desprazada e sabendo que non ten poder nin se digna en intentalo. Sómo-lo froito do capitalismo máis desmesurado, dunha organización económica global da que non nos sentimos partícipes (senón, como dixen, desprazados) e que se foi perfeccionando durante décadas até alcanzar o seu cénit nos anos nos que abríamo-los ollos ó mundo, coa ilusión da mocidade. Mais en ningún momento, coido, a miña xeración chegou a te-la sensación de poder muda-lo mundo. O mundo era un todo moi ben engraxado, unha máquina feroz, impersoal, poderosa, contra a que non podiamos loitar. A batalla démola por perdida antes de comezar, só cabía a opción de atopar un nicho no que nos atopar cómodos para disfrutar. Eis un dos males dos que adoece, en xeral, a mocidade. Porén, os mozos que se mantiveron sempre á espreita, e aínda os que non, ven derrubarse o mito dunha sociedade inmutable, e poden albiscar de novo que se existir un novo mundo máis xusto, ceibe e democrático, este precisará de tódala forza que lle poidan dar. Aínda estamos a tempo de construí-lo mundo! Cómpre arramplar coa preguiza, as pequenas batallas que nos precisan xurden día a día, e Galiza é terra chea de posibles/futuras vitorias. A lingua, o emprego (o metal, o téxtil, o naval, a pesca, a gandaría...), os servizos públicos (sanidade, educación...), o medio ambiente, o patrimonio inmaterial e material; todo queda aínda por salvar, todo queda por facer.Cada xeración, sen dúbida, crese condenada a reface-lo mundo. A miña sabe, no entanto, que non o reformará. Mais a súa tarefa pode que sexa aínda maior. Ela consiste en evitar que o mundo se desfaga. - Albert Camus, 1957.
Aí falaches meu, pero pode que, á fin, a miña xeración non crea de todo na imposibilidade de reforma-lo mundo. O querer e non poder ten que ir camiño do desterro. Niso estamos.
Nota: este texto saíu espontáneo cando quería escibir, realmente, sobre a miña pouca ou nula calidade literaria, daí o de "querer e non poder". A miña intención quedou, como se ve, na primeira frase.



Sem comentários:
Enviar um comentário