Aquí en Madrid chéganme os ecos da chapuza estatutaria que están tentando facer máis alá do telón de grelos. Semella que queren que sexamos a nazón de Breogán, hai que foderse. Galiza é a nazón dos galegos. Así de doado e sinxelo.
Como creo que os dous partidos españois maioritarios no Parlamento galego están por degradarnos de tal maneira, e o BNG seguramente o andará a pensar, penso que deberiamos movilizarnos e non permitir tal aldraxe. Un bo día para reivindicarnos podería ser o 28 de decembro coincidindo co partido da selección galega na Coruña. Unha boa manifestación antes do partido faría ver que non todos estamos dacordo en que se nos impoña un estatuto para 20-25 anos dende España.
Eu digo que non pedir que se recoñeza o que XA somos sería dar síntomas de morte, e penso que dende uns anos para acá estamos dando síntomas do contrario, de que estamos moi vivos, de que non somos parvos. Os que nos ridiculizan e humillan obtendrán a nosa resposta, forte e clara. Contra os que nos aldraxan, fortaleza. Contra os enimigos da nosa patria, afouteza.
Galiza foi o berce de moitas cousas, e agora ten que ser o berce do levantamento das nazóns asoballadas.
Saúde e terra.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
2 comentários:
Nada máis que transmitirche o meu apoio incondicional as túas propostas.
Eu penso estar o 28 en Riazor, entre outros vicios varios tamén son futboleiro.
Acojonante a definición Alén do Telón dos Grelos, que co teu permiso penso usar de cando en vez (sin citar a fonte por suposto)
Un saúdo.
Permiso concedido para usar expresión. O 28 alá nos veremos. Como vigués é unha satisfación ir a Riazor a animar a un mesmo equipo.
Enviar um comentário