"As letras fuxen, esquécense, pero hoxe conseguín pór parte de min nesta proclama."

Regreso

| sábado, dezembro 16, 2006
Este martes estarei de volta a casa, de novo en Galiza. Son como o do anuncio de Vuelve, a casa vuelve, por Navidad... Tiña xa mercado o billete de avión dende facía tempo para que me saíra barato. Tranquilos, non merquei Air Madrid, senón Air Europa.

Como de aquí ó martes non creo que escriba máis, e na miña casa o ordenador que hai é unha pataca con cables (non pensedes que é coña), ademais de que teño que empezar a empollar, xa que os exames de febreiro xa están á volta da esquina, aproveito para desexarvos a todos os que pasedes por aquí un bo Nadal e un próspero aninovo.


Non vos pasedes co alcol e coidado coas uvas, a cuestión non é meter as doce na boca, senón tragalas.

3 comentários:

Xosé Manuel Carreira disse...

De momento, só tomarei as uvas na solaina de Marcos Valcárcel, haha, non vai ser que morra atrantado no meio das badaladas.

Anónimo disse...

... eu tomarei once uvas, por aquelo de ser solidario coa causa de unha hora menos na Galiza.

Sergio disse...

EEE!!!Que es eso de que meu ordenador e unha pataca con cables.É un intel pentium 4,200gb,3gigahercios de memoria etc.Entón irman meu no te queixes tanto.Aínda que pareza mentira este ordenador é inmune os virus senón que se entran os destrue automaticamente é todo iso só me queda engadir que o me ordenador ten cerca de de 9 anos e funciona que con iso xa chega para escribir no teu blog.entrade en sergioandcompany.blogspot.com