Manifestación "Queremos Galego" 21-01-2010 from SonCine on Vimeo.
Queremos galego!
A Galipedia e o vandalismo (IV)
o acivro é unha merda ke se distrue entre dous e muliplícase en mileiros situase nas fragasEn Galicia dáse, fundamentalmente, na serra de San Mamede (concellos de Maceda, Montederramo, Vilar de Barrio e Laza), na serra dos Ancares, en O Incio, no val do Lóuzara, no monte Oribio (Concello de Samos), no Courel (especialmente na Devesa da Rogueira, e preto da costa) como na fraga de Caaveiro ou no concello de Gondomar, na parroquia de Morgadáns
Creación de "Xogos Olímpicos de 2016"
galiza porque non se presentara para obter unha candidatura de xogos olimpicos, galiza pode con todo o que lle poñen en riba galiza ceibe
Emilio alvarez blazquez hermano de xosé maria alvarez blazquez famoso escritor gallego por sus poesías incluyó a su hermano emilio en un poema precioso recomendado los dos formaron una gran patria y dirigieron a galicia a lo mas alto de la poesia llegando a que mucha gente de fuera de galicia recomendase y leyera libros a mucha gente de otros países la verdad es que emilio no llegó a tener tanta fama nunca como su hermano xosé maría pero aún así él se esforzó para que la gente se interesase por sus poemas que según emilio y su hermano xosé maría refejaban la verdad de muchas cosas que ocurrían por el mundo y centralmente en galicia porque emilio queria que la gente se diera cuenta de lo que estaba pasando que no era una broma que las guerras tenían que acabar ya no se podia esperar mas estaba muriendo mucha gente y esto lo reflejó en bastantes poemas como: sangue (sangre en castellano),guerras, muerte... escritor a mi opinión memorable que debería estar en nuestras maentes para siempre como recuerdo de un escritor que nunca murió garcias a sus poemas en nuestras mentes que habra que recordar en un futuro para que la gente vea lo que en realidad estaba pasando en aquellos tiempos y que claramente emilio reflectaba que no queria que ocurriesen las mismas cosas en el futuro que el mundo se estaba quedando sin juventud mandando a niños pequeños a guerras el pedia en cada poema mandenme a mi no aniños con toda la vida por delante nunca consiguió que parasen pero lo intentó y eso nunca deberíamos borrar para mi estos hechos deberian ser memorables en todo tipo de persona incluso en lamas despreciable para que se de cuenta de lo que se esta perdiendieno tirado por la calle.
GRACIAS POR LEER ESTE TEXTO
FMDO:
SU AMIGO PARA SIEMPRE
en mi opinión, es el libro más penoso que se puede escribir. este hombre va de guay y no llega a chachi. te crees una eminencia literaria gallega y no sabes ablar gallego! se dice impecable, no impecabel, aprende a hablar, y no difundas una lengua propia de los neandertales. a mi amiga le caes bien. a mi ni me viene ni me va, pero te respeto, a pesar, en mi opinión, de que HABLAS MAL
Aínda teño material de abondo para facer sucesivas continuacións. Pero todo hai que dicilo, o vandalismo nos últimos tempos reduciuse moito, o que é unha boa nova para os que estamos alí fuchicando.
Meses culturais (setembro, outubro)
- Retorno a Tagen Ata. Xosé Luís Méndez Ferrín.
- Laio polo irmán ausente. Castelao no epistolario de Otero Pedrayo e outras voces. Ed. Xesús Alonso Montero. Impresionante calidade das cartas escolmadas. Realmente póñenche un nó no corazón e decátaste da inmensa figura que foi Castelao.
- Ensaio sobre a lucidez. José Saramago. Lino en portugués. Nunca lera nada de Saramago e gustoume, a verdade.
- As moscas. Jean-Paul Sartre (tradución de Xosé Manuel Beiras). Sorprendeume esta peza teatral, verdadeiramente pecha en pouco espazo unha calidade sen límites. A culpa, a vinganza, o deber, todo nunha peza curtiña.
- O crepúsculo e as formigas. Xosé Luís Méndez Ferrín. Son un namorado do conto Unha chinche durme no teito.
Filmes:- Futurama: Into the Wild Green Yonder. 7.
- Gran Torino. 9,2.
- Changeling. 8.
- The Notebook. 7.
- Watchmen. 6,5.
- Pi. 5,5. Sorprendente, aínda que ás veces algo exasperante (precisamente iso busca o filme). Vese xa o estilo de Aronofsky.
- Wo de fu qin mu qin. 6.
- Factotum. 7.
- District 9. 6. Contén moitos detalles interesantes, penso que é un bo intento de filme, con moita intención.
- Land and Freedom. 6. Un pouco trosco-anarca para min, pero é un bo filme. Mágoa que na escena do debate sobre a colectivización apareza de cando vez o micro pola zona de arriba.
- Children of Men. 9. Moi, moi, moi sorprendente. Cun estilo que lle acae moi ben, e escenas de moito poder.
Rammstein - Mein Herz Brennt
18-O
Todos a Compostela, todos co galego, témo-los mesmo dereitos.
Verán cultural (xuño, xullo e agosto)
- El Capital, versión resumida de Gabriel Deville. Karl Marx. Pouco hai que engadir xa a todo o dito sobre este ensaio.
- A conxura dos necios. John Kennedy Toole. Impresionante libro, que conta cun particular humor moi logrado.

- Leatherheads. 4.
- Terminator Salvation. 6.
- O carro e o home. 8.
- Das Leben der Anderen. 7.
- Les quatre cents coups. 8,5. Xa levaba tempo querendo botar unha ollada a esta obra de Truffaut.
- Llach: La revolta permanent. 8.
- Le scaphandre et le papillon. 9.
- Annie Hall. 7.
- Nuovo cinema Paradiso. 9. Homenaxe ó cine e ó amor, e mailo amor ó cine. Impagable final, cunha banda sonora excelente. Desexoso estou de ve-lo novo de Tornatore que se estreou en Venecia.
- Idi i smotri. 8,5. Filme soviético frío e cruel (é dicir, realista para os feitos que describe). Despois de ver este filme decátaste de que o cine americano está máis preocupado por deixar como heroes ós seus que en ofrecer tramas complexas emocionalmente (falo en xeral, claro).
- Big. 5.
- Red Eye. 3.
- 8MM. 5.
- Temporada 92-93. 7.
- Låt den rätte komma in. 9. Impresionante a escena da piscina, unha marabilla de planteamento e rodaxe.
- Ong bak 2. 3.
- Il divo. 7. Quizais non puiden disfrutar do filme todo o que podería por non ter unha base máis ampla de coñecemento sobre a historia de Italia, e sndo así acabas perdéndote un pouco nos nomes. Aínda así recomendadísimo o seu visionado.
- Life as a House. 5.
- Apocalypto. 7.
Adelleda - Alexisonfire
Suicide and Redemption - Metallica
Querer, non poder
desprazada e sabendo que non ten poder nin se digna en intentalo. Sómo-lo froito do capitalismo máis desmesurado, dunha organización económica global da que non nos sentimos partícipes (senón, como dixen, desprazados) e que se foi perfeccionando durante décadas até alcanzar o seu cénit nos anos nos que abríamo-los ollos ó mundo, coa ilusión da mocidade. Mais en ningún momento, coido, a miña xeración chegou a te-la sensación de poder muda-lo mundo. O mundo era un todo moi ben engraxado, unha máquina feroz, impersoal, poderosa, contra a que non podiamos loitar. A batalla démola por perdida antes de comezar, só cabía a opción de atopar un nicho no que nos atopar cómodos para disfrutar. Eis un dos males dos que adoece, en xeral, a mocidade. Porén, os mozos que se mantiveron sempre á espreita, e aínda os que non, ven derrubarse o mito dunha sociedade inmutable, e poden albiscar de novo que se existir un novo mundo máis xusto, ceibe e democrático, este precisará de tódala forza que lle poidan dar. Aínda estamos a tempo de construí-lo mundo! Cómpre arramplar coa preguiza, as pequenas batallas que nos precisan xurden día a día, e Galiza é terra chea de posibles/futuras vitorias. A lingua, o emprego (o metal, o téxtil, o naval, a pesca, a gandaría...), os servizos públicos (sanidade, educación...), o medio ambiente, o patrimonio inmaterial e material; todo queda aínda por salvar, todo queda por facer.Cada xeración, sen dúbida, crese condenada a reface-lo mundo. A miña sabe, no entanto, que non o reformará. Mais a súa tarefa pode que sexa aínda maior. Ela consiste en evitar que o mundo se desfaga. - Albert Camus, 1957.
Aí falaches meu, pero pode que, á fin, a miña xeración non crea de todo na imposibilidade de reforma-lo mundo. O querer e non poder ten que ir camiño do desterro. Niso estamos.
Nota: este texto saíu espontáneo cando quería escibir, realmente, sobre a miña pouca ou nula calidade literaria, daí o de "querer e non poder". A miña intención quedou, como se ve, na primeira frase.
Galiza está que ferve
E é que o goberno unipartito de Feijóo, que chegou ó poder sen ningunha proposta (as poucas que tiñan xa as incumpriron, como a da austeridade), está a actuar sobre a marcha, e colleuna coa lingua de noso, o galego. E pouco teño que engadir ó que se escribiu nestas últimas semanas por parte de xornalistas, blogueiros, asociacións ou colectivos.
Primeiramente farei un resumo da situación: o conselleiro de educación, Jesús Vázquez, ten a intención de elimina-lo decreto do galego, e para ilo ocorréuselle mandar unha enquisa ós pais dos que teñen fillos na actualidade no sistema educativo (porque non ós que os van ter o ano que vén?), para enceta-lo seu novo plan, que xa conta coa oposición frontal de BNG e PSOE (de aprobarse, pois, sería outra promesa incumprida do señor Feijóo). Ademais da absoluta ilegalidade que conleva este feito, asaltan ducias de dúbidas: os pais de tres fillos poden votar tres veces ou o seu voto conta 3 veces máis cós dos que teñen un? Que seguridade hai de que o inquérito, nun papel sen ningún tipo seguridade, sen censos, sen recontos, non sexa manipulado? Calquera podería elimina-los papeis completados e poñerse a facer unha chea de papeis cos resultados ó seu gusto e presentalos como enviados polos pais. Sería imposible sabelo. A parte diso, para mante-lo nivel de galego que hai na actualidade nas escolas e institutos habería que poñer "a maioría en galego" ou "todo en galego". Salienta-lo científico da enquisa: entre outras opcións a escoller está "unhas [asignaturas] en galego, outras en castelán", si señor, moi científico. Tamén chama a atención que non haxa unha opción que poña "mante-lo decreto actual, aprobado por maioría no Parlamento de Galiza". Tamén ten chiste que a parte escrita en galego conteña erros de ortografía. Ademais, o custe desta enquisa ilegal será de 70 mil euros por día (u-la austeridade?). Todo isto parece coña, desgraciadamente non o é, e para culminalo dende a consellería prohibiuse a información sobre o inquérito nos centros de ensino. Viva a democracia! Confiemos en que, todo este despropósito sexa rexeitado pola xustiza, como en virtude debe ser.
Pero todo isto, serviu de algo, e é que a cidadanía ferve. A manifestación a prol do galego do 17 de maio, foi a meirande manifestación en defensa do galego da Historia, e dende o espírito de Nunca Máis non se via nada semellante. Tamén se pronunciaron a prol do galego estudantes no estranxeiro, cuxo manifesto conta con 217 adhesións, tamén científicos galegos que traballan no CERN, a institución científica máis prestixiosa do mundo, fixeron un manifesto en resposta a unhas declaracións galegófobas do voceiro da Congapa, que dicía que as matemáticas e as químicas non poden darse en galego, por ser un retroceso, debido a que estas asignaturas conteñen moitas nomenclaturas internacionais (como se as nomenclaturas internacionais fosen en castelán!). Pero sigamos: as equipas de normalización lingüística, os sindicatos e diversas organizacións tamén realizaron un manifesto incidindo na ilegalidade da consulta e a vixencia do actual decreto. Tamén o departamento de galego da USC, lanzou o seu manifesto, do mesmo xeito cá Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, a Nova Escola Galega, ILG, RAG, AELG, cidadáns (1), curas, a Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, así como o seu departamento de Filoloxía galega e latina, o departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da Universidade da Coruña mestres galegos da Universitat Autònoma de Barcelona e mesmo mestres de lingua castelá. Lanzouse tamén un tríptico para informar ós pais, titulado As linguas suman, e escribíronse fermosos artigos coma os de Manuel Rivas ou Henrique Monteagudo en páxinas do xornal El País, ou discursos coma o de Agustín Fernández Paz durante os Premios Xerais. Naceu tamén unha plataforma con vontade plural, denominada ProLingua.
En definitiva, a sociedade galega está en pé de guerra contra o goberno Feijóo. Participemos todos desta pequena revolución.
Máis anotacións de interese: Restar para eliminar, Monolingüismo, La libertad como pretexto, ¡Gracias, Androcles!, Fausto e Mefistófeles, Dúbidas, Cando Flaubert falou de 'merde', Que parezca una decisión democrática, Carta duns pais, Breve dossier sobre os ataques á lingua e á cultura galegas, Que boíños son!, Exasperación galegófoba, Acúsome seriamente.
Este artigo apareceu, en versión algo resumida, n'A Peneira, segunda quincena de xuño.
Meses culturais (decembro, xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio)
Libros:

- El Eternauta. H.G. Oesterheld. Espectacular banda deseñada, do melloriño que levo lido. Xunto a Maus, o meu preferido, e creo que gaña este.
- Harry Potter y las reliquias de la muerte. J.K. Rowling. Non tiña pensado lelo, pero un amigo convenceume e prestoumo. Creoq ue xa estou maior para Harry Potter, pero xa que lin os outros 6... Non me pareceu gran cousa o derradeiro libro da saga.
- Memoria de mis putas tristes. Gabriel García Márquez. Unha historia curta, ben contada e interesante.
- Dr. Jekill e Mr. Hyde. Robert Louis Stevenson. Encantoume esta mítica historia que aínda non lera.
- Traballo de campo. Seamus Heaney. Interesante obra da que non gocei na súa totalidade por ser quizais demasiado hermética para min (evidentemente ese problema é meu, non do libro).
- Robinson Crusoe. Daniel Defoe. Outro que me gustou moito. É xenial o xeito que ten o autor de non embarullarse a conta-la historia de Crusoe na illa, e ligar todo perfectamente.
- Diario. Anne Frank. Este diario magoa o corazón, por coñecérmo-lo destino dos seus protagonistas. Anne debulla o seu día a día, os seus conflitos e, sobre todo, o pensamento dunha moza da súa idade: a reclusión sobre si mesma e afastamento dos pais, o namoramento...
- Bailarei sobre a túa tumba. Berta Dávila. Pois en parte síntome identificado con esta novela. Coa protagonista, quero dicir, xa que eu tamén deixei Galiza e os amigos por ir a Madrid, e non é cousa doada o facelo. Ah, e tamén saio por Malasaña.
- El médico. Noah Gordon. Prestáronme este libro, e non me convenceu. Aínda así ten algún detalle de interese.
- Fin de século en Palestina. Miguel Anxo Murado. Impresionante! Só podo dicir iso. Palestina país de pedra.
- Berlín. Ciudad de piedras. Jason Lutes. Quedeime un pouco a medias con este cómic, quizais porque é a primeira parte dunha triloxía. Quedan moitos cabos abertos, así que haberá que le-los seguintes.
- 16 poemas galegos para Ernesto Che Guevara contra a súa morte. VV.AA. Moi interesante escolma de poemas encol do Che.
- Xornal de prisión. Ho Chi Minh. Este xornal de prisión son unha serie de poemas escritos polo Tio Ho nas prisións chinesas. Neles canta a todo, dende paisaxes, enfermidades e as condicións carcelarias ata á liberdade e compañeirismo.
- Blue Moon. Xosé Carlos Caneiro. É unha boa historia, mais é, para o meu gusto, demasiado preciosista, mesmo pedante. En ocasións isto desmerece a grande historia que conta.
- Crónicas de la Guerra Civil. Un poeta en el frente. Miguel Hernández. Unha faceta que descoñecía ata o de agora de Hernández. E gustoume moito.
Filmes:
- O Ciclo A Lingua animada: vinme tódolas curtas e destaco Os defuntos falaban Castelao e A escola das areas (que semella que aconteceu onte mesmo).
- Be Kind Rewind. 7,5.
- Superbad. 8. Que queredes... fíxome graza, non é a típica peli adolescente, ou si pero facendo graza.
- Iron Man. 5.
- The Faculty. 6. Esta foi en realidade a terceira vez que a vin. Bótana moito en Antena 3.
- Monty Python and the Holy Grail, 7.
- Wanted. 3.
- The Last Legion. 2.
- Get Smart. 4.
- Next. 3.
- Borat. 5.
- There Will Be Blood. 9. Fantástica, impresionante comezo. Impresionante escea cando o neno queda xordo.
- Zivot je cudo. 8. Non sei cal é o nome que empregaron en castelán porque vin o filme na tele e collino xa empezado. Un absoluto desparate, gustoume.
- Juno. 7.
- Bikur Ha-Tizmoret. 8.
- The Coversation. 8.
- Funny Games (1997). 8,5.
- Death of a President. 6,5.
- W. 6.
- Vera Drake. 7.
- Free Zone. 5.
- In the name of the Father. 9.
- My Beautiful Laundrette. 5.
- Before the Devil Knows You're Dead. 9.

- 4 luni, 3 saptamâni si 2 zile. 5.
- To Kill a Mockingbird. 8.
- The Diary of Anne Frank. 4.
- Porky's. 5.
- Man on Wire. 8,5.
- The Mist. 8.
- Vals Im Bashir. 9.
- Léolo. 6.
- Gomorra. 7.
- Slumdog Millionaire. 8. Inmerecido Oscar.
- The Curious Case of Benjamin Button. 7.
- The Wrestler. 9.
- Los cronocrímenes. 8.
- The Piano. 7.
- Swimming Pool. 6.
- The Assassination of Richard Nixon. 6.
- Monsieur Ibrahim et les fleurs du Coran. 7.
- Bedazzled. 5.
- Knowing. 5.
- Dragonball Evolution. 2.
- Futurama: Bender's Game. 8.
Música:
Biffy Clyro - Glitter and trauma
Biffy Clyro - Mountains
Biffy Clyro - Get Fucked Stud
A Peneira, xaneiro 2009
Chumbo sobre Palestina
Escribiu Mahmoud Darwish, poeta palestino (e dende 2006 Poeta Galego Universal grazas ó premio da AELG) nun poema de seu o desexo para a súa patria en cativerio da liberdade de finar consumida de amor. Desgraciadamente este escritor, considerado o poeta nacional ou poeta da resistencia deixounos o 9 de agosto pasado, e canda el tamén se foi un referente, un símbolo da loita palestina no eido cultural.
Quero tamén salientar, nestes tempos de chumbo, como o foron sempre, a novela gráfica de Joe Sacco titulada “Palestina. En la franja de Gaza”, froito da viaxe do autor a Israel, Cisxordania e mais Gaza durante a Primeira Intifada. Aterrecedora crónica dun pobo asoballado, que foi expulsado dos seus pobos (os cales na súa meirande parte foron destruídos), obrigados a vivir coma refuxiados, condenados a te-lo fillo no cárcere e o irmán morto, a que as súas oliveiras sexan cortadas, a que as súas casas sexan atacadas por colonos, a vivir nun recuncho da súa terra afogada economicamente sen poder saír da súa casa pola despois do toque de queda. Se algún autor intrépido entrara hoxe en territorio palestino, vería o mesmo que Sacco e aínda peor: agora vería un muro en Cisxordania, un bloqueo económico, alimenticio e médico á faixa de Gaza terrible, que a converte nun enorme campo de concentración ó aire libre (de feito é o territorio máis densamente poboado do planeta). E agora, o estado de Israel, cuxos representantes se pasean con total impunidade por Europa, decide bombardear o campo de concentración coas miras ben postas nas eleccións israelís de febreiro, nas que xa foi prohibido que os partidos árabes concurran a elas.
Non quero terminar sen recomenda-lo imprescindible libro “Fin de século en Palestina”, de Miguel-Anxo Murado, marabilloso relato de opresión e abafamento. Aproveitemos este tempo para coñece-los horrores que, mesmo nos libros de ficción son tan dífíciles de acadar.


