"As letras fuxen, esquécense, pero hoxe conseguín pór parte de min nesta proclama."

Por unha vivenda digna!

| sábado, março 24, 2007
Ufff, estou derreado... Catro horas e pico de manifestación, con cargas policiais e algunha carreira. Unha manifa movidiña, iso seguro.

Dende o comezo notábase moita animación na xente, seriamos unhas 20.000 persoas. A manifestación sucedeuse sen incidentes con berros de:
  • ¿Que pasa? ¿Que pasa? Que no tenemos casa.
  • Espe, Espe, Especulación.
  • O-cu-pa-ción, ocupación...
  • Vosotros también estáis hipotecados (en referencia á xente que non estaba na manifestación)
  • No nos mires, únete (ídem)
  • Queremos un pisito, como el del principito
  • Outros
Cara ás sete da tarde coido que xa estabamos empezando a invadir rúas que non estaban previstas no percorrido. A policía estaba a nos pastorear como ás cabras levándonos por onde querían. Xa de noite, en Atocha, decidimos plantarnos. Eramos xa tan só uns 3.000. Fixemos unha sentada e coreáronse distintos berros coa policía endiante:
  • Lo llaman democracia y no lo es...
  • Sin cocaína no sois nada (referencia á policía)
  • Estas son nuestras armas (erguendo as mans cando a policía fixo o amague de sacar as porras)
  • Outros
Seguimos invadindo rúas até que nun sitio (non sei onde) estabamos a cortar o tráfico e seguindo a un compañeiro a policía colleu a un e o detivo diante miña. Eu escapei pero dende entón non volvín ver ós meus compañeiros. Jaco, se estás a ler esto dá sinais de vida.

Logo seguín camiñando rúas arriba tentando buscar os compañeiros, mentres os manifestantes tiraban contedores á rúa para impedir unha posterior carga dos coches da policía. Cando chegamos arriba da rúa conseguín situarme (Metro La Latina) e alí foi onde houberon os maiores incidentes. Ó non dar atopado ós meus compañeiros e debido a hora que era (as 21:20, comezara ás 17:00) decidín coller camiño da casa.


Bandeiras


Pancartas
Sentada en Atocha
Sentada diante da policía

3 comentários:

a randeeira disse...

Polo menos é un pouco máis divertida cas pallasadas que organiza o PP. E sobre todo ten xustificación. Gústame iso de queremos un piso como el principito, en que banco terá Felipe a hipoteca?

jacobo disse...

hola alberte. Eu estou vivo, pero por pouco case levo no lombo, libreime pola miña pinta de neno bo, cando intentaba cortar outra rúa. Foi a hostia logo pirei, ainda que che din uns toques.

Saúdos da miña parte e de Josue.Bo traballo. Oes, saímos tamén no youtube ti mais eu.

Ninsesabe disse...

Esta si, esta si que é unha boa causa para saír ás rúas. Na miña opinión ese é o problema número un deste puñetero país.
Bonita cabeceira, si señor.