É impresionante como dunha soa noticia o Wyoming pode sacar tanto xugo durante días. Como exemplo podo poñer cando o rei matou a un oso bébedo en Rusia. O Wyoming estivo días parodiando este feito, e eu estiven días escachando da risa.

A mágoa é o horario. Comeza ás nove menos cuarto polo que, durante a meirande parte, o programa coincide cos informativos. E aínda máis mágoa é que en moitos sitios de Galiza non se poda ver, xa que se emite en laSexta. Eu o miro porque estou en Madrid, porque senón o levaba cru.
En resumo: queda absolutamente recomendado para todos aqueles que colledes laSexta, e para os que non... tamén.
3 comentários:
E eso que non viches o que lle sacou ó alcalde de Ortigueira...
Coincido coas túas reflexións. Veño de descubrir hai pouco o programa e escachei a gargalladas. Realmente fabuloso o humor sarcástico do Gran Wyoming.
Eu como vivo na Galiza escura aínda non teño La Sexta... de tódolos xeitos se sae o Wyoming seguro que é un bo programa.
Enviar um comentário