Veño de descubrir un gran programa: El Intermedio. Neste programa, o Gran Wyoming fai un alarde tal de mordacidade e sarcasmo para sacarlle punta á actualidade, que non podes senón rendirte e botar unha gargallada. Creo que ó nivel humorístico, e incluso intelectual, deste programa non se achega, na actualidade, ningún outro: nin a histriónica Eva Hache, nin o en "horas baixas" Andreu Buenafuente.
É impresionante como dunha soa noticia o Wyoming pode sacar tanto xugo durante días. Como exemplo podo poñer cando o rei matou a un oso bébedo en Rusia. O Wyoming estivo días parodiando este feito, e eu estiven días escachando da risa.
Realmente o programa ten conceptos xeniais. Ex.: cando se van a publicidade poñen o vídeo de Bush dicindo que a guerra está gañada e, a continuación, colocan as cifras de mortos, feridos e de toma de reféns dese día en Iraq.
A mágoa é o horario. Comeza ás nove menos cuarto polo que, durante a meirande parte, o programa coincide cos informativos. E aínda máis mágoa é que en moitos sitios de Galiza non se poda ver, xa que se emite en laSexta. Eu o miro porque estou en Madrid, porque senón o levaba cru.
En resumo: queda absolutamente recomendado para todos aqueles que colledes laSexta, e para os que non... tamén.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
2 comentários:
E eso que non viches o que lle sacou ó alcalde de Ortigueira...
Eu como vivo na Galiza escura aínda non teño La Sexta... de tódolos xeitos se sae o Wyoming seguro que é un bo programa.
Enviar um comentário