O da selección galega era un cravo que dende facía anos estaba no subconscente da xente. A nova de que se ía preparar o primeiro partido da selección galega encheume de ilusión, pero non deixo de estar decepcionado en diversos aspectos:
Fai un mes lera nun xornal que nas camisolas ía por en letras grandes GALIZA, mais eso non sucedeu. E no canto do nome da nosa terra púxose un cutre Selección galega.
Tamén decepcionoume en certa medida ter dous adestradores "titulares". É evidente que ningunha selección do mundo que eu saiba ten dous adestradores. Ademais un deles xa adestra a un equipo, e normalmente os adestradores adícanse exclusivamente á selección.
A elección de San Lázaro non me disgusta porque é a capital de Galiza pero gustaríame que o partido fora nun estadio algo máis grande para que máis xente puidera acoder ó debut da nosa selección.
Mais de todos modos agradezo o esforzo da Secretaría Xeral para o Deporte Galego o seu profundo interese de por en camiño este proxecto. Así que todos a animar á selección xa sexa dende a casa ou no propio estadio.
Tamén quero reivindicar que se apoie ós outros deportes, como o taekwondo, que é moi practicado na Galiza e do que están a sair auténticas figuras moi pouco coñecidas e apoiadas. Sobor de todo hai que apoiar ó deporte base co patrocinio de campeonatos e facilitar trasporte gratuíto para desprazar ós competidores dende a cidade máis próxima ata o lugar do campionato. Pois aquí fica a miña reivindicación e ,todos a animar á Selección de Galiza!
PD: Xa teño entrada! E quérovos ver a todos na manifa de siareiros que comeza en Praterías e vai ata San Lázaro.
Sem comentários:
Enviar um comentário