Filmes:
- Superman Returns. Un pouco soporífera.
- Crash. Está ben e ten mensaxe, que máis queremos.
- Forrest Gump. Aínda botas unhas risas.
- Platoon.
- Algo en común. Con Natalie Portman e Zach Braff (o de Scrubs), que me cae simpático.
- 28 días después. Das pucas de terror que me gustan porque non caen na banalidade.
- El laberinto del fauno. Non me acabou de convencer, aínda que para ter actores españois non está mal.
- Los miserables. Liam Neeson o clava como Jean Valjean.
- 2001: Una odisea del espacio. Que comida de coco tan incrible. Recomendo ler, unha vez rematada de ver, as interpretacións que hai, para os que non se "coscaron" de moito. E é que para un lector de novelas históricas dar o salto á Crítica da razón pura de Kant é complicado.
Sem comentários:
Enviar um comentário