Alédome de que na Galiza comecen a existir iniciativas tan interesantes no panorama editorial como a de Rinoceronte Editora e Ediciós da Rotonda. Achegar a cultura en galego e gratis pola rede é un bo sinal, e dende logo, unha satisfacción para os amantes da lectura.
Rinoceronte Editora pon ó servizo do internauta para que descargue de balde o fermoso libro O condutor de autobús que quería ser Deus, de Etgar Keret. Para ir ó libro preme aquí.
Ediciós da Rotonda achéganos a novela O home inédito, de Carlos G. Meixide. A novela vai xa pola súa 2ª edición. Para ir ó libro preme aquí.
Que vos aproveite a lectura e que se repita esta culturizante iniciativa.
Actualización: Pois repetiuse outra vez da man de Rinoceronte Editora, quen deixa á nosa disposición a descarga de Anxos do Universo, de Einar Már Gudmundsson. Para ir ó libro preme aquí.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
3 comentários:
e se non gratis, máis baratos! A min cáeme un ollo `cada vez que paso onda unha librería e non podo máis que chorar polo que non podo mercar...
Certo, se fora por min mercaría unha morea de libros, pero o caros que van fai que só poda mercar un cada 2 meses. E hai algúns que me gustaría mercar pero non podo nin mercar a metade (véxase Os Eoas).
alegrome de que poida leer algo en galego, xa que non vivo en galicia.....estan moi caros os libros pero eu non deixarei de mercar pois penso que é unha inversión para nos. unha galega en sevilla
Enviar um comentário