Buceando polo Youtube atopeime cun vídeo dos meus compañeiros do ximnasio Tao realizando unha exhibición no Festival des Arts Martieux 2006 celebrado en París. Xunto con algún destes compañeiros quedei Campión de España de exhibición no ano 2001 en Ciudad Real. Que recordos, se non houbera deixado o Taekwondo ó mellor estaba en París con eles, aínda que fora mirando. Por certo que na noticia que fixeron deste evento en Vieiros puxeron unha foto na que aparezo eu (eu son o do cinto verde).
Ademais teño entendido que dous dos que aparecen no vídeo van tentar batir o Record Guinnes de mortais rompendo táboas nun minuto.
Sen máis déixovos co vídeo. Que o disfrutedes.
Mostrar mensagens com a etiqueta Deporte. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Deporte. Mostrar todas as mensagens
Beizóns
|
Noraboa e grazas por facer máis grande este xa de por si gran deporte, onde se amosa o verdadeiro sacrificio e superación persoal. Beizóns Óscar.
De despedidas e bágoas
|
terça-feira, junho 27, 2006

Caeu. Despediuse inxustamente do mundial a selección Suíza ante unha Ucraína que trabou o xogo, mágoa. Aínda por riba errou unha penalidade o galego-suízo ou galaico-helvético Ricardo Cabanas. Menos mal que ó día seguinte chegou unha nova que me resarciu: as notas da selectividade.Poño aquí as miñas notas por se se pasa algún profesor (que sei que me visitan) e lles interesa:
Castelán - 9
Galego - 7,5
Historia - 9,5
Inglés - 4 (aaghhhh)
Matemáticas - 5
Física - 6,5
Electrotecnia - 8,5
Así que, visto o visto, voume a estudar a Madrid. Exíliome voluntariamente para estudar Enxeñaría forestal. Seguirei escribindo no blog contando o que pasa por alí e mirando atentamente Telemadrid para escoitar o que se di do Estatuto de Galicia e do BNG (eses "independentistas radicales"). Por certo, que carallo é eso de carácter nacional? A palabra que nos identifica é tan curtiña e tan sinxela como NACIÓN. O BNG xa non vai á "beira" e navega moi polo centro. Mentres escribo perdeu España. Mágoa por Luis Aragonés, Cesc e Xavi (os únicos que non me parecen uns soberbios).
Mundial
|
segunda-feira, junho 26, 2006
Vivimos nun planeta mundializado. Todo xira estes días en torno ó Mundial de Fútbol de Alemaña 2006. Onte por exemplo pasou Portugal a cuartos de final tras un xogo contra Holanda moi duro. Esto lévame a pensar se no fútbol todo vale, e fagas o que fagas todo queda no campo. Pregúntome por exemplo se aquela agresión brutal a Arango debe quedar só en tarxeta vermella ou se deberían iniciar accións legais contra o agresor.
De tódalas formas o fútbol non é só eso, senón que tamén son goles, emoción, regates... Pero que emoción ten para min este Mundial? Pois é directamente proporcional ó número de galegos que xogan nel. É por iso polo que apoio a Suíza e quero que gane, pois na súa equipa conta co xogador galego Ricardo Cabanas.
A verdade é que resulta triste ver o ben que o pasan os afeccionados doutros países e nós ficamos sen poder competir en torneos oficiais. O xogo contra Uruguai non foi suficiente. Queremos á Selección galega no mundial. Se foi Togo por que non imos ir nós? Ademais que os medios españois continúan a fomentar un patriotismo folklórico baseándose nos típicos tópicos españois, Spain is different! Os afeccionados españois tampouco non contribúen moito e seguen a levar os mesmos tópicos ó estranxeiro:toros, paella, sevillanas, o ¡Que viva España!, etc. Estamos nas mesmas...A pesares de todo isto estou disfrutando con este Mundial polo gran nivel de fútbol e de goles que está a haber. Cucurrucucúuuuuuuuu... paloma!
Selección galega
|
quinta-feira, dezembro 22, 2005
A selección galega estrease o xoves 29 de decembro ante a selección de Uruguai, que guay (este chiste xa sei que é moi malo polo que non mo teñades en conta). E eu aínda fico sen entradas. McGyver (Deus) queira que haxa entradas o mesmo día do partido en San Lázaro.O da selección galega era un cravo que dende facía anos estaba no subconscente da xente. A nova de que se ía preparar o primeiro partido da selección galega encheume de ilusión, pero non deixo de estar decepcionado en diversos aspectos:
Fai un mes lera nun xornal que nas camisolas ía por en letras grandes GALIZA, mais eso non sucedeu. E no canto do nome da nosa terra púxose un cutre Selección galega.
Tamén decepcionoume en certa medida ter dous adestradores "titulares". É evidente que ningunha selección do mundo que eu saiba ten dous adestradores. Ademais un deles xa adestra a un equipo, e normalmente os adestradores adícanse exclusivamente á selección.
A elección de San Lázaro non me disgusta porque é a capital de Galiza pero gustaríame que o partido fora nun estadio algo máis grande para que máis xente puidera acoder ó debut da nosa selección.
Mais de todos modos agradezo o esforzo da Secretaría Xeral para o Deporte Galego o seu profundo interese de por en camiño este proxecto. Así que todos a animar á selección xa sexa dende a casa ou no propio estadio.Tamén quero reivindicar que se apoie ós outros deportes, como o taekwondo, que é moi practicado na Galiza e do que están a sair auténticas figuras moi pouco coñecidas e apoiadas. Sobor de todo hai que apoiar ó deporte base co patrocinio de campeonatos e facilitar trasporte gratuíto para desprazar ós competidores dende a cidade máis próxima ata o lugar do campionato. Pois aquí fica a miña reivindicación e ,todos a animar á Selección de Galiza!
PD: Xa teño entrada! E quérovos ver a todos na manifa de siareiros que comeza en Praterías e vai ata San Lázaro.
Subscrever:
Mensagens (Atom)


