"As letras fuxen, esquécense, pero hoxe conseguín pór parte de min nesta proclama."

Pola desaparición do estado terrorista israelí

| quarta-feira, dezembro 31, 2008
Outros xa falaron máis e mellor (1, 2), pero eu quería deixar constancia:



E non quero deixar escapa-la oportunidade de trasmiti-la miña sospeita (e tede en conta que ultimamente ando adiviño): evidentemente un ataque planeado como o tiña o estado terrorista non se fai de un día para outro, así pois os mísiles Qassam son unha sinxela excusa para os seus incondicionais (miráchedes a cantidade de comentarios en calquera anotación contra o xenocidio que o xustifican? Para exemplo as dúas ligazóns que puxen arriba). O que me dá medo é que, sabendo que o estado terrorista conta co apoio de USA que nin se dignou en condenar ou magoarse do masacre (por certo, arrepiante silenzo de Barack Hussein Obama), haxa un plano organizado polo estado terrorista mais USA. Bon en realidade os dous son estados terroristas pero deixémolo así.

Tralo masacre Hamas ten máis popularidade ca nunca (algo que podería prever calquera). Cando a alguén lle mataron ó irmán e á sobriña, cando o seu fillo está no cárcere, cando as súas oliveiras foron cortadas, cando para ir traballar botas 4 horas porque hai que pasar polo muro da vergoña, cando vives nun gueto ó que fuches confinado despois de que uns ghichos baseándose en que na Biblia pon que alí vivían eles hai máis de 2000 anos botaron á túa familia da súa aldea, cando moitas noites colonos-terroristas apedrean a túa casa (cando non tentan quedar con ela), cando, cando... pois non tes máis remedio que botarte no seo de quen, sen facer falla comparti-lo seu ideario, non quere morrer de xeonllos e fala de resistir.

Dicía eu que Hamas ten agora máis popularidade, e cabe supoñer que os mísiles Qassam ou mesmo os atentados suicidas vanse multiplicar (lin nalgures que miles de mozos se presentaran voluntarios para ser suicidas). Isto retroalimenta a excusa dos sionistas. E, aquí vai meu temor, o presidente de Irán xa amosou a súa repulsa do xenocidio. Coido que USA está a frega-las mans agardando que a Irán se lle ocorra intervir, para escomezar outra guerra desta vez contra Irán coa excusa de... non sei... apoia-lo terrorismo, por dar un exemplo que xa empregaron. Se Bush comeza unha guerra contra Irán dubido que Obama a pare, tendo en conta algúns antecedentes.

Agardo que a miña visión hiper-pesimista non se confirme, pero coido que pouco lugar hai á esperanza.

Só podo expresa-lo meu desexo de que desapareza o estado de Israel, e que co seu esvaecemento volva haber unha Palestina ceibe. Os responsables do xenocidio deberan ser xulgados por crimes de guerra ante o tribunal da Haia, e tódolos gobernantes europeos deberan ser xulgados como cómplices ridículos desta avergoñante situación.

Que o 2009 cumpra tódolos vosos desexos, queridos lectores. Feliz aninovo.

5 comentários:

a randeeira disse...

Din selo pobo escollido por Deus, pero quen carallo é ese Deus que lles da tantos tanques e tantas bombas?
Fora de Palestina, xa!

xOsse disse...

Iso é fascismo! non? ...aqueles que consideran que a súa cultura é superior as outras.

A min o que me choca é o comunicado que hoxe fixo a embaixada de israel en españa, acusando a cidadanía de doble raseiro por non se manifestar polas mortes causadas por Hamas.

Quen foi falar! Un povo que vai de vítima ó mesmo que infrinxe o mesmo dano -ou pior- a outro pobo. Os israelitas, sen excepcións, son uns nazis!

Ninsesabe disse...

Acertas en todo menos en que no 2009 se van a cumprir os nosos desexos...

Anónimo disse...

unha mágoa, pero estes días: israelitas afincados na España, realizaron actos de protesta contra a suposta manipulación da información sobre Israel, que os nosos medios fan. Aínda por enriba, mófanse de nós. Isto é insoportable.

Alberte disse...

Se xa estaba a cousa tan mal para que eu estoupara así, non sei que nos ofrecerá o 2009 agora que das eleccións israelís semella que vai sair unha coalición entre extrema-dereita e ultra-dereita. É como para perde-la fe na humanidade.