"As letras fuxen, esquécense, pero hoxe conseguín pór parte de min nesta proclama."

Suxerencias

| terça-feira, agosto 08, 2006
Quen son? Que pretenden? Todo son incógnitas en torno a eles, tan só sei que os pirómanos son auténticos psicópatas medioambientais que procuran facer o meirande dano posible. Eu imaxino ós pirómanos en cadansúa casa desfrutando do dano feito: persoas mortas, a nosa herdanza de séculos queimada...

O caso concreto do incendio de Moaña é impresionante. Onte achegueime a Vigo e o panorama era desolador: semellaba o filme Apocalypse Now, cun Sol vermello que se podía ver directamente entre o mesto fume.

Non vou quentar máis a boca cos pirómanos, pero si vou dar algunhas ideas que ó mellor poderían paliar a situación. Creo que o tratamento informativo que se lle dá ós pirómanos é moi livián. Mentres que da asasina galega de anciás en Barcelona sabiamos todo, nada sabemos dos pirómanos. Se dende os medios se lles adicase un tratamento especial igual o pensaban dúas veces antes de queimar o que os nosos devanceiros nos prestaron.

Outra cousa que non se está a facer é a prometida limpeza do monte. Penso eu que a limpeza do monte é esencial e que ademais podería ser aproveitada para a obtención de biomasa, que é unha fonte de enerxía renovable e non contaminante.

Que as miñas suxerencias non vaian ó baleiro!

Para ver máis opinións de bloggers preme no vínculo ou visita Vieiros para informarte dos lumes forestais.

(A fotografía foi tomada o 7 de agosto na Praza Elíptica de Vigo cando o ceo debería estar azul).

Etiquetas: País, Lume

Sem comentários: