"As letras fuxen, esquécense, pero hoxe conseguín pór parte de min nesta proclama."

Outra II

| sábado, março 10, 2007
Voltei a infiltrarme nunha manifestación das tensas. Miles, decenas de miles de bandeiras españolas rodeáronme durante 3 horas. Madrid, que era onte España hoxe era "Ejjjpaña coooño". Non puiden calcular o número de persoas que acudiron á chamada de Rajoy, precisamente polo seu elevado número. Mais decateime que desta vez había moitas máis persoas novas, ou sería que estaba en zona de Nuevas Generaciones.

A min paréceme ben que se manifesten, porque están a cavar a súa propia tumba. As persoas que había hoxe en Colón votan PP agora, e votaron PP antes. Creo que a xente "sensata" está alonxándose dese extremismo oportunista. As urnas dirán.

Bandeiras españolas por doquier, mais tamén moitas de Asturias e Comunidade Valenciana. Tamén vin tres galegas e unha co "polo esmagao" como adoito chamarlle. Nunca comprendín que carallo pintan as bandeiras galegas entre tanto Viva Ejjjjpaña.

En canto ós cánticos escotei pouca variedade:
  • Zapatero dimisión (a que máis escoitei).
  • A por ETA oé, a por ETA oé (entre algunhas persoas acabou dexenerando en: A por Blanco oé, a por Blanco oé).
  • Viva Ejjpaña... ¡Viva!
  • Ejjjpaña, Ejjjpaña...
  • España merece otro presidente.
  • Cando Rajoy dispoñíase a falar berros de Presidente, Presidente...
  • Cando Rajoy berrou Viva Ejjjpaña e acto seguido comezou o himno aquilo foi o apoteose.
Xa teño pensado asistir a outra manifa dentro de pouco, aínda que desta vez por simpatía: por unha vivenda digna, o día 24.

Bandeiras



¡¡¡Yo no pegué a Bono!!!
(Suponse que os que non levan ese cartel si que lle pegaron)



Onde está Wally?
(Wally=Bandeira galega)



Conclusión: "Encargue su pancarta"

4 comentários:

Anónimo disse...

moi bonita a foto de wally

Anónimo disse...

Levarías, cando menos para asegurar, a túa integridade física unha pegatina da Cope o un escapulario de Federico.
Dígocho en serio, pagaría algo porque nalgunha das miñas viaxes a Madrid me coincidira cunha manifestación destas

Alberte disse...

Pois non levei nada: nin pegatas, nin bandeiras, nin abrin a boca durante toda a manifestación. Creo que se me notaba moito que non pegaba ben nese esceario.

Torreira disse...

Wally canto menos estábebedo Su- ellen