"As letras fuxen, esquécense, pero hoxe conseguín pór parte de min nesta proclama."

Mes cultural (decembro)

| sábado, janeiro 12, 2008
Libros:

1. Víctimas de la guerra civil de varios autores. Para coñecer as historias da xente que padeceu a represión feixista.
2. La historia me absolverá, de Fidel Castro. Para ler o discurso de defensa de Fidel no xuízo polo asalto ó cuartel Moncada preme aquí.

Filmes:
1. Bender's Big Score. A peli de Futurama! 8.
2. Casa de arena y niebla. 8.
3. Reservoir Dogs. Linchádeme se queredes, mais nunca me convenceron os filmes de Tarantino. 5.
4. Cidade de Deus. Un filme abraiante, Buscapé é un crak. 9.
5. En el calor de la noche. 7.
6. I Am a Legend. Mágoa da última media hora que creo que bota a perder o filme. 6.
7. Jesus Champ. Fanáticos relixiosos en USA. Hai que ver o documental este porque coido que dentro de pouco imos ter por estes lares uns fanáticos semellantes. 7.

Música: deste mes vai un chisco de The Who.

The Who - Baba O'Riley


The Who - Won't Get Fooled Again

5 comentários:

Mararía disse...

Reservoir Dogs é boísima, non sei cantas veces a vin. A escea que máis me gusta é cando Madsen fai o baile e córtalle a orella, ohhhh, é xenial.

Un saúdo.

Mararía disse...

Ciudad de Dios, tamén é moi boa, a verdade.

A min encantoume Hotel Rwanda, non sei si a viches, se non a viches, aconséllocha.

Raposo disse...

Non te vou linchar, pero non concordo coa tua opinión sobre Tarantino. Bo director, un soplo de aire freso sobre un Hollywood que esmorecía. E tanto Reservoir Dogs como Pulp Fiction son xeniais.
Concordo, eso si, con Cidade de Deus (fantástica) e En el calor de la noche.
Apertas.

Alberte disse...

Pulp Fiction gustoume, moi ben montada, pero Reservoir Dogs non me convenceu. O que creo é que Tarantino está demasiado idolatrado, non sei, non o considero como un director "excepcional".

Mirei a de Hotel Rwanda en marzo (http://ceibarse.blogspot.com/2007/04/aqu-vai-unha-relacin-de-filmes-e-libros.html), creo que tiña o potencial dunha grande película, pero non chegou a todo o que podía.

Un saúdo a todos.

Anónimo disse...

Home, lincharte non, pero un par de hostias....jejejejejee
Eu concordo co Raposo, Tarantino é un director con personalidade. A min Pulp Fiction paréceme xenial. Por certo cunha escea do twist (desta mátame Silvana) preciosa. ¿Ou non?