"As letras fuxen, esquécense, pero hoxe conseguín pór parte de min nesta proclama."

Manifestación pola paz, contra a violencia

| domingo, janeiro 14, 2007
DSCN0009
Non podía pasar sen asistir á manifestación contra a violencia de ETA, que estaba apoiada por todas as forzas democráticas.

Sorprendeume bastante o baixo número de manifestantes que publicaron os xornais (sobre 200.000), xa que o número de manifestantes era seis ou sete veces maior que na da AVT. O numerosísimo xentío noteino dende o principio, no Metro, onde nunca tal vira. Nada máis chegar á Praza de Colón (sobre as 17:55) tirei unha fotografía na que se aprecia una rúa chea de xente e, aínda que non se mire, a da esquerda tamén o estaba. A pesares do curto traxecto da manifestación, tardamos en rematala máis de dúas horas e media, tendo que parar en numerosas ocasións pola gran cantidade de xente. Todas estas razóns fixeron que durante a manifestación pensara que había máis de un millón de persoas.

Pese a que non as houbera (sigo pensando que si as había) o ambiente era excelente. Entre as consignas lanzadas destacan:
  • Zapatero, estamos contigo.
  • ETA no.
  • ¿Dónde está? No está aquí, el alcalde de Madrid.
  • ¿Dónde están, no se ven, los obispos del PP?
  • ETA, escucha, así es como se lucha.
  • Telemadrid manipulación (cada vez que pasabamos por unha cámara deste medio).
  • España y Ecuador contra el terror.
Ó pasar pola zona comunista tamén puiden escoitar numerosas cancións e consignas, entre as que se atopan:
  • Que valientes, que valientes, que valientes los etarras, matan a dos trabajadores y aquí no ha pasado nada.
  • No pasarán, no pasarán...
En definitiva: unha manifestación na que estiveron todos os demócratas, se non de corpo si de mente.

DSCN0032

DSCN0014

DSCN0034

DSCN0047

3 comentários:

a randeeira disse...

Efectivamente, física ou en espírito, estaban todos os demócratas. Só faltaban os que non son quen de aceptar as regras do xogo.

Anónimo disse...

grazas polo teu bo reportaxe. escoitando o debate do 15-01-07 doume conta que o pp só quere as bombas ó diálogo(palabras expresas), xa tolearon de todo, politiza as vítimas e fai demagoxia cara ás elecións. todo o resto do mundo (máis pensante) apoia ó governo xunto cos demais partidos (excepto o pp). Oxalá o diálogo remate algún dia con esta lacra do terror.

o teu compatriota Jacobo

marcos valcarcel disse...

Saúdos. Encantado de coñecerte dende este mundiño virtual, antigo exalumno de Benito Alonso. Vexo que vives en Madrid, como o meu irmán pequeno. Véxote tamén metido nun ambicioso e valioso plan de lecturas (de todas elas sacarás proveito, a escolla é moi boa) e gustoume a túa contracrónica da manifestación da AVT: supoño que hai que botarlle valor para meterse en medio dese barullo...