Chegamos á grada despois de pasar polo Eroski (debeu de tirar proveito da súa situación ese día). Atopamos bo sitio, eu diría que collonudo. Ó pouco de sentar tiro unha foto para ver o estado da grada.
Finalmente acabaría enchéndose, tanto na grada como a pé de pista.
Ás 22:50 aprox. comezou o grupo catalán Mendetz. Comezou dicindo que había que beber, que nesta vida hai que beber. Con iso xa se gañou a algúns. Unha especie de rock electrónico é o que eles tocan. Para os que non os escoitaran eles mesmos convidáronnos a baixarnos o disco da súa páxina web. O guitarra, con camiseta do Celta, dixo algo sobre Hristo que os que tiñamos ó noso carón entenderon como Cristo. Despois o cantante nos dixo que eramos moi grandes porque tiñamos conseguido facer falar ó guitarrista (Pablo creo) en castelán, xa que el adoitaba falar catalán. Aí berrei eu "fala en catalán!" pero creo que non me escoitaron, ¡he, he!.
Despois de pasado o seu tempo, louváronnos un pouco como público, dixeron que isto se lles viña un pouco grande e desexaron ter o mesmo apoio na súa casa... ah!, e sacaron fotos ó público. Despois os atoparíamos no Monstruo de un solo ojo.
Tras 15 minutos de descanso, ás 0:00 aprox. comezaban os Arctic Monkeys. Sen saudar sequeira comezaron directamente co The view from the afternoon, persoalmente o tema que máis me entusiasma. Foi unha hora e media intensa, cun rock potente (oh, como soaba esa batería, que directo tan bo o destes rapaces) que provocou que saltara e bailara a todo o tempo, a pesares de que coñecía tan só un par de temas.
A lista de cancións que tocaron é a que segue:
- The View From The Afternoon
- Brianstorm
- Still Take You Home
- Dancing Shoes
- From The Ritz To The Rubble
- Teddy Picker
- D Is For Dangerous
- This House Is A Circus
- Fake Tales of San Francisco
- Balaclava
- Old Yellow Bricks
- You Probably Couldn't See for the Lights...
- I Bet You Look Good on the Dancefloor
- If You Were There, Beware
- Fluorescent Adolescent
- Mardy Bum
- Do Me A Favour
- Leave Before The Lights Come On
- When The Sun Goes Down
- A Certain Romance
Tocáronas case sen parar, xa que fan honor ó seu nome e son un pouco árticos (ou xélidos). Pero dá igual, a min me deixaron unha grande axitación e unha fame negra que tiven que aliviar nunha bocataría. Cundiu.
------------------
PS: Durante as cancións fíxome graza a cantidade de pantalliñas de móbil e cámaras de fotos que se vían entre os que pagaron.
PS1: Os rapaces que se ven na 1ª foto non son coñecidos meus. Eran uns pigholis.
2 comentários:
decátase de que pronto fará un mes que non posta? :-(
Pois xa vai máis dun mes :). Para a semana que vén xa actualizo.
Enviar um comentário