"As letras fuxen, esquécense, pero hoxe conseguín pór parte de min nesta proclama."

Clásicos do Heavy Metal

| sábado, agosto 19, 2006
Aquí van algunhas das cancións máis clásicas, dos grupos máis clásicos do Heavy Metal.

Black Sabbath - Iron Man
Psicodélico tronco.


Deep Purple - Smoke on the Water
Este si que é un clásico polo que non pasan os anos.


Judas Priest - Breaking The Law


Metallica - Master of Puppets
Xunto coa San Francisco Symphony. Recoméndolles ós que lle teñen certa prudencia ó Heavy Metal o disco de Metallica S&M, que é precisamente o directo con esta orquestra.


AC/DC - Highway To Hell
Quen non colleu unha raqueta e comezou a chimpar cantando esta canción? Vale, igual só fun eu pero mola.


Helloween - I Want Out
Perdinme o concerto que deron en Vigo este ano. Para un que me gusta e que vén a Vigo... O grupo finlandés Sonata Arctica tamén ten unha boa versión desta canción.


Iron Maiden - Fear of the dark
Non me esquezo do representante por excelencia (xunto a Metallica) deste xénero musical. Este directo é do mellor que teño escoitado.


De momento con estes chegan, estou aberto a suxerencias para unha próxima edición de clásicos do Heavy Metal. Até outra edición.

5 comentários:

Anónimo disse...

Quedo con Deep Purple. É que eu sonche da quinta de Led Zeppelin.

Anónimo disse...

Barón Rojo, Obús, Muro... Creo que poderían formar parte da seguinte recompilación de clásicos. Grupos cos que todos gozamos e seguimos a gozar.
Un saúdo e graciñas por un post tan bo e por tan boa selección.

Anónimo disse...

Desa época e en castelán quédome con Leño.

Alberte disse...

Boas propostas, mirarei de integralas na próxima edición de clásicos do Heavy Metal. Eu tamén estaba pensando en Motörhead.

Anónimo disse...

'Breaking the law' é um tema demasiado simplista para o meu gosto. Como podes olhar na tab, a melodia principal só tem cinco notas e além disso, não gosto das escalas pentatónicas no heavy metal. 'British steal' foi uma obra colossal deste género, contudo não concordo com a descarada procura da comercialidade de algumas peças infames como ‘United’ ou ‘Living after midnight’. As minhas canções favoritas deste disco são ‘Rapid Fire’ ‘Metal Goods’ e sobretudo ‘Grinder’ de que me pergunto se foi feito um videoclip.