
Outra realidade que non cambia é a dos accidentes de tráfico. Á miña chegada, un amigo coméntame o que lle sucedeu (recreación aproximada da nosa conversación):
(...)
- Enterácheste do que me sucedeu?
- Non.
- Saín no telexornal e nos xornais La Voz de Galicia e o Faro de Vigo.
(...)
- E logo que pasou?
- Tiven un accidente.
- Foi grave. Estás ben?
- Levo un collarín (...)
- Polo que veo en internet morreu unha rapaza.
- (...) Era a miña moza.
(...)
- (...) Como te atopas?
- Polo chan tío, estou afundido (...)
(...)
Outra realidade que non cambia, a dos accidentes de tráfico que trunca vidas día tras día. A percepción de ser un problema individual en troques dun problema social leva a deixar de lado estes terribles sucesos, nos que a miúdo atópanse envoltos rapaces novos.
Hai que trocar o noso país. Sen ir máis lonxe, hoxe (en plena devastación en Pontevedra a causa do lume) miro en Antena 3 unha corrida de touros. A parte de que debera estar prohibido poñer a morte dun touro a sangue fría retransmitida pola televisión nun horario no que un neno está mirando a tele, a corrida era en Pontevedra. Invadiume a tristura e un sentimento agochado de arrenegar do país, pero non é así como debemos enfrontarnos á realidade galega, non é así como imos cambiar a Terra-de-nunca-cambiar.
Etiquetas: Lume, Accidentes de tráfico.
Sem comentários:
Enviar um comentário