Rematei a "temida" selectividade e creo que con éxito. A verdade é que foi máis doada do que agardaba, así que aconsello ós que para o ano teñan que pasar por ela que non se poñan nervosos. A pesares de estudar para todas as asignaturas só o día anterior (excepto para inglés, que non estudei) creo que saíume bastante ben. De todas formas hai que agardar ó día 27, cando publiquen as notas na páxina da CIUG.
O único exame que suspendo seguro é o de inglés. Matemáticas e física rondarei o 5. Electrotecnia, castelán, galego e historia están aprobadísimas.
Despídome dicíndolles ós que algún día se enfrontarán a esta proba que non é para tanto. Como cada vez se presentan menos, deberían facer exames máis doados para que entren todos na Universidade, aínda que o que tiñan que facer era eliminala directamente. Non se necesita esta proba de selección, xa que todos os que rematan o bacharelato teñen oco na universidade.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
3 comentários:
Moita sorte!
Alégrome que che saíra ben pero non digas moi alto iso de que non hai que estudar que para o ano teremos máis alumnos y deben darlle caña. Está claro que o que aproba segundo debería ir sobrado, pero nunca se sabe. En castelán non paso por menos de 7, esta vez era bastante fácil, só a frase tiña algunha complicación. Estarei atenta ás notas.
Si, rematou... Por fin. Agora é o noso tempo... Sementaremos Futuro, sempre cara adiante. Alégrome de que coincidiramos este ano. Moitísima sorte con todo, aínda que non a necesitas. Persegue a felicidade que se oculta tras os soños.
Enviar um comentário