"As letras fuxen, esquécense, pero hoxe conseguín pór parte de min nesta proclama."

O PP? Que PP?

| sábado, março 24, 2007
O PP decidiu, por fin, tomar unha boa decisión: boicotear a PRISA. El País era o único xornal que lle facía unha publicidade boa ó PP, facéndolles contracapas a persoeiros pepeiros como Gabriel Elorriaga ou Ana Pastor mostrando a súa cara máis "amable".

Agora que non van saír nos medios do Grupo PRISA (El País, Cuatro, Cadena SER, 40 Principales...) por fin poderei ler/ver/escoitar estes medios máis a gusto, algo que fago frecuentemente (El País é gratis na miña facultade, e adoito mirar o telexornal de Iñaki Gabilondo).

Con sorte, dentro dun tempo, poderemos dicir: PP? Que PP?

Por certo, quen lle fará boicot ós 40 Principales? Norma Duval?

Información PRISA
Medios semi-fascistoides

2 comentários:

Anónimo disse...

Estes non o pensaron ben, se os máis perxudicados son eles

xOsedorrio disse...

Xa verás como o final, será o PP quen acabe denunciado un boicot de PRISA o PP.

Xa o Fixeron antes no parlamento. Opoñense a todo o que deciden tódolos demais partidos, quedanse só esles mesmos, e logo acusan a todos de mantelos alonxados da toma de decisión.

Estrañas habilidades!