"As letras fuxen, esquécense, pero hoxe conseguín pór parte de min nesta proclama."

Kubunteando

| sábado, abril 28, 2007

Radio Cotilla informa, os domingos pola mañá, dende a casa da Collona para toda la siudá. Projrama en directo, despois da misa das 10, aquí probando o Kubuntu e enleado en el.

Despois desta introdución musical (Radio Cotilla de Heredeiros da Crus) podo dicir que de momento a cousa está complicada, e se non fora pola axuda dun colega non sei que sería de min. Pero polo pronto podo mostrar orgulloso esta captura de pantalla.

2 comentários:

Ninsesabe disse...

Vou esperar un pouco máis, de momento non fai fe.
Sigue informando.

Modesto disse...

Pois o Amarok está moi ben. :)