Recomendacións tendenciosas
|
sexta-feira, junho 23, 2006
Como bo e aplicado alumno que son, non teño outra que recomendar os libros dos meus mestres. Eu que pensaba que pasaban todo o día a rañar a barriga e correxir un par de exames, pero semella que estaba equivocado.
O primeiro mestre meu con libro editado é Héitor Mera. Ó mellor o coñecedes por ser o que xestiona Cartafol de libros. Deume clase cando eu estaba na ESO, nun colexio de monxas (si, estiven nun colexio de monxas), e todos agardabamos que chegara a súa clase para falar do Prestige. Ademais inchábanos as notas e até saquei algún sobresaínte en historia (daba historia e galego). O seu libro é Conversas con Bernardino Graña, editado por Xerais. Recomendado.
O segundo tamén é mestre de historia, pero desta vez deume clase no instituto. Ten varios libros editados por A Nosa Terra. O seu nome é Bieito Alonso. Aquí van algúns dos seus libros: Antón Alonso Ríos. Crónica dunha fidelidade, Breve historia do nacionalismo galego, Historia de galicia (I-II) (xunto a máis autores), Historia xeral de Galicia (xunto a máis autores), O exilio de Castelao, O sindicalismo nacionalista galego 1972-1982 (xunto con Bernardo Máiz) e o último Obreiros alén mar. Mariñeiros, fogoneiros e anarquistas galegos en New York. Todos eles recomendados.
O derradeiro mestre en sumarse á nómina de profe meu con libro é o meu mestre de matemáticas Fernando Saco, que acaba de sacar do prelo o libro Os irmáns Saco. Ou a loita galeguista baixo o franquismo, tamén editado por A Nosa Terra. Recomendado.
Semella que tiven uns mestres moi literatos. Teño que dicir que recomendo todos, pero non lin ningún (jeje). Espero ter tempo e diñeiro este verán para mercar algún e enfrascarme na lectura.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário