"As letras fuxen, esquécense, pero hoxe conseguín pór parte de min nesta proclama."

Kubunteando

| sábado, abril 28, 2007

Radio Cotilla informa, os domingos pola mañá, dende a casa da Collona para toda la siudá. Projrama en directo, despois da misa das 10, aquí probando o Kubuntu e enleado en el.

Despois desta introdución musical (Radio Cotilla de Heredeiros da Crus) podo dicir que de momento a cousa está complicada, e se non fora pola axuda dun colega non sei que sería de min. Pero polo pronto podo mostrar orgulloso esta captura de pantalla.

Mañá Día do Libro

| domingo, abril 22, 2007
Mañá é o Día do Libro e, aquí en Madrid, celébrase coa Noche de los libros, con librarías abertas até a madrugada, descontos especiais e escritores firmando as súas obras en diversos lugares.

Co diñeiro que levo sacado coa publicidade (11 céntimos de dólar) mercarei docenas, centos, miles de libros muahahahaha. Agora sen coñas teño algúns libros en mente: 2666, Watchmen, Los hijos de Húrin, República y Guerra Civil de Julián Casanova (colección Historia de España de Ramón Villares e Josep Fontana)...

Pois nada, que o pasedes ben hoxe (Día da Terra) e mañá (Día do Libro), eu para celebralo troquei a estética do blog. Agardo que vos guste.


Ubuntu 7.04

| quinta-feira, abril 19, 2007
Teño algo de medo, mais hoxe embárcome nunha nova singradura informática. Xa vos contarei que tal.


Actualización: pois de momento a primeira na fronte. Nautilus can't be used now, due to an unexpected error from Bonobo whuen attemping to register the file manager view server.

Noutro mensaxe pon: There was a problem registering the panel with the bonobo activation server. The error code is: 3. The panel will now exit.

De momento pedín que me enviaran o Ubuntu gartuitamente co servizo ShipIt, por se acaso fose un problema da descarga. Terei que agardar uns días até instalalo.

No lado escuro

| terça-feira, abril 17, 2007
Paseime ó lado escuro. Si, agora emprego publicidade no blog, pero supoño que mo perdonaredes polo nobre labor que realiza. E é que o vicio da lectura non é gratis. A ver se me dá para mercar un libro ó mes, con eso me dou por satisfeito.

O xenocidio armenio non se esquece

| sábado, abril 14, 2007
A Peneira, febreiro 2007. Versión longa que acurtara para adaptarme (un pouquiño máis) ós 1500 caracteres.

O xenocidio armenio non se esquece

O xenocidio armenio énos cada pouco tempo dolorosamente recordado. No masacre morreron máis de 1 millón de armenios, resultado do plano de exterminio do Imperio Otomán, xermolo da actual Turquía, durante os anos da I Guerra Mundial.

Hoxe en día os armenios seguen a loitar polo recoñecemento do tal xenocidio, que Turquía segue a negar. Esta versión de esquecer o pasado (desmemoria histórica) non é descoñecida na España.

Os intelectuais en Turquía están a se xogar a vida, literalmente, para erguer a voz e reclamar atención. Que llo pregunten Hrant Dink, intelectual e xornalista armenio, asasinado por un rapaz turco de 17 anos. Quen cargou a arma que disparou? El ou o estado turco (tendo en conta aínda por riba que os policías fotografáronse co asasino, coma se fose un heroe)?

Ante tal panorama outros críticos, como o actual premio Nobel de literatura, o turco Orhan Pamuk, xa decidiron abandonar o seu país ante o perigo de correr a mesma sorte. Pamuk (sen obras traducidas ó galego) xa fora xulgado por inxurias contra a patria, delito que alí está penado con entre 6 meses e 3 anos de cárcere.

Mais é a cultura quen dita sentenza. Ó citado premio Nobel de literatura únese a banda estadounidense de orixe armenia System of a Down. Esta banda de Metal Alternativo fai un labor significativo polo recoñecemento do masacre armenio. Nas súas cancións fanse mencións a tal feito, e mesmo teñen nas pantallas americanas un documental sobre os xenocidios no século XX, de título Screamers. Por outra banda o director canadense de orixe armenio, Atom Egoyan, ten un fermoso filme sobre este tema, Ararat. Termino cunhas frases do filme: “Sabe que sigue a causar tanta dor ó noso pobo? Non é a xente que perdemos, nin a terra. É sabermos que nos odiaban tanto. Quen era esa xente para odiarnos así? Como poden seguir negando a súa xenreira e odiarnos, odiarnos aínda máis?”

Tengo una pregunta para usted señor Rajoy

| quinta-feira, abril 12, 2007
Entérome de que Escolar abriu un wiki para propor preguntas para o programa Tengo una pregunta para usted señor Rajoy. Aquí, sempre co ánimo de servizo público, mostro algunhas das máis curiosos que aparecen (tal e como foron escritas). Para ler todas aquí.

PREGUNTA: ¿Ha tenido alguna vez alguna experiencia homosexual? ¿Le gustó? ¿El Sr. Acebes participó o solamente miró?

PREGUNTA: ¿Iría a algún mercado de Bagdad a comprar un kilo de naranjas? ¿Cuánto cuesta un café en Bagdag?

PREGUNTA: ¿Sabe usted quién era Ministro del Interior el 11 de Marzo de 2004?

PREGUNTA: ¿Quien está detrás de las intoxicaciones de los pollos Pimpollo? ¡Queremos de saber!

PREGUNTA: Soy un trabajador del grupo Prisa ¿va usted a responder a mi pregunta?

PREGUNTA: Sr. Rajoy, ¿ Por que le llamaban la Trotona de Pontevedra?

PREGUNTA: Señor Rajoy, ¿puede usted definirnos el termino hilillo solidificado, y galleta de plastilina?

PREGUNTA: Señor Rajoy, ¿qué consola de videojuegos es mejor: la Wii, la X-Box 360, o la PlayStation 3?

PREGUNTA: Señor Rajoy, ¿debe ilegalizarse la expresión por H o por B?

PREGUNTA: Señor Rajoy, ¿con cuál de los integrantes del famoso grupo musical "Village People" se identifica usted más?

PREGUNTA: ¿Piensa usted salir algún día del armario?, estamos hartos de buscar el Google, trotona Pontevedra.

PREGUNTA: ¿Cuánto cuesta un bocadillo de calamares?

PREGUNTA: Sr. Rajoy.: ¿Cuánto cuesta un paquete de chicles trident?, O mmejor ¿Se lo pregunto a Zaplana?

PREGUNTA: Sr. Rajoy, ¿ha visto la película 300? ¿Quién cree que representa a George Bush, Leónidas o Jerjes?

PREGUNTA: Sr. Rajoy, ¿cuanto cuesta un canape de caviar irani?

PREGUNTA:Mariano, ¿Barbra Streisand o Cher?

PREGUNTA:¿Cuál será su primera propuesta cuando se presente como candidato, con posibilidades, al gobierno de la Xunta de Galicia?

PREGUNTA:Ahora en serio: ¿dónde estaba usted el 19-A?

PREGUNTA:Preguntar por preguntar: Soy el legionario que abandonaste en Pontevedra.
¿Vas a volver a mis brazos o no? ¡Corderaaaa!



Con respecto ó da Trotona de Pontevedra atopei isto nun foro do ABC:

"Rajoy es un conocido homosexual. Eso es vox populi en Galícia, donde prácticamente se acaba sabiendo todo. Evidentemente no es un delito, pero choca frontalmente con su militancia y será curioso ver como lo compatibiliza con el poder que más tarde o más temprano alcanzará. En su Santiago de Compostela natal sus compañeros de pandilla lo tiraban repetidamente a la fuente de la Praza do Toural llamándole MARIANITA "La Mariquita". Más adelante, en Pontevedra, frecuentaba los lugares de "ambiente" selecto. En esos "ambientes" era conocido como LA TROTONA DE PONTEVEDRA. Archiconocido es su ROMANCE CON EL MARIDO DE MARÍA JESÚS SANZ, ex-candidata del PP en Santiago de Compostela y actual diputada.

Entre sus complejos no solo está ese. Siente una fobia irracional a todo lo que suene a gallego. Su autoodio le impide pronunciar una sola palabra en su lengua de origen. En 1986, cuando fue vicepresidente de la Xunta por un brevísimo periodo de tiempo circulaban pegatinas con el chiste "RAJOY VA A RAXOI A UNA JUNTA DE LA XUNTA".

Qué tío."


A verdade é que si que se comenta por Galiza que é homosexual.

Mes cultural (marzo)

| domingo, abril 01, 2007
Aquí vai unha relación de filmes e libros que tiven a oportunidade de desfrutar no mes de marzo. Ademais inclúo unha recomendación musical. Tentarei facer esto cada principio de mes.

Libros
A verdade é que este mes foi un pouco pobre en canto á lectura de libros (só lin un), aínda que tamén se debe a que estou a rematar un bastante tocho que me levou boa parte do mes e que aparecerá no próximo mes cultural.

  1. O libro que lin é Campos de Castilla y otros poemas de Antonio Machado. Eis aquí o poema seguramente máis coñecido:
Caminante, son tus huellas
el camino, y nada más;
caminante, no hay camino,
se hace camino al andar.
Al andar se hace camino,
y al volver la vista atrás
se ve la senda que nunca
se ha de volver a pisar.
Caminante, no hay camino,
sino estelas en la mar.






Até a proxima.