Semella que o Papa estuda adoptar a teoría o deseño intelixente en troques da teoría da evolución. A Igrexa, coma sempre, por diante da sociedade. Que nós, estúpidos ignorantes, cremos na teoría evolucionista, pois vai a Igrexa e adiántanos pola dereita coa teoría do deseño intelixente. Esta cuestión está a dar moita polémica sobre todo nos Estados Unidos, xa que alí os numerosos fundamentalistas cristiáns a defenden, co apoio de Jorgito Bush.
Se ó Papa Bieito XVI se lle dá por aceptar a teoría do deseño, e dado que en España os profesores de relixión están postos pola Conferencia Episcopal (como non), esta podería ser unha futura conversación nunha clase de relixión:
-Mestre: Nun principio creou Deus o ceo e a Terra. (...) Entón formou o Señor Deus ó home do po da terra...
-Alumno entrometido: E entón como é que existiron os dinosauros antes do ser humano?
-M: Todo o mundo sabe que os dinosauros son un invento dos comunistas e dos ateos que non atenden a doutrina, sabia e verdadeira, da Igrexa.
-A. e.:Ah claro, claro. Pois se relixión conta para nota a levo clara.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
2 comentários:
Dende a COPE o ilustrado Cesar Vidal xa leva tempo defendendo o creacionismo. Cousas máis raras se viron.
O Cesar Vidal ten que ser unha especie de Superman para escribir un libro ó mes e ademais despotricar na radio.
Enviar um comentário