"As letras fuxen, esquécense, pero hoxe conseguín pór parte de min nesta proclama."

Mes cultural (novembro)

| domingo, dezembro 02, 2007
Libros: Persépolis da iraní Marjane Satrapi. Fermosa novela gráfica que devorei en dúas noites. Agora fáltame ver o filme. Recomendada.

Filmes:
  1. El jardinero fiel. Uff, non me gustou, un tanto aburrida. 5.
  2. Zodiac. Fantasticamente filmada, é un dos éxitos do ano. Peli longa e absorvente. 8.
  3. Senderos de Gloria. Kubrick. Que máis podo dicir. Ninguén coma el soubo retratar mellor a angustia ante un fusilamento. 9.
  4. Teléfono Rojo. Volamos hacia Moscú. Outra de Kubrick, con toques humorísticos e un fondo interesante. 7.
  5. Trainspotting. Unha peli sobre o mundo da droga, que por iso mesmo dá un pouco de noxo, sobre todo o pior baño de Escocia... aghhh. 6.

Música: un dos meus últimos descubrimentos.

Fair to Midland - Dance of the Manatee

1 comentário:

BaNjO disse...

Moi boa a canción, gran descubrimento :)