Non podía pasar sen asistir á manifestación contra a violencia de ETA, que estaba apoiada por todas as forzas democráticas.
Sorprendeume bastante o baixo número de manifestantes que publicaron os xornais (sobre 200.000), xa que o número de manifestantes era seis ou sete veces maior que na da AVT. O numerosísimo xentío noteino dende o principio, no Metro, onde nunca tal vira. Nada máis chegar á Praza de Colón (sobre as 17:55) tirei unha fotografía na que se aprecia una rúa chea de xente e, aínda que non se mire, a da esquerda tamén o estaba. A pesares do curto traxecto da manifestación, tardamos en rematala máis de dúas horas e media, tendo que parar en numerosas ocasións pola gran cantidade de xente. Todas estas razóns fixeron que durante a manifestación pensara que había máis de un millón de persoas.
Pese a que non as houbera (sigo pensando que si as había) o ambiente era excelente. Entre as consignas lanzadas destacan:
- Zapatero, estamos contigo.
- ETA no.
- ¿Dónde está? No está aquí, el alcalde de Madrid.
- ¿Dónde están, no se ven, los obispos del PP?
- ETA, escucha, así es como se lucha.
- Telemadrid manipulación (cada vez que pasabamos por unha cámara deste medio).
- España y Ecuador contra el terror.
- Que valientes, que valientes, que valientes los etarras, matan a dos trabajadores y aquí no ha pasado nada.
- No pasarán, no pasarán...
3 comentários:
Efectivamente, física ou en espírito, estaban todos os demócratas. Só faltaban os que non son quen de aceptar as regras do xogo.
grazas polo teu bo reportaxe. escoitando o debate do 15-01-07 doume conta que o pp só quere as bombas ó diálogo(palabras expresas), xa tolearon de todo, politiza as vítimas e fai demagoxia cara ás elecións. todo o resto do mundo (máis pensante) apoia ó governo xunto cos demais partidos (excepto o pp). Oxalá o diálogo remate algún dia con esta lacra do terror.
o teu compatriota Jacobo
Saúdos. Encantado de coñecerte dende este mundiño virtual, antigo exalumno de Benito Alonso. Vexo que vives en Madrid, como o meu irmán pequeno. Véxote tamén metido nun ambicioso e valioso plan de lecturas (de todas elas sacarás proveito, a escolla é moi boa) e gustoume a túa contracrónica da manifestación da AVT: supoño que hai que botarlle valor para meterse en medio dese barullo...
Enviar um comentário