"As letras fuxen, esquécense, pero hoxe conseguín pór parte de min nesta proclama."

Mes cultural (abril)

| domingo, maio 04, 2008
Libros:
  1. Os libros arden mal. Manuel Rivas. Pois non sei, creo que o teño que reler para poder opinar sobre el, porque a primeira leitura deixoume algo frío. Quizais é un libro demasiado barroco para min, demasiado preciosista. Se o volvo ler darei unha opinión en condicións.
  2. Marinero en tierra. Rafael Alberti. Pois sen dúbida hai algúns poemas sobresaíntes, mais tampouco deu de si todo o que pensaba.
Filmes:
  1. Goodfellas. 7. Pois tampouco me convenceu en exceso. Decidín vela animado por algúns amigos que dicían que é unha pasada, mais defarudoume un tanto, quizais porque acodía con moi altas espectativas.
  2. Persepolis. 9. Encantoume. Quizais o defecto que teña é a de ser demasiado curto, pasando moi por riba dalgunhas partes da novela gráfica, máis tamén contén algúns puntos orixinais, inexistentes no cómic. Sen dúbida unha adaptación xenial.
  3. Rocky II. 8. Volveume molar, case tanto (en realidade un pouco menos) ca Rocky I. Sei ben que é exprimir a mesma fórmula, mais nesta ocasión todavía consegue un resultado efectista, que dubido que xa consiga na III, IV, V ou VI.
  4. 28 semanas después. 7. Está ben, mais é inferior á peli dirixida por Danny Boyle. Os primeiros minutos son moi bos.
  5. Apocalypse Now. 10. Ben, que podo dicir deste filme... pois que é o meu preferido, o mellor que vin na vida. De feito é o único que recibe pola miña parte a nota de 10.
  6. Ratatouille. 8. Non me tiña boa pinta esta cinta de animación, mais decidinme a vela despois de ler críticas moi eloxiosas, e teño que dicir que finalmente non me pareceu mala, máis ben pareceume unha boa peli, divertida, enxeñosa.
  7. Sicko. 8. Pois é para chorar o sistema sanitario estadounidense. Só dicir que dou grazas por ter nacido en Galiza e non en terras iankis.
Música: un pouco de rock galego.

Zenzar - Sigue... e dalle


Zenzar- Chove

4 comentários:

Anónimo disse...

Unmm, Unmm, el mes de la cultura comentas...
Perdóname si me equivoco pero tenia que ser el viaje al siglo pasado, Apocalypse Now es una película de los años 70 a 80 si no recuerdo, bien, por favor corrígeme si me equivoco.
Perdona la extravagancia pero he entendido el mes de la cultura de Mayo del 2008

Anónimo disse...

O de que Apocalipse Now sexa a única película á que lle pos un 10...paréceme excesivo.
Dijo eu.
¿Ou non?

Alberte disse...

Home, aínda me quedan moitas por ver, pero de momento si que é a única á que lle poño un 10 rotundo.

llll disse...

así que es de Salceda?... eu de moi preto. seguireiche lendo, colega de vila próxima á miña.