"As letras fuxen, esquécense, pero hoxe conseguín pór parte de min nesta proclama."

Discografismo

| quinta-feira, abril 27, 2006
Eu era un máis dos moitos que ouvían a mesma música até que ós 12 anos caiu nas miñas mans un disco que trocaría a miña traxectoria como ouvinte musical. Ese disco foi Conspiracy of one de The Offspring.
A partires dese intre, aficioneime ó Rock duro e ó Nu Metal, e entre os grupos gostaba de Linkin Park (Meteora) e Limp Bizkit (Chocolate Starfish and the Hot Dog Flavored Water). Pero daquela somentes asomara o pé no grande mundo do Heavy Metal. Por aquel entón foi cando escoitei o que, para min, é o mellor disco editado até agora: Toxicity de System of a Down. A virtude deste grupo é que canto máis escoitas as súas cancións, máis gostas delas. Este grupo de orixe armenia pasou a ser o meu grupo preferido até o día de hoxe. Amais do descubrimento deste grupo (o mellor), tamén me aficionei ó mítico grupo Metallica, do cal destaco os discos M&S, Reload e o Black Album. Outro grupo moito máis duro, pero que me encanta, é InFlames, e sobor de todo o seu disco Colony, que está na miña listaxe de preferidos. Tamén me acheguei ó Power Metal coa miña recente descoberta do grupo finlandés Sonata Arctica, que ten un gran traballo chamado Ecliptica.
Vou adicarlle tamén unhas liñas á música en castelán. Xa dende neno gostaba de Mago de Oz (Finisterre) e xa despois aficioneime a Saratoga (Agotaras) e a Hamlet (El Infierno). Cabe destacar tamén o híbrido entre rock e rap: Def Con Dos.
Das bandas galegas somentes me cabe destacar ós separados Heredeiros da Crus e á recentemente formada Banda de Poi (Mór), que vin en concerto no Metropol, en Tui. Seguro que hai moitas máis, pero non as coñezo porque teñen moi pouca proxección.
Outras das bandas que escoito asiduamente son: o grupo catalán Inadaptats (Motí, Avalot...), Iron Maiden e o seu grande número de discos, P.O.D. (Satellite) e a súa canción Sleeping Awake da BSO de Matrix, Rammstein, Slipknot e War Cry, entre outros.

Videoclip da mellor canción do mundo.

1 comentário:

Fernando disse...

Olá! Continua o teu bom trabalho.
Viva a Galiza!