"As letras fuxen, esquécense, pero hoxe conseguín pór parte de min nesta proclama."

Lista de libros

| quarta-feira, janeiro 03, 2007
Este ano decidín apuntar os libros que lía para nun futuro publicar unha anotación no blog, facendo unha pequena reseña sobre eles. Esa anotación xa chegou.

A totalidade dos libros que lin quedan recomendados. Ningún me disgustou ou considerei ter perdido o tempo con el. Alá vou:
  1. Con pólvora e magnolias. Xosé Luís Méndez Ferrín. Poemario imprescindible da literatura galega.
  2. O Principiño. Antoine de Saint-Exupéry. Non sei porque os profesores de primaria pensan que é un libro infantil. Eu recordo que cando aínda estabamos aprendendo a ler realizabamos a súa lectura na clase, e claro, non lle colliamos o chiste. Aínda que pareza infantil recomendo a súa lectura. As súas páxinas están cheas de filosofía que un neno non pode entender.
  3. Harry Potter y el príncipe mestizo. J.K. Rowling. Como lin os cinco anteriores lin este. A verdade é que non está mal.
  4. Resistencia. Rosa Aneiros. Sorprendeume bastante este libro. Moi bo. Coa ditadura e a Revolución dos caraveis de fondo.
  5. As rulas de Bakunin. Riveiro Coello. Novela para alimentar a nosa memoria histórica, sobre todo do anarquismo.
  6. Si o vello Sinbad volvese ás illas... Álvaro Cunqueiro. Un gran e triste final. Moi bo.
  7. Vento ferido. Carlos Casares. Pequenos grandes relatos doados de ler.
  8. O manifesto Comunista. Karl Marx. Lino para non falar sen saber.
  9. Os biosbardos. Blanco Amor. Libro de relatos.
  10. La Guerra Civil Española. Antony Beevor. Este libro trata sobre a totalidade da Guerra. Moi bo para ter unha visión xeral da contenda.
  11. O Siñor Afranio. Antón Alonso Ríos. As peripecias que tivo que facer Antón Alonso Ríos para que non o mataran na Galiza dos falanxistas. O tío percorreuse a pé cáseque Galiza enteira, e até pasou polo meu pobo.
  12. O reiciño de Galicia. Victor Hugo. O reiciño de Galicia preso polos seus irmáns que se queren apoderar do seu reino. A nosa historia expresada poeticamente polo xenial francés.
  13. Enderezo descoñecido. Kressman Taylor. Inpresionante. Tíñao grazas á colección de La Voz de Galicia, e un día collino porque era finiño. Curto si, mais cargado de intensidade.
  14. A metamorfose. Franz Kafka. Fundamental.
  15. O condutor de autobús que quería ser Deus. Etgar Keret. Botei unhas risas lendo este libro. Dispoñible para lectura aquí.
  16. Galicia vista por un inglés. Aubrey F. G. Bell. A Galiza dos anos 20 vista por un inglés.
  17. A torre da derrotA. Gonzalo Navaza. Como non.
  18. 300. Frank Miller. Para introducirme por primeira vez no mundo da novela gráfica. E creo que elexín adecuadamente.
  19. V de Vendetta. Alan Moore. Moito máis complexo có filme.
Ó longo do ano tamén houbo libros que se me atragoaron e quedaron á metade, concretamente dous:
  1. O Quixote. Miguel de Cervantes. Volvín a tentar ler este libro (xa é a terceira tentativa) e, aínda que é a vez que máis lonxe cheguei, sigo sen chegar a rematalo.
  2. Os libros arden mal. Manuel Rivas. Empeceino, pero despois dun período sen ler esquecéranseme as personaxes e o que tivera lido, así que volvín a empezalo, pero volvino deixar. A ver se para este ano...

4 comentários:

Anónimo disse...

eu, se mo permite, recomendaria-lle Me llamo Rojo, do recente nobel Pamuk (que estou a ler agora) e 2666, de Roberto Bolaño, que lin o ano pasado. un saúdo.

Anónimo disse...

e eu estou a ler un libro precioso, non sei se o coñeces, pero me ten engaiolada, chámase "el club de la buena estrella", da autora, de orixe chinés, amy tan.
bo ano e bos libros!!!!

Anónimo disse...

Pois eu recomendoche calquera de Paul Auster e "Años inolvidables" de Jonh dos Pasos :)

Alberte disse...

Moitas grazas polas vosas recomendacións.

Fai tempo que quero ler algo de Orhan Pamuk e Paul Auster, así que xa sei que empezarei por "Me llamo Rojo". De Paul Auster seguramente comezarei por "Brooklyn Follies".

"El club de la buena estrella" non o coñecía, pero agora xa si, e de seguro que algún día collo e o leo.