- Nunha era democrática que arela "anular os particularismos" esta habelencia do galego para agachar as súas destrezas debería serlle de proveito.
- Xa que logo, a vertente forte, afoutada e laboriosa do caracter galego debe atribuírse a un elemento xermánico, desde o momento en que os suevos ocuparon esta rexión durante case douscentos anos, ou ao compoñente romano, calculado normalmente na proporción de un a trinta, pero moito máis vizoso na provincia de Lugo. O elemento céltico úsase para explicar o encanto poético, sensible e soñador, a melancolía, a sátira e a paixón do carácter galego. Sen dúbida os etnólogos tenden a ignorar a xeografía e a esquecer que causas semellantes producen efectos semellantes. Disraeli definiu os irlandeses pola súa vida "nun clima húmido a carón do melancólico océano". As semellanzas entre galegos e irlandeses explícanse pola semellanza das súas posicións xeográficas.
- As mulleres son as que na práctica gobernan Galicia e é quizais este matriarcado o que explica o conservadurismo, a industria e a economía que prevalecen no país.
- O partido separatista en Galicia non é nin moi forte nin moi nacionalista.
Aínda que estes fragmentos semellen estar escritos na actualidade foron publicados en 1922, e non os escribiu un galego senón o inglés Aubrey F. G. Bell no seu libro Spain Galicia (Galicia vista por un inglés). Recomendo a súa lectura para sabermos que as cousas nalgúns casos non cambiaron tanto e noutros cambiaron demasiado.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
5 comentários:
Algunhas cousas sí que mudaron. O galeguismo galego virou dun rexionalismo máis ou menos conservador que pretendía a defensa dunhas tradicións fundamentalmente rurais a un nacionalismo máis ou menos de esquerda que ten a súa base social na mocidade urbanita da Galiza litoral.
O rexionalismo fixo moito fincapé no céltico como elemento racial diferencial. Actualmente o nacionalismo asume como elemento diferencial a lingua e non o celtismo e mira máis cara ao Norte de Portugal que a Irlanda.
Tes bastante razón, pero eu matizaría eso de máis ou menos de esquerdas. Mentres que a forza social que apoia o nacionalismo galego pódese considerar maioritariamente de esquerdas, o partido nacionalista con máis forza eu non o considero de esquerdas, polo menos na actualidade. En troques, os demais partidos nacionalista que seguen en votos si que son de esquerdas (moi de esquerdas), que son a FPG e Nós-UP. Grazas por comentar.
A traxectoria do BNG dende fai moito tempo vai cara a consolidarse coma un partido semellante ó PNV ou a CIU. Non creo que alternativas novas coma a que nos presentou Camilo Nogueira sexan solución ningunha para encouzar ó Bloque. O día que entraron a gobernar na Xunta apoiando ó PSOE demostraron o pouco sentido nacionalista que teñen. Síntoo dicilo pero a min non me convencen nada nin o BNG, nin a FPG nin os outros partidos minoritarios que se din nacionalistas. E eu son nacionalista de nacemento.
No estoy de acuerdo. El BNG hace lo que tiene que hacer, es decir aglutinar todo el voto galeguista del país independientemente de que sea de derechas o de izquierdas. Con Anxo Quintana al frente el rumbo del BNG es acertado y es lo único representativo que tenemos en Galicia.
O BNG é o único representativo porque temos medo a abandoar o sistema de cámara tripartita, o cal é nefasto. Eu penso que no Parlamento galego teñen que entrar máis partidos. Tamén penso que fundar partidos de esquerda dentro do BNG para evitar estar conforme coa súa dereitización é unha perda de tempo. Non opina así un amigo meu que é un dos fundadores de Isca (independentistas e socialistas) dentro do BNG. Na actualidade unha solución de esquerdas ten que saír do BNG.
Enviar um comentário