Aquí estamos outra vez cunha nova edición das cancións máis clásicas dos grupos máis clásicos do Heavy Metal. Nesta ocasión introduzo o clasicismo parcial (é dicir, os clásicos españois). Prometo pór algún día un grupo galego, pero polo momento o Heavy Metal patrio aínda non conquistou o Youtube.
Led Zeppelin - Whole Lotta Love
Presento aquí a Led Zeppelin porque aínda que non é un grupo de metal, si que se pode considerar un precursor deste maravilloso xénero musical.
Barón Rojo - Resistiré
O Iron maiden español fixo un concerto en Salceda fai poucos anos. A cousa máis incrible que se viu por aquí, porque o noso alcalde está aquí dende a antes da morte de Franco, e os concertos de heavy non se prodigan moito.
Obús - Dinero, dinero
Obús no 1, 2, 3?
Motörhead
Non me puiden decidir por unha delas, polo que poño as dúas.
Ace of Spades
Hellraiser
Seguide mandando suxerencias de grupos e cancións. Hai clásicos por un tubo. Que o Heavy Metal vos acompañe.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentário:
Gustanme tódalas que puxeches. Non coñecía esa versión de Resistiré, aínda a que máis me gosta do Barón é "Anda Suelo Satanás".
As miñas propostas, aínda que teño moitas:
Leño, Este Madrid, en directo
Los Suaves, Dolores se llamaba Lola
ACDC "Dirty deeds done dirt cheap" (en directo)
Uriah Heep, Easy Livin
e para apoiar o rock en galego
Zenzar, Sigue... e dalle
Un saúdo
Zenzar, Sigue... e dalle
Enviar um comentário