Unha vez dadas cumpridas explicacións aquí vai unha listiña:
Libros:
1. Maus. Art Spiegelman: merquei a edición en galego, e quedei satisfeito. O libro é unha alfaia, sen dúbida moi recomendable. Cada día son máis comiqueiro, comecei tarde, mais máis vale tarde ca nunca.
2. Heroes. Primera Temporada: a instancias dun amigo lin este cómic. Pequenos relatos fóra do guión da serie, que pouco aportan. A verdade, vin a primeira tepada e a segunda da serie (onde o baixón de calidade é notable), e din que a terceira é mala, mala. Creo que xa me fixen maior para continuar coa serie.
3. Selección galega. VV.AA.: contrariamente ó que pareza, este libro nada ten que ver coa selección galega. O libro consta de 11 relatos de algúns dos grandes das nosas letras, e conseguino cando asistín ó partido da selección galega fronte a Uruguai en Compostela, pero xa vedes que non me decidín a lelo até ben pouco.
4. Os catro primeiros volumes da enciclopedia Gran Historia de Galicia, que fun coleccionando coa Voz de Galicia, ese xornal independente. A verdade é que a enciclopedia mola, e ten moitas fotiños.
5. Ficciones. Jorge Luis Borges: pois... pegádeme, insultádeme, lapidádeme, pero quizais me deixou algo frío este libro, entre os máis coñecidos de Borges. Ten algúns relatos sobresaíntes, como por exemplo (non lembro o nome) aquel no que o mundo é unha xigantesca biblioteca, pode que infinita. Creo que sintetiza ben o traballo de Borges: o infinito, o paso do tempo...
6. ¿Por qué socialismo? Albert Einstein: se non lembro mal este é un artigo redactado por Einstein para o primeiro número dunha revista socialista estadounidense. A verdade é que Einstein, na súa vertente de ensaísta, é unha personaxe a descubrir.
7. Palestina. En la Franja de Gaza. Joe Sacco: ah, como me gustou este libro. Este traballo periodístico/cómic de viaxes é un amlpo abano de experiencias, de historias das xentes da Palestina, xentes que xeración tras xeración loitan polo mesmo, se esperanza mais de xeito constante, mentres o mundo mira para outro lado, un país no que é unha vergoña para unha persoa o non ser detido nunca pola policía israelí, un país mestura de desconfianza e agarimo cara os demais. Outra lectura que recomendo.
8. El economista camuflado. Tim Harford: ó comezo do libro pensaba que ía estar ben, collía un pouco por onde ía o tema e aprendín algo, mais conforme avancei foime gustando menos. E coincidiu que cando finalizaba o libro se comezaba a falar dunha especie de crise inmobiliaria (as hipotecas lixo estadounidenses), que rematou por ser unha crise do modelo capitalista, así en xeral, sobre todo do capitalista neoliberal, bando no que parece esta-lo autor.
9. Guía para leer El Capital. Louis Althusser: claro, en plena crise pois un, curioso por natureza, quere saber un pouco do tema, e semella que todavía ninguén, máis dun século despois, analizou, destripou e cachou a intención do capitalismo coma o fixo un tal Karl Marx. Para prepararme lin esta pequena guía que me pareceu basante útil. Fareille caso, mais aínda non me puxen co libro (é que ler un libro coma este na computadora pode se-lo adeus á xa escangallada vista que teño).
Filmes:
The Shining. 8.
Into the wild. 8.
The Prestige. 7.
Wall.E. 7.
Spiderman 3. 5.
Indigènes. 8.
The Company. 1.
Fear. 4.
Capote. 7.
The Big Lebowski. 9.
Paradise Now. 7.
Thirteen Days. 6.
Raining Stones. 7.
Big Fish. 7.
The navigators. 5.
Bread and Roses. 8.
Ae fond Kiss. 7.
My name is Joe. 9.
Eastern Promises. 8.
Rear Window. 8.
Vertigo. 8.
Música
Desgraciadamente hai pouco deixounos o cantautor vasco Mikel Laboa. Aquí dous das súas cancións de máis sona.
2 comentários:
Concordo con vostede en recomendar a Gran Historia de Galicia. Non hai unha obra de divulgación máis completa, fiable e actualizada sobre a nosa historia, pois en realidade os seus contidos son produto de moitos anos de investigación dos seus autores, profesores de Historia da USC, e en moitos casos coinciden cos que imparten nas súas aulas. Caso semellante, aínda que noutro nivel, é o da serie de televisión Historias de Galicia, feita tamén co asesoramento de profesores da mesma facultade.
Agora o comentario cabrón (xD): Débese escribir "Aquí dúas das súas cancións de máis sona", e non "dous".
Enviar um comentário