Libros
- Xuño
- Sempre en Galiza, de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao: era a segunda lectura que lle botaba, pero desta vez foi o libro que lin durante o ano no Metro. E con lapis na man.
- Romeo e Xulieta, de William Shakespeare: aínda que pareza mentira é o primeiro libro de William Shakespeare que se me dá por ler, e hai que dicir que o tío escribía de puta nai.
- Crime e Castigo, de Fiódor Dostoievski: outro que escribe que dá gusto. Este longo libro tívome atrapado unhas semanas e foi o primeiro libro da miña vida que levei á praia.
- Contos, de Edgar Allan Poe: xa vedes que en xullo mandeille todo obras mestras da literatura. Persoalmente o gustoume moito o conto Hop-Frog.
- A liña de sombra, de Joseph Conrad: gustoume moito esta novela curta que fala do paso cara a madurez e na que aparece un tal Señor Burns, hehe.
- Rebelión en la granja, de George Orwell: este foi o único libro do verán que lin traducido ó castelán, pero é que estes de Faro de Vigo non se dignan a facer unha colección en galego. O libro é tremendo e chegas a pensar "cago na puta, é que os animais non se dan conta ou que?", pero nós tampouco nos damos ben de conta do que pasa hoxe.
- Cancionero y romancero de ausencias, de Miguel Hernández: deste libro é seguro que o poema máis famoso é o de "Nanas a la cebolla".
- A sinfonía pastoral, de André Gide: interesante libriño que se le nunha patada.
Cine: todas aptas agás Piratas do Caribe 2.
- Stalingrado
- Salvador (Puig Antich)
- El nombre de la rosa
- Piratas de Caribe 2
- Olvidate de mí
- Mulholland Drive
- Shrek Tercero
- Memento
- Zoolander
- El caso Slevin
- El efecto mariposa
- Infiltrados
- Los Simpson: La película
- Las tortugas también vuelan
- El cabo del miedo
- Casablanca
Música: unha pequena mostra da nova música que andiven escoitando este verán. Música tranquiliña.
Travis
The White Stripes
Smashing Pumpkins
4 comentários:
Aproveito pra saudar e pra desexarche pacencia, ;)
Curiosamente todos os libros que citas leínos fai moito tempo...Con Crimen e Castigo pasoume como a ti, enganchoume totalmente, a personalidade de Rodia Raskólnikov é fascinante.
Os Contos de Poe, unha marabilla...
Hei, cesare grazas pols saúdos, aínda que non entendo o da paciencia, anque me faga falla.
Ninsesabe, carallo canto les! Tamén é casualidade que leras todos. Si, Raskólnikov é un crack, aí todo o día enfermo, medio tolo e á vez moi lúcido...
Non te creas, agora leo menos, esto da informática come máis tempo do que fora menester...Eses linos fai xa uns aniños, aló polo 65-68, entre os 17 e os 20 anos, tempos nos que, máis que ler, devoraba páxinas e páxinas...
Enviar um comentário