a instancias dun amigo lin este cómic. Pequenos relatos fóra do guión da serie, que pouco aportan. A verdade, vin a primeira tepada e a segunda da serie (onde o baixón de calidade é notable), e din que a terceira é mala, mala. Creo que xa me fixen maior para continuar coa serie.

3. Selección galega. VV.AA.: contrariamente ó que pareza, este libro nada ten que ver coa selección galega. O libro consta de 11 relatos de algúns dos grandes das nosas letras, e conseguino cando asistín ó partido da selección galega fronte a Uruguai en Compostela, pero xa vedes que non me decidín a lelo até ben pouco.

4. Os catro primeiros volumes da enciclopedia Gran Historia de Galicia, que fun coleccionando coa Voz de Galicia, ese xornal independente. A verdade é que a enciclopedia mola, e ten moitas fotiños.

5. Ficciones. Jorge Luis Borges: pois... pegádeme, insultádeme, lapidádeme, pero quizais me deixou algo frío este libro, entre os máis coñecidos de Borges. Ten algúns relatos sobresaíntes, como por exemplo (non lembro o nome) aquel no que o mundo é unha xigantesca biblioteca, pode que infinita. Creo que sintetiza ben o traballo de Borges: o infinito, o paso do tempo...

6. ¿Por qué socialismo? Albert Einstein: se non lembro mal este é un artigo redactado por Einstein para o primeiro número dunha revista socialista estadounidense. A verdade é que Einstein, na súa vertente de ensaísta, é unha personaxe a descubrir.

7. Palestina. En la Franja de Gaza. Joe Sacco: ah, como me gustou este libro. Este traballo periodístico/cómic de viaxes é un amlpo abano de experiencias, de historias das xentes da Palestina, xentes que xeración tras xeración loitan polo mesmo, se esperanza mais de xeito constante, mentres o mundo mira para outro lado, un país no que é unha vergoña para unha persoa o non ser detido nunca pola policía israelí, un país mestura de desconfianza e agarimo cara os demais. Outra lectura que recomendo.

8. El economista camuflado. Tim Harford: ó comezo do libro pensaba que ía estar ben, collía un pouco por onde ía o tema e aprendín algo, mais conforme avancei foime gustando menos. E coincidiu que cando finalizaba o libro se comezaba a falar dunha especie de crise inmobiliaria (as hipotecas lixo estadounidenses), que rematou por ser unha crise do modelo capitalista, así en xeral, sobre todo do capitalista neoliberal, bando no que parece esta-lo autor.

9. Guía para leer El Capital. Louis Althusser: claro, en plena crise pois un, curioso por natureza, quere saber un pouco do tema, e semella que todavía ninguén, máis dun século despois, analizou, destripou e cachou a intención do capitalismo coma o fixo un tal Karl Marx. Para prepararme lin esta pequena guía que me pareceu basante útil. Fareille caso, mais aínda non me puxen co libro (é que ler un libro coma este na computadora pode se-lo adeus á xa escangallada vista que teño).


Filmes:
Wall.E. 7.
Fear. 4.
Capote. 7.


Música

Desgraciadamente hai pouco deixounos o cantautor vasco Mikel Laboa. Aquí dous das súas cancións de máis sona.



Mes cultural (maio)

| sexta-feira, junho 06, 2008
Libros:
  1. El lobo estepario. Hermann Hesse.
Filmes:
  1. Flags of our fathers. 7.
  2. Letters from Iwo Jima. 7.
  3. La pelota vasca. La piel contra la piedra. 6.
  4. Cherish. 4.
Música: aquí van algúns momentos do festival de música ó que asistín.





Mes cultural (abril)

| domingo, maio 04, 2008
Libros:
  1. Os libros arden mal. Manuel Rivas. Pois non sei, creo que o teño que reler para poder opinar sobre el, porque a primeira leitura deixoume algo frío. Quizais é un libro demasiado barroco para min, demasiado preciosista. Se o volvo ler darei unha opinión en condicións.
  2. Marinero en tierra. Rafael Alberti. Pois sen dúbida hai algúns poemas sobresaíntes, mais tampouco deu de si todo o que pensaba.
Filmes:
  1. Goodfellas. 7. Pois tampouco me convenceu en exceso. Decidín vela animado por algúns amigos que dicían que é unha pasada, mais defarudoume un tanto, quizais porque acodía con moi altas espectativas.
  2. Persepolis. 9. Encantoume. Quizais o defecto que teña é a de ser demasiado curto, pasando moi por riba dalgunhas partes da novela gráfica, máis tamén contén algúns puntos orixinais, inexistentes no cómic. Sen dúbida unha adaptación xenial.
  3. Rocky II. 8. Volveume molar, case tanto (en realidade un pouco menos) ca Rocky I. Sei ben que é exprimir a mesma fórmula, mais nesta ocasión todavía consegue un resultado efectista, que dubido que xa consiga na III, IV, V ou VI.
  4. 28 semanas después. 7. Está ben, mais é inferior á peli dirixida por Danny Boyle. Os primeiros minutos son moi bos.
  5. Apocalypse Now. 10. Ben, que podo dicir deste filme... pois que é o meu preferido, o mellor que vin na vida. De feito é o único que recibe pola miña parte a nota de 10.
  6. Ratatouille. 8. Non me tiña boa pinta esta cinta de animación, mais decidinme a vela despois de ler críticas moi eloxiosas, e teño que dicir que finalmente non me pareceu mala, máis ben pareceume unha boa peli, divertida, enxeñosa.
  7. Sicko. 8. Pois é para chorar o sistema sanitario estadounidense. Só dicir que dou grazas por ter nacido en Galiza e non en terras iankis.
Música: un pouco de rock galego.

Zenzar - Sigue... e dalle


Zenzar- Chove

Mes cultural (marzo)

| quinta-feira, abril 03, 2008
En febreiro non houbo mes cultural porque basicamente non rematei ningún libro (agardo telo rematado para aparecer no mes de abril), nin vin peli algunha. O único foi continuar coas series que estaba seguindo: Lost 4ª temporada e Twin Peaks 2ª temporada. Pero en marzo xa podo engadir algunha peli.

Libros:
Ningún, continúo con un que aparecerá, se todo vai ben, para o próximo mes. Vouno lendo a cachos: por veces déixoo unhas semanas e outras retómoo con forza, é un libro longo.

Filmes: non inclúo as tres do Padriño, porque xa apareceron noutro mes cultural, aínda que velas por vez segunda é como velas por vez primeira, esta obra mestra non para de ofrecerche novos detalles.
  1. Psycho. A segunda peli que vexo de Hitchcock, e esta gustoume máis cá anterior. Excelente final, cunhas escenas finais que che quedan na mente gravadas, esa mirada final de Bates, pareceume maxistral. 9.
  2. Die Fälscher. Gañadora do Oscar ó mellor filme en lingua non inglesa, esta historia real consegue chegar ó corazón. Eu recoméndoa. 8.
  3. Rocky. aínda botas unhas risas cos conversas do Rocky, e o filme non é nada malo, é máis, paréceme moi bo, xa non o lembraba porque a mirara hai moito tempo. 8.
Música: xa tardaban en aparecer por aquí Los Suaves, nonsi? Aquí van algunhas.

Los Suves - Si yo fuera Dios (a miña preferida)


Los Suaves - Palabras para Julia


Los Suaves - Si pudiera


Los Suaves - Dolores se llamaba Lola


Los Suaves - Ourense-Bosnia


Los Suaves - Ya nos vamos

Mes cultural (xaneiro)

| sexta-feira, fevereiro 08, 2008
Aaaaiii, xaneiro, tempo de preparar exames... que mal me veu iso para esta sección.

Libros:
  1. Arredor de si. Ramón Otero Pedrayo. A verdade é que levaba tempo desexando ler algo de don Ramón, así que o día do partido da selección galega, aproveitando que estaba en Vigo entrei nunha libraría e despois de meditar sobre o libro que ía levar (pensei no de Justo Beramendi, mais vale 50 euros!!!!), decidín mercalo.
Filmes:
  1. Johnny got his gun. 8.
Música: tranquiliña, para afrontar mellor os exames, oposicións, etc.

Antony and the Johnsons - Hope there's someone


Coldplay - Trouble


Gary Jules - Mad World

Mes cultural (decembro)

| sábado, janeiro 12, 2008
Libros:

1. Víctimas de la guerra civil de varios autores. Para coñecer as historias da xente que padeceu a represión feixista.
2. La historia me absolverá, de Fidel Castro. Para ler o discurso de defensa de Fidel no xuízo polo asalto ó cuartel Moncada preme aquí.

Filmes:
1. Bender's Big Score. A peli de Futurama! 8.
2. Casa de arena y niebla. 8.
3. Reservoir Dogs. Linchádeme se queredes, mais nunca me convenceron os filmes de Tarantino. 5.
4. Cidade de Deus. Un filme abraiante, Buscapé é un crak. 9.
5. En el calor de la noche. 7.
6. I Am a Legend. Mágoa da última media hora que creo que bota a perder o filme. 6.
7. Jesus Champ. Fanáticos relixiosos en USA. Hai que ver o documental este porque coido que dentro de pouco imos ter por estes lares uns fanáticos semellantes. 7.

Música: deste mes vai un chisco de The Who.

The Who - Baba O'Riley


The Who - Won't Get Fooled Again

Mes cultural (novembro)

| domingo, dezembro 02, 2007
Libros: Persépolis da iraní Marjane Satrapi. Fermosa novela gráfica que devorei en dúas noites. Agora fáltame ver o filme. Recomendada.

Filmes:
  1. El jardinero fiel. Uff, non me gustou, un tanto aburrida. 5.
  2. Zodiac. Fantasticamente filmada, é un dos éxitos do ano. Peli longa e absorvente. 8.
  3. Senderos de Gloria. Kubrick. Que máis podo dicir. Ninguén coma el soubo retratar mellor a angustia ante un fusilamento. 9.
  4. Teléfono Rojo. Volamos hacia Moscú. Outra de Kubrick, con toques humorísticos e un fondo interesante. 7.
  5. Trainspotting. Unha peli sobre o mundo da droga, que por iso mesmo dá un pouco de noxo, sobre todo o pior baño de Escocia... aghhh. 6.

Música: un dos meus últimos descubrimentos.

Fair to Midland - Dance of the Manatee

Mes cultural (outubro)

| domingo, novembro 04, 2007
O período lectivo chegou! E iso nótase considerablemente na miña actividade de lector ou espectador.

Libros: Ningún. Onte comecei un do que lin 200 páxinas dunha panzada, mais terá que aparecer no mes cultural de novembro.

Filmes: poucos filmes, pero bos.
  1. Road to Guantánamo. 8.
  2. Alguien voló sobre el nido del cuco. Que dicir deste clásico. Pois iso, un clásico. 9.
  3. Millones. Fermosísimo filme, cheo de imaxinación. A orixinalidade da ollada dun neno. A verdade é que non agardaba que me gustara tanto. 9.


Música: en canto á música seguimos co acontecemento do ano, paa a xente coma min... o novo disco de Serj Tankian.

Serj Tankian - Saving us


Serj Tankian - Feed us


Serj Tankian - Lie, lie, lie

Mes cultural (setembro)

| quarta-feira, outubro 03, 2007
Libros: República y guerra civil, de Julián Casanova. A verdade é que é menos completo có de Beevor, aínda que é máis doado de ler.

Filmes: este mes rexistreime no IMDB e alí vou dando nota ós filmes que vou vendo. Aquí vou poñer esa nota.
  1. Syriana. 6.
  2. El Acorazado Potemkin. 8.
  3. 12 Monos. 6.
  4. Historias del Bronx. 6.
  5. Clerks. 7.
  6. Scarface. 8.
  7. Los 39 escalones. 7.
  8. Paycheck. 6.
  9. Réquiem por un sueño. 8.
  10. La jungla 4.0. 7.
  11. Clerks II. 6.
  12. La gran evasión. 8.
  13. Hora Punta 3. 5.
  14. La extraña que hay en ti. 6.

Música: Serj Tankian, ex-System of a Down, saca disco en solitario. En primicia os seus dous primeiros singles. Os dous videos son dúas pequenas alfaias.

Serj Tankian - The Unthinking Majority


Serj Tankian - Empty Walls

Vacacións culturais

| quinta-feira, setembro 06, 2007
Pois si, este verán aproveitei para poñerme ó día, ver pelis, ler libros e facer todo agás estudar para setembro. Aí vai a listaxe:

Libros
- Xuño
  1. Sempre en Galiza, de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao: era a segunda lectura que lle botaba, pero desta vez foi o libro que lin durante o ano no Metro. E con lapis na man.
-Xullo
  1. Romeo e Xulieta, de William Shakespeare: aínda que pareza mentira é o primeiro libro de William Shakespeare que se me dá por ler, e hai que dicir que o tío escribía de puta nai.
  2. Crime e Castigo, de Fiódor Dostoievski: outro que escribe que dá gusto. Este longo libro tívome atrapado unhas semanas e foi o primeiro libro da miña vida que levei á praia.
  3. Contos, de Edgar Allan Poe: xa vedes que en xullo mandeille todo obras mestras da literatura. Persoalmente o gustoume moito o conto Hop-Frog.
- Agosto
  1. A liña de sombra, de Joseph Conrad: gustoume moito esta novela curta que fala do paso cara a madurez e na que aparece un tal Señor Burns, hehe.
  2. Rebelión en la granja, de George Orwell: este foi o único libro do verán que lin traducido ó castelán, pero é que estes de Faro de Vigo non se dignan a facer unha colección en galego. O libro é tremendo e chegas a pensar "cago na puta, é que os animais non se dan conta ou que?", pero nós tampouco nos damos ben de conta do que pasa hoxe.
  3. Cancionero y romancero de ausencias, de Miguel Hernández: deste libro é seguro que o poema máis famoso é o de "Nanas a la cebolla".
  4. A sinfonía pastoral, de André Gide: interesante libriño que se le nunha patada.

Cine: todas aptas agás Piratas do Caribe 2.
  1. Stalingrado
  2. Salvador (Puig Antich)
  3. El nombre de la rosa
  4. Piratas de Caribe 2
  5. Olvidate de mí
  6. Mulholland Drive
  7. Shrek Tercero
  8. Memento
  9. Zoolander
  10. El caso Slevin
  11. El efecto mariposa
  12. Infiltrados
  13. Los Simpson: La película
  14. Las tortugas también vuelan
  15. El cabo del miedo
  16. Casablanca

Música:
unha pequena mostra da nova música que andiven escoitando este verán. Música tranquiliña.

Travis


The White Stripes


Smashing Pumpkins

Mes cultural (maio)

| sexta-feira, junho 01, 2007
Libros: Ningún. Comecei o do Economista camuflado pero deixeino con motivo dos exames finais.

Filmes:
  1. Superman Returns. Un pouco soporífera.
  2. Crash. Está ben e ten mensaxe, que máis queremos.
  3. Forrest Gump. Aínda botas unhas risas.
  4. Platoon.
  5. Algo en común. Con Natalie Portman e Zach Braff (o de Scrubs), que me cae simpático.
  6. 28 días después. Das pucas de terror que me gustan porque non caen na banalidade.
  7. El laberinto del fauno. Non me acabou de convencer, aínda que para ter actores españois non está mal.
  8. Los miserables. Liam Neeson o clava como Jean Valjean.
  9. 2001: Una odisea del espacio. Que comida de coco tan incrible. Recomendo ler, unha vez rematada de ver, as interpretacións que hai, para os que non se "coscaron" de moito. E é que para un lector de novelas históricas dar o salto á Crítica da razón pura de Kant é complicado.
Música: imos con outro grupo que semella vai actuar en Vigo neste verán... Within Temptation.



Mes cultural (abril)

| quarta-feira, maio 02, 2007
Libros: recomendados os dous.
  1. Me llamo Rojo de Orhan Pamuk, recente premio Nobel de Literatura. Unha novela orixinal, na que as personaxes, animadas e inanimadas, falan en primeira persoa, interpelándonos, facéndonos acenos de complicidade, e mesmo enganándonos. Pamuk tece unha novela histórica sobre a tradición e a modernidade, o Oriente e o Occidente, o amor e o desexo, en base ao asasinato de Maese Donoso, mestre iluminador dun libro que sobrepasa os límites da relixión.
  2. Cien años de soledad de Gabriel García Márquez. A historia dunha familia que é a historia dun pobo, Macondo, dende a súa fundación até a fin. A novela desprende realismo máxico por todos lados, e tan só queda dicir: Viva o realismo máxico!
Filmes: quero dar as grazas ao cine ó que vou, polo doado que é sair dunha sala e meterse noutra peli sen ningún tipo de vixianza.
  1. 300.
  2. Las vacaciones de Mr. Bean.
  3. India Misteriosa (IMAX).
  4. La naranja mecánica.
  5. El club de los poetas muertos. Miraredes ó doutor Wilson doutro xeito. A mellor que vin neste mes
  6. Sunshine.
  7. Premonition (7 días). A peor que vin neste mes.
  8. Seduciendo a un extraño.
  9. El número 23.
  10. La maldición de la flor dorada.
Música: abril é un mes algo revolucionario. 14, 25 de abril son datas políticas importantes que é importante celebrar e lembrar.

O Himno da CNT paréceme fermosísismo.
Negras tormentas agitan los aires
nubes oscuras nos impiden ver.
Aunque nos espera el dolor y la muerte
contra el enemigo nos llama el deber.
El bien más preciado es la libertad
hay que defenderla con fe y valor.

Alza la bandera revolucionaria
que del triunfo sin cesar nos lleva en pos.
Alza la bandera revolucionaria
que del triunfo sin cesar nos lleva en pos.

En pie el pueblo obrero, a la batalla
hay que derrocar a la reacción.

¡A las barricadas! ¡A las barricadas!
por el triunfo de la Confederación.
¡A las barricadas! ¡A las barricadas!
por el triunfo de la Confederación.





A galopar - Paco Ibáñez (Poema de Rafael Alberti)





Grândola, Vila Morena - Zeca Afonso

Mes cultural (marzo)

| domingo, abril 01, 2007
Aquí vai unha relación de filmes e libros que tiven a oportunidade de desfrutar no mes de marzo. Ademais inclúo unha recomendación musical. Tentarei facer esto cada principio de mes.

Libros
A verdade é que este mes foi un pouco pobre en canto á lectura de libros (só lin un), aínda que tamén se debe a que estou a rematar un bastante tocho que me levou boa parte do mes e que aparecerá no próximo mes cultural.

  1. O libro que lin é Campos de Castilla y otros poemas de Antonio Machado. Eis aquí o poema seguramente máis coñecido:
Caminante, son tus huellas
el camino, y nada más;
caminante, no hay camino,
se hace camino al andar.
Al andar se hace camino,
y al volver la vista atrás
se ve la senda que nunca
se ha de volver a pisar.
Caminante, no hay camino,
sino estelas en la mar.






Até a proxima.