"As letras fuxen, esquécense, pero hoxe conseguín pór parte de min nesta proclama."

Meses culturais (setembro, outubro)

| sexta-feira, novembro 06, 2009
Libros:
  1. Retorno a Tagen Ata. Xosé Luís Méndez Ferrín.
  2. Laio polo irmán ausente. Castelao no epistolario de Otero Pedrayo e outras voces. Ed. Xesús Alonso Montero. Impresionante calidade das cartas escolmadas. Realmente póñenche un nó no corazón e decátaste da inmensa figura que foi Castelao.
  3. Ensaio sobre a lucidez. José Saramago. Lino en portugués. Nunca lera nada de Saramago e gustoume, a verdade.
  4. As moscas. Jean-Paul Sartre (tradución de Xosé Manuel Beiras). Sorprendeume esta peza teatral, verdadeiramente pecha en pouco espazo unha calidade sen límites. A culpa, a vinganza, o deber, todo nunha peza curtiña.
  5. O crepúsculo e as formigas. Xosé Luís Méndez Ferrín. Son un namorado do conto Unha chinche durme no teito.
Filmes:
  1. Futurama: Into the Wild Green Yonder. 7.
  2. Gran Torino. 9,2.
  3. Changeling. 8.
  4. The Notebook. 7.
  5. Watchmen. 6,5.
  6. Pi. 5,5. Sorprendente, aínda que ás veces algo exasperante (precisamente iso busca o filme). Vese xa o estilo de Aronofsky.
  7. Wo de fu qin mu qin. 6.
  8. Factotum. 7.
  9. District 9. 6. Contén moitos detalles interesantes, penso que é un bo intento de filme, con moita intención.
  10. Land and Freedom. 6. Un pouco trosco-anarca para min, pero é un bo filme. Mágoa que na escena do debate sobre a colectivización apareza de cando vez o micro pola zona de arriba.
  11. Children of Men. 9. Moi, moi, moi sorprendente. Cun estilo que lle acae moi ben, e escenas de moito poder.
Música: déixovos coa música dos grupos que vou ver en concerto este mes de novembro.

Rise Against - Savior


Rammstein - Mein Herz Brennt

3 comentários:

Ninsesabe disse...

Gran Torino gustoume moito cando a vin.
Resulta moi interesante, e gratificante, a deriva emprendida por Clin Eastwood dende os seus principios de actor ata estes momentos detrás da cámara.
A verdade é que as súas últimas son francamente extraordinarias.
Ultimamente, a min gustoume moito "El secreto de sus ojos". ¿Víchela?
Das outras que citas...¡non vin ningunha! Teño que poñerme ao día...

Alberte disse...

Pois non a vin, pero xa está baixada ;)

A verdade que non es o primeiro que me fala ben do filme. Así que xa está entre as de prioritario visionado.

Alberte disse...

Ala, xa me puxen co tema e vin El secreto de sus ojos. Boísima. Grazas por recomendarma. A ver se lle boto unha ollada ó resto de Campanella.