"As letras fuxen, esquécense, pero hoxe conseguín pór parte de min nesta proclama."

Mes cultural (marzo)

| quinta-feira, abril 03, 2008
En febreiro non houbo mes cultural porque basicamente non rematei ningún libro (agardo telo rematado para aparecer no mes de abril), nin vin peli algunha. O único foi continuar coas series que estaba seguindo: Lost 4ª temporada e Twin Peaks 2ª temporada. Pero en marzo xa podo engadir algunha peli.

Libros:
Ningún, continúo con un que aparecerá, se todo vai ben, para o próximo mes. Vouno lendo a cachos: por veces déixoo unhas semanas e outras retómoo con forza, é un libro longo.

Filmes: non inclúo as tres do Padriño, porque xa apareceron noutro mes cultural, aínda que velas por vez segunda é como velas por vez primeira, esta obra mestra non para de ofrecerche novos detalles.
  1. Psycho. A segunda peli que vexo de Hitchcock, e esta gustoume máis cá anterior. Excelente final, cunhas escenas finais que che quedan na mente gravadas, esa mirada final de Bates, pareceume maxistral. 9.
  2. Die Fälscher. Gañadora do Oscar ó mellor filme en lingua non inglesa, esta historia real consegue chegar ó corazón. Eu recoméndoa. 8.
  3. Rocky. aínda botas unhas risas cos conversas do Rocky, e o filme non é nada malo, é máis, paréceme moi bo, xa non o lembraba porque a mirara hai moito tempo. 8.
Música: xa tardaban en aparecer por aquí Los Suaves, nonsi? Aquí van algunhas.

Los Suves - Si yo fuera Dios (a miña preferida)


Los Suaves - Palabras para Julia


Los Suaves - Si pudiera


Los Suaves - Dolores se llamaba Lola


Los Suaves - Ourense-Bosnia


Los Suaves - Ya nos vamos

1 comentário:

Anónimo disse...

molanme mazo, son enormes.Jacobo