"As letras fuxen, esquécense, pero hoxe conseguín pór parte de min nesta proclama."

Mundial

| segunda-feira, junho 26, 2006
Vivimos nun planeta mundializado. Todo xira estes días en torno ó Mundial de Fútbol de Alemaña 2006. Onte por exemplo pasou Portugal a cuartos de final tras un xogo contra Holanda moi duro. Esto lévame a pensar se no fútbol todo vale, e fagas o que fagas todo queda no campo. Pregúntome por exemplo se aquela agresión brutal a Arango debe quedar só en tarxeta vermella ou se deberían iniciar accións legais contra o agresor.

De tódalas formas o fútbol non é só eso, senón que tamén son goles, emoción, regates... Pero que emoción ten para min este Mundial? Pois é directamente proporcional ó número de galegos que xogan nel. É por iso polo que apoio a Suíza e quero que gane, pois na súa equipa conta co xogador galego Ricardo Cabanas.

A verdade é que resulta triste ver o ben que o pasan os afeccionados doutros países e nós ficamos sen poder competir en torneos oficiais. O xogo contra Uruguai non foi suficiente. Queremos á Selección galega no mundial. Se foi Togo por que non imos ir nós? Ademais que os medios españois continúan a fomentar un patriotismo folklórico baseándose nos típicos tópicos españois, Spain is different! Os afeccionados españois tampouco non contribúen moito e seguen a levar os mesmos tópicos ó estranxeiro:toros, paella, sevillanas, o ¡Que viva España!, etc. Estamos nas mesmas...

A pesares de todo isto estou disfrutando con este Mundial polo gran nivel de fútbol e de goles que está a haber. Cucurrucucúuuuuuuuu... paloma!

Sem comentários: