"As letras fuxen, esquécense, pero hoxe conseguín pór parte de min nesta proclama."

Mañá Día do Libro

| domingo, abril 22, 2007
Mañá é o Día do Libro e, aquí en Madrid, celébrase coa Noche de los libros, con librarías abertas até a madrugada, descontos especiais e escritores firmando as súas obras en diversos lugares.

Co diñeiro que levo sacado coa publicidade (11 céntimos de dólar) mercarei docenas, centos, miles de libros muahahahaha. Agora sen coñas teño algúns libros en mente: 2666, Watchmen, Los hijos de Húrin, República y Guerra Civil de Julián Casanova (colección Historia de España de Ramón Villares e Josep Fontana)...

Pois nada, que o pasedes ben hoxe (Día da Terra) e mañá (Día do Libro), eu para celebralo troquei a estética do blog. Agardo que vos guste.


4 comentários:

Doutora Seymour disse...

Como aquí!, aquí tamén temos a noite dos libros... pero na versión de deixalos durmir.
(o cambio, para mellor, gústame)

carissia disse...

grazas polo comentario no meu blog :)
ti telo moito máis currado, a verdade é que eu xa levaba un tempo sen actualizalo.
poñote en espazos aconsellados
deica!

jan disse...

Estou agora mesmiño lendo Watchmen...Combinandoo con Viaxes no scriptorium de Paul Auster...

Non sei que libro mercarías ao fin, pero Los hijos de Húrin coas ilustracións de Alan Lee ten unha factura ben fermosa, haberá que ver o contido...

Alberte disse...

Pois finalmente merquei "El economista camuflado" de Tim Harford e "República y Guerra Civil" de Juan Casanova. O de Watchmen o deixo para mercar en verán, cando estea xa en Galiza de vacacións, ó igual cós de Paul Auster, que ademais están en galego.