Crítica cinematográfica
|
domingo, abril 09, 2006
Vou criticar aquí os últimos filmes que vin no cine. Aproveito para dicir o caras que van as entradas en Vigo, xa que 6,10€ é un auténtico atraco. Están máis caras que en Madrid.
- O 7 de xaneiro fun ver King Kong. Sabendo que era de Peter Jackson estaba claro que ía ser longa. Algúns amigos dixéronme que é longa de mais e que para durmir está ben, mais eu non o atopo así. Pareceme un filme con moi boa fotografía e efectos dixitais, e ó mellor ten a pexa de ter unha introdución excesiva, mais para ser unha superprodución de Hollywood está moi ben. Se houbera que darlle nota daríalle un 7/10.
- O 28 de xaneiro vin Munich. Esta si que é unha obra mestra. Das de Spielberg tan só queda por detrás de La Lista de Schindler. Era, pois, unha merecida candidata ó Oscar. As personaxes , todas elas diferentes, teñen unha evolución distinta e críbel. Ó final daste conta de que, tras tanto esforzo, no que deixaron ata a vida, só eran catro gatos embuídos nunha operación moito máis ampla. Reflexa moi ben a realidade algo descoñecida do contra-terrorismo israelí en resposta ó suceso de Múnic 72. Polo tanto afástase do sionismo demostrado en La lista de Schindler, o que probabelmente faríalle levar moitas críticas por parte do lobby xudeu, moi importante en EUA, e polo tanto lastrar as súas posibilidades a gañar o Oscar. Obrigatorio vela. 9,5/10.
- Levei grata sorpresa co seguinte filme: V de Vendetta. É o filme máis anarquista que vin na miña vida. Ten un contido político notábel. Faise argumentación do terrorismo contra o poder para conseguir a liberdade e a igualdade de tódolos individuos. Con estas argumentacións pódese pensar que é unha cousa parecida a ETA, aínda que a min non mo parece. Fala tamén do perigo que a situación actual conleva, xa que pode rematar en que a xente teña medo do diferente e vaia cara un réxime fascista e ditatorial que os protexa dese "perigo". Como xa dixen, foi unha boa sorpresa a que levei con este filme, xa que o que actualmente se estaba a facer por parte dos estudios de cine cas bandas deseñadas non me estaba a gustar, agás Sin City.Un 8/10.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentário:
Grazas polo teu comentario. Só dicirche que os amigos meus que controlan de banda deseñada opinan igual cá ti, mais eu non tiven a ocasión de ler a banda deseñada de Alan Moore.
Enviar um comentário