

Poño aquí as miñas notas por se se pasa algún profesor (que sei que me visitan) e lles interesa:
Castelán - 9
Galego - 7,5
Historia - 9,5
Inglés - 4 (aaghhhh)
Matemáticas - 5
Física - 6,5
Electrotecnia - 8,5
Así que, visto o visto, voume a estudar a Madrid. Exíliome voluntariamente para estudar Enxeñaría forestal. Seguirei escribindo no blog contando o que pasa por alí e mirando atentamente Telemadrid para escoitar o que se di do Estatuto de Galicia e do BNG (eses "independentistas radicales"). Por certo, que carallo é eso de carácter nacional? A palabra que nos identifica é tan curtiña e tan sinxela como NACIÓN. O BNG xa non vai á "beira" e navega moi polo centro. Mentres escribo perdeu España. Mágoa por Luis Aragonés, Cesc e Xavi (os únicos que non me parecen uns soberbios).
1 comentário:
Moi ben, non esperaba menos en castelán e o de historia foi unha marabilla, lástima que non podamos competir coas ciencias neste mundo tecnolóxico! Agora a disfrutar das vacacións e prepararse para novas experiencias. Unha aperta.
Enviar um comentário